Skip to Content

Artigos

Imaxe de AnaFernandez

HOMENAXE RICARDO CARBALLO CALERO

 

Para celebrar a semana das Letras Galegas e coñecer a Ricardo Carballo fixemos actividades moi variadas vídeo conto, obradoiros, xogos populares, concerto, caricaturas...

Aquí deixámosvos un pequeno vídeo dalgunhas delas, esperamos que vos gusten!!

Pinchade na imaxe para ver o vídeo.

Imaxe de AnaFernandez

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2020

Chegou o día do Festival das Letras Galegas!!!

Pinchade na caricatura de Ricardo Carballo Calero e gozade do festival na casa.

Pasádeo moi ben cantando, bailando, rindo, xogando...!!!

Imaxe de AnaFernandez

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Atención atención!!!! Maña celebramos o Festival das Letras Galegas desde as nosas casiñas!!

Primeiro teremos un marabilloso concerto para non deixar de bailar e cantar.

A continuación un sinxelo obradoiro de construción de xoguetes.

E para rematar uns xogos populares e tradicionais con eses xoguetes. 

Non volo podedes perder!!!

Imaxe de AnaFernandez

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Esta semana celebraremos as Letras Galegas desde as nosas casiñas.

Están dedicadas a Ricardo Carballo Calero e para que aprendades quen foi, o que fixo pola nosa terra... e moitas cousiñas importantes da súa vida deixámosvos este fermosa vídeo.

Prestade moita atención e estade moi atentos e atentas!!!

 

Imaxe de AnaFernandez

ACTIVIDADES DO SALÓN DO LIBRO

No mes de abril, o alumnado e as familias gozaron do Salón do Libro de Pontevedra desde as súas casiñas. 

Realizaron un montón de actividades diferentes, obradoiros, contacontos, concertos, lecturas... como podedes ver no vídeo.

 

 



by Dr. Radut