Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Mirón

Imaxe de Jacqueline

ANIVERSARIOS DE ABRIL

Ola a todos/as!

Este foi un mes de moitas celebracións, pois cumpriron anos 4 nenos/as da aula! Iván e Claudia Barreiro, que xa fixeron 6 aniños; Xoel que cumpriu 5 e Mara que xa ten 4 anos! Foron días de emocións e sorpresas coas que os protagonistas decidiron agasallar aos seus compañeiros/as.

Aquí vos deixamos unha imaxe de cada un coas súas coroas decoradas por eles mesmos.

Seguimos! Achéganse máis aniversarios...

Un bico!

Imaxe de Jacqueline

Transvases e quebracabezas

Esta semana realizamos novas actividades que gustaron moito entre os nenos/as. Despois de explicar en grande grupo cada unha delas, comezamos introducindo os transvases sólidos nos que había que cambiar o contido dun recipiente a outro procurando que non caese nada por fóra. Utilizamos culleres, pinzas e embudes. Tamén realizamos series con pompóns e pinzas, traballando así a psicomotricidade fina e a lóxica-matemática.

Os máis maiores, ademais, tiñan un reto por diante, conseguir facer varios quebracabezas de entre 100 e 150 pezas. Resultou ser unha actividade apaixonante e moi motivadora. O mellor de todo foi a alegría que causou o resultado final, que alcanzaron entre eles, sen intervención ningunha por parte das mestras. Deste xeito, comprobaron que co traballo en grupo conséguese alcanzar os obxectivos. Neste caso, gozar do quebracabezas totalmente armado.

 

 

 

Imaxe de Jacqueline

DÍA DA MULLER

Ademais, esta semana tamén celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora. Falamos, así, das mulleres en xeral e das mulleres importantes da nosa vida. Falamos tamén dos traballos que poden desempeñar, desterrando estereotipos, e das cousas importantes que poden facer, ao igual que os homes. Así, fixemos fincapé na importancia da igualdade entre homes e mulleres, aínda que esta é unha cuestión que sempre temos presente.

E xa que estamos a traballar sobre os animais salvaxes, descubrimos a Jane Goodall, unha muller primatóloga, antropóloga e mensaxeira da paz da ONU inglesa, amante e defensora dos animais. Así, pois, vimos imaxes e vídeos de Jane xunto cos chimpacés, animais aos que dedicou (e dedica) toda a súa vida: como os coida e axuda a curalos se están enfermos, como os observa, como se integra no seu hábitat e os respecta... Quedamos todos abraidos cando vimos como os animais lle respondían co mesmo amor que ela lles da. Finalmente, elaboramos un mural coas letras do nome desta muller e con algunha fotografía que nos recorde sempre o fermoso que é o amor e o respecto polos animais.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Imaxe de Jacqueline

MESA DE LUZ

Nesta semana divertímonos na mesa de luz con algúns xogos novos. Os máis maiores tiñan que escribir o nome dos animais salvaxes que elixiran, primeiro asociando a foto coa etiqueta do seu nome e logo escribíndoo eles mesmos con rotuladores de cores. Despois, asociando a foto coa etiqueta do seu nome, pero escribindo nesta ocasión con culleres de cores que contiñan as letras do abecedario. Resultou unha actividade divertida, pois tiña a súa gracia buscar cada letra entre tantas culleres! Ademais, para os máis atrevidos tamén había sopas de letras. Era moi difícil atopar nomes de animais entre tantas letras!

Os máis pequenos realizaron actividades co conto "Unha eiruga moi larpeira" (Eric Carle) nas que debían ordenar as partes da eiruga de tal xeito que formasen eirugas grandes, pequenas... Asimesmo, en posteriores ocasións, realizaron actividades de asociación. Debían colocar cada elemento no seu bote correspondente atendendo á súa cor. Primeiro, empregando os dedos e despois unhas pinzas (motricidade fina e precisión). Hai que agradecer, neste caso, a colaboración da mestra María, de música, quen nos trouxo as eirugas, os botes e as pezas de cores para realizar estas actividades tan entretidas.

As mestras procuramos non intervir no caso de producirse algunha equivocación, pois é moi interesante (e enriquecedor) observar como eles mesmos se percatan do erro e o corrixen. 

 

 

 

 

 

  

Imaxe de AnaFernandez

SEMANA DA PRENSA EN MIRÓN

Aproveitando a semana da prensa nas clases de educación física fixemos diferentes xogos con xornais. O pasamos moi ben, aprendimos moito e ata construimos boliñas e un gorro.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut