Skip to Content

Artigos

Imaxe de MaríaLopez

Comezamos o curso 2019/2020

 

Imaxe de Jesus

Escolas conectadas

Todas as escolas do CRA Ponte da Pedra deixamos as estradas secundaria da información e grazas ao "proxecto de escolas conectadas" pasamos á banda ancha das autoestradas da información.

Máis cedo que pronto levaremos as nosas escolas á nube para que o alumnado poida facer un mellor aproveitamento das TICs.

Estade atentos!!! Seguiremos informando!!

 

Imaxe de Jesus

Formación de Profesorado

As mestras e o mestres do CRA Ponte da Pedra acompañados dos mestres do CRA Novo Mencer preparándonos para a chegada das autoestradas ás escolas mediante un curso de formación.

Moi pronto chegaremos ás nubes.

 

 

Imaxe de Jesus

Como incrustar un album de google photos

Como incrustar un album de fotos de googlephotos:

1.- Crear un álbum de fotos en googlephotos e subir fotos ao mesmo.

2.- Compartir dito álbum de fotos e copiar o enlace compartido.

3.- Pegar dito enlace en https://www.publicalbum.org/blog/embedding-google-photos-albums

4.- Copiar código html e pegalo no blogue.

Imaxe de Jesus

App CRA Abalar Móbil

O CRA Ponte da Pedra, coa finalidade de aumentar o achegamento entre o profesorado e as familias, puxo en funcionamento abalarMóbil. Trátase dunha aplicación da Xunta de Galicia que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida, así como consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.

Esta aplicación tanto esta disponible en GooglePlay para Android, como na AppStore para Iphone



by Dr. Radut