Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Marzo 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Mirón

Imaxe de viqui

EXCURSIÓN AO CAMPO DE GOLF "O GOLPE"

   

    Despois de darlle moitas voltas por mor da choiva, o xoves 19 de novembro fomos divertirnos e aprender ao aire libre no campo de golf "O Golpe".

    Alí recorrimos un sendero botánico no que coñecimos moitas árbores e as súas características. Vimos pereiras, maciñeiras, nogais, figueiras, limoeiros, tilos, piñeiros... e de todos recollimos unha folla para facer un libriño.

    Despois estibemos a recorrer o sendeiro ornitolóxico ¡Como nos gustou! Había pombas de moitas clases, un galo coas galiñas, agapornis, gorrions de Java, perdices, patos, ocas e ata pavos reais e un cisne precioso. Tamén había un presumido faisán con dúas femias do que nos contaron unha historia que non nos gustou nada.

    Cando rematamos os recorridos fomos xogar ao tenis e despois a merendar e descansar un pouco.

    Coas pilas xa cargadas fomos probar o apaisoante mundo do golf. Primeiro tentamos a meter a pelota no buratiño e despois a mandala ben lonxe. Uns auténticos profesionais!!!!

    E xa para rematar o día: Tiro con arco, UNHA PASADA!

Podedes ver as probas de isto na galería de fotos

Imaxe de viqui

... e chegou o Magosto

     Di o refrán: "Por San Martiño faise o Magosto con castañas asadas e viño ou mosto"

     O aire frio de novembro leva sempre en Galicia o recendo das castañas asadas. O Magosto era o tempo que os galegos reservaban para honralas colleitas despois do equinoccio.

     Recollendo esta tradición, decidimos non só facerlle a festa a castaña senon a todas esas froitas do outono que nestes días dan sabor ós nosos postres. Coma sempre a colaboración das familias foi fundamental, preparando con todas estas froitas uns postres de chuparse os dedos.

     O día da festa, colocamos os tenderetes e... A XOGAR!!!!!!!!!! xogamos a petanca, a rá, fixemos un circuito de castañas, xogamos o xogo da culler e o das castañas desaparecidas, contamos un conto e tamén fixemos a coroa do Magosto.

     Con cada xogo no que participábamos gañábamos un punto que íamos metendo na nosa carteiriña feita cun brick de leite para despois pagar nas tendas.

     Cando tíñamos a carteira chea e xa íamos algo cansos, dispuxémonos a encher o bandullo: comimos castañas asadas, postres de peras, laranxas, mandarinas e limóns, mazás, uvas, granadas, noces e améndoas. Estaban todos ben bos!

Imaxe de viqui

Vivamos como galegos! Non é Halloween, é SAMAÍN!

     O venres 30 de outubro celebramos na escola O Samaín, que é unha antiga festividade céltica descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que tiñan autorización para camiñar entre os vivos. Entraron pois en Mirón e todo encheuse de terror!

     E como é costume baleirar nabos e cabazas para porlles dentro candeas, nós tamén o fixemos coa axuda das mamás e papás e a especial colaboración do avó de Jorge. Moitas grazas a todos.

Se queredes ver que ben o pasamos, ide a galería de fotos

Imaxe de viqui

XA ESTAMOS AQUÍ!!!!!!!!!!!!!

 

     Ola a todos!

     Xa está aquí a esperada foto dos alumnos de Mirón. Como vedes saímos todos guapos no campo da igrexa do lado da escola onde xogamos ás veces.

     Este ano temos novos amigos e amigas e botamos de menos aos que se foron para o Fogar.

     De esquerda a dereita e de arriba a abaixo estamos: Ángel, Brais, Martín, Alisea, Diego, Laura, Nerea, Estrella, Julieta, Nerea, Daniel, Jorge, Lucía, Leire, Alex e Adolfo. Tedes a foto con máis calidade na "galería de fotos"

     Máis vale tarde que nunca, Riendo jejeje

Imaxe de viqui

Receita de Irene

                        Hoxe Irene trouxo ao cole un bizcoito feito por ela, coa axuda da súa avoa, para invitar aos seus amigos e a profe.
      ¡Estaba pero que ben rico!, así que aquí tedes a fórmula:

  • 2 ovos
  • 1 iogur natural
  • 1 medida de iogur de azúcar
  • 2 medidas de iogur de fariña
  • 1 sobre de royal
  • 6 cucharadas de aceite
  • Raiadura de limón
  • Margarina para untar
  • Chocolate raiado
Distribuir contido


by Dr. Radut