Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Artigos

Imaxe de teresa

ESCOLA DE FAMILIAS RESPONSABLES

Unha vez retomado o curso e a rutina, damos comezo a unha nova andaina de Familias Responsables da man da psicóloga, especialista en terapia familiar,

Lara Rodríguez de las Heras.

Neste curso, os obradoiros traen como novidades: o número de sesións, a localización e o horario:

SESIÓNS: unha vez ao mes

(derradeiro martes lectivo de cada mes)

LOCALIZACIÓN: a sede do C.R.A.

HORARIO: 12:15 a 13:45

 

Aquelas familias interesadas en asistir aos talleres poderán reservar a súa praza no seguinte número de teléfono:

981 703 403

 

ANIMÁDEVOS!! PRAZAS LIMITADAS....

 

Imaxe de teresa

FELICITACIÓNS DE NADAL

Cos nosos mellores desexos....

Felices Festas e Próspero Aninovo 2020!!!

 

 

Imaxe de teresa

ENCONTRO INTERXERACIONAL

Como ven sendo habitual nos últimos anos, as escolas de Cances, Xoane e Sísamo visitaron o xeriátrico. Alí presentamos en primicia as actuacións do festival de Nadal.

Ademais, aproveitando o traballo realizado no 25N, con aqueles retazos de telas das mulleres máis importantes na vida das nenas e nenos, fixemos unhas mantas que lles agasallamos aos nosos maiores.

Agradecer ao centro DOMUSVI a colaboración e a marabillosa recepción coa que sempre nos acollen. Agardamos poder seguir cooperando nestes encontros interxeracionais favorecendo actividades tan fermosas e emotivas coma estas.

 

 

 

 

 

Imaxe de teresa

FESTIVAL DE NADAL

Como todos os anos, rematamos o primeiro trimestre celebrando o noso festival de Nadal no Pazo da Cultura. 

É un día de moitas emocións e nervios, porque logo de moito esforzo e ensaios diarios, poñemos en escea a nosa actuación. 

A continuación, ides comprobar o traballo fascinante das artistas e dos artistas que integran o C.R.A. Ponte da Pedra.

O noso máis sincero agradecemento ás familias que facedes posible que esta actividade se poida levar a cabo.

GRACIAS!!!

Para rematar, desde o claustro do C.R.A. Ponte da Pedra, desexarvos unhas felices festas e un próspero aninovo 2020!!

(Nota: o inicio das clases será o vindeiro 8 de xaneiro.)

Agora desfrutade do espectáculo...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Imaxe de teresa

CRUZ VERMELLA

TALLER CRUZ VERMELLA

A Cruz Vermella achegouse ás escolas do C.R.A. para realizar un taller sobre os xogos e os xoguetes.

Ao longo do xoves e o venres, Eva e Mónica foron as voluntarias encargadas de traernos a reflexión sobre os nosos xoguetes: se hai xoguetes de nenas e nenos, cales son os nosos xoguetes preferidos, se nos gusta xogar solos ou con outros nenos,...

Despois de falar un pouco, fixemos unha dinámica na que unicamente tiñamos para xogar o noso propio corpo e a nosa imaxinación.

Tamén elaboramos un pequeno xoguete cunha folla de papel para divertirnos soprando.

Moitas gracias a Eva e a Mónica polo seu traballo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



by Dr. Radut