BENVIDOS A WEB DO CRA CORISTANCO-SANTA COMBA
Enviado por Anónimo o Ven, 29/10/2010 - 12:32 CRA CORISTANCO- SANTA COMBA
Coristanco- Santa Comba- Lañas
ED.INFANTIL -1º e 2º ED. PRIMARIA
Rúa Esfarrapa, nº 52 – 15147 CORISTANCO
Tlf. 881 88 05 52 // 981 88 13 27 // 663 729 504
O C.R.A. Coristanco- Santa Comba fórmano 7 escolas unitarias: 4 do concello de Coristanco: Feiranova, Xaviña, Oca e Rabadeira, 2 do concello de Santa Comba: O Busto e San Cristovo, e 1 do concello de A Baña: Lañas. Contamos cunha peculiaridade excepcional: no C.R.A. escolarízanse alumnos/as de Educación Infantil e Educación Primaria onde os máis pequenos aprenden dos maiores e viceversa. Ademais, aproveitamos a vantaxe de ter grupos de alumnos/as pouco numerosos o que lles beneficia ao alumnado para unha atención máis individual e persoal. Ao mesmo tempo, isto favorece unha relación máis humana e estreita coas familias participando estas en diversas actividades nas diferentes escolas. As nosas escolas encóntranse emprazadas nun entorno natural envexable e que o profesorado emprega para a súa acción educativa. O C.R.A. Coristanco- Santa Comba conta con 7 mestres/as titores/as, mestres especialistas de Música, Inglés, Educación Física, mestres de apoio a Educación Infantil e mestres/as de Relixión. Ofrecemos servizo de Orientación composto por un orientador/a, especialista en Audición e Linguaxe (para solucionar diversos problemas de pronunciación e da fala) e unha especialista en Pedagoxía Terapéutica (para alumnado que presenta dificultades en seguir os obxectivos que lle corresponden por idade) En cada escola hai un encerado dixital e ordenadores portátiles que emprega o alumnado. Tamén dispoñemos de biblioteca escolar. |
CALENDARIO ESCOLAR 2019-2020
Enviado por admin o Mar, 23/07/2019 - 11:01O CURSO ESCOLAR 2019-2020 DARÁ COMEZO O 11 DE SETEMBRO.
PODEN ATOPAR O CALENDARIO ESCOLAR 2019-2020 AQUÍ.
LIBROS TEXTO CURSO 2019-2020
Enviado por admin o Lun, 01/07/2019 - 12:58LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2019-2020 NO DOCUMENTO ADXUNTO.
FORMALIZACIÓN MATRÍCULA CURSO 2019-2020
Enviado por admin o Ven, 14/06/2019 - 00:34O alumnado admitido no CRA Novo Mencer, debe formalizar a matrícula do 20-30 de Xuño, na sede do CRA.
Para formalizar a matrícula deberá entregar a seguinte documentación:
-Impreso documento de formalización da matricula ( pode descargarse dende aquí, atopase no documento do anexo).
-DNI da nai, pai ou titores do alumn@.
-Copia tarxeta sanitaria do alumn@.
- 2 fotografías tamaño carné.
-Fotocopia libro de Familia ou DNI do alumn@.
-Impresos das autorizacións ( imaxe, saídas, recollida).
-Enquisa de Galego.
FUSIÓN DO CRA
Enviado por admin o Mér, 05/06/2019 - 23:09Hoxe 5 de xuño tivo lugar un acto de fusión do CRA Novo Mencer, xunto co CRA de Santa Comba e a Escola de Lañas no concello de A Baña. A este acto asistiron a Conselleira de Educación, Dona Carmen Pomar e o Conselleiro do Medio Rural, José Gonzalez, o Secretario Xeral e Xefe Territorial de Educación, así como representates dos 3 concellos e representantes dos CRAs de toda Galicia.
Aquí vos deixo enlaces as noticias deste acto:
Noticia publicada no portal da Xunta
Noticia publicada no portal de Educación
Noticia na web concello de A Baña
Noticia no Facebook da Conselleira de Educación
Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B)
Enviado por admin o Mér, 22/05/2019 - 18:03A Consellería de Educación ven de publicar a Orde do 3 de maio de 2019 (DOG do 20) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria.
As familias que desexen solicitar ditas axudas poden cubrir o procedemento ED330B ou o impreso de solicitude, e informarse na circular relativa ao fondo solidario de libros de texto (3º EP no 2019-2020) e na circular relativa as axudas para libros de texto (1º e 2º EP no 2019-2020), que poden atopar nos documentos adxuntos.
Prazo de presentación: A presentación de instancias será ata o 21 de xuño do 2019.
XV XORNADAS DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS
Enviado por admin o Mér, 22/05/2019 - 17:41Trátase dunhas xornadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, que atenderá tanto a temática de promoción da igualdade como a loita para erradicar a violencia contra as mulleres: Nestas xornadas se abordarán os conceptos básicos sobre as desigualdades persistentes na nosa sociedade e no eido educativo, dos estereotipos e roles de xénero, das condutas machistas, da conciliación e da necesidade da corresponsabilidade ou reparto equitativo das tarefas de coidado e domésticas, entre outras pautas para avanzar cara a igualdade. Noutro ámbito, presentaranse datos acutalizados sobre a violencia de xénero en Galicia e pautas, recomendacións e protocolos para a loita contra a violencia de xénero. Todos isto con exemplos e material descritivo.
Finalmente presentaranse experiencias levadas a cabo polas anpas de centros educativos de Galicia de traballo neste eido.
Estas xornadas diríxense á comunidade educativa dos centros, as persoas socias da ANPA, as familias, profesorado, e público en xeral. Trátase dunha actividade formativa destinada a sensibilizar ás familias e ao público en xeral na educación en igualdade e prevención da violencia de xénero.
Contarase cun servizo de atención a menores baixo petición, para atender aos cativos e ás cativas entre 12 meses e 10 anos.
Para intentar facilitar a asistencia ás familias e profesorado esta actividade formativa celebrarase nas catro provincias nas seguintes datas:
- A CORUÑA | 31 DE MAIO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Praza Luis Seoane, s/n).
- LUGO | 1 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Ronda da Muralla, 70).
- PONTEVEDRA | 7 DE XUÑO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida Fernández Ladreda, 43).
- OURENSE | 8 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida da Habana, 79)
Preme aquí para mais información: Xornadas educar en igualdade.
CONCURSOS
Enviado por admin o Ven, 17/05/2019 - 17:41O LONGO DESTE CURSO, PARTICIPAMOS EN VARIOS CONCURSOS, E DESTE XEITO DAR A COÑECER O PATRIMONIO E CULTURA GALEGA.
FAI UNS DÍAS RECIBIMOS UN PEQUENO DIPLOMA POR PARTICIPAR NA XIX EDICIÓN DOS PREMIOS MURALLA DE LUGO DE DEBUXO E REDACCIÓN INFANTÍS. NESTE CASO, NINGÚN ALUMN@ DO NOSO CENTRO RESULTOU GAÑADOR.
OUTRO CONCURSO FOI O III CERTAME DE DEBUXO E POESÍA AVELINO DÍAZ, E NESTE CASO, SI TIVEMOS GAÑADORES:
O SEGUNDO PREMIO FOI PARA: NAIARA ARIJÓN SÁNCHEZ, DA ESCOLA DE XAVIÑA.
O TERCEIRO PREMIO FOI PARA: UXÍA ESPAÑA VÁZQUEZ, DA ESCOLA DE RABADEIRA.
ESTES DÍAS ESTIVEMOS PREPARANDO PARA O CONCURSO QUE ORGANIZA O CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL: CONCURSO LETRAS GALEGAS 2019 "ASUNCIÓN ANTELO"
LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS
Enviado por admin o Mér, 15/05/2019 - 16:39Publicación da listaxe definitiva de admitidos para o curso 2019-2020 , no documento adxunto.
LISTAXE PROVISONAL ADMITIDOS
Enviado por admin o Ven, 12/04/2019 - 17:33Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2019-2020, no documento adxunto.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
