Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Artigos

Imaxe de teresa

ENTROIDO 2020

 

 

 

 

 

 

O vindeiro venres 21 de febreiro celebraremos a festa do Entroido no primeiro andar do mercado municipal de Carballo.

O horario será de 10 a 13 (aprobado por Xefatura Territorial)

Imaxe de teresa

ENTROIDO 2020: MECO LUNS

 

MANDADIÑO DO MECO PARA O LUNS

 

 

Imaxe de teresa

VISITA A REGGIO

As nosas compañeiras María, Mónica e Emilia achegaron ao claustro as súas experiencias e impresións sobre a Pedagoxía Reggiana, logo de participar en tres xornadas formativas no Centro Internacional Loris Malaguzzi(Reggio Emilia), enmarcado no programa de internacionalización Erasmus+ no que está inmerso o noso centro.

Esta primeira incursión europea do C.R.A, das dúas nas que se divide este proxecto, trouxo novas ideas e propostas para reformar e reflexionar sobre a nosa práctica docente.

Gracias por compartir con todo o claustro a vosa experiencia!! É amplamente enriquecedora!!!

 

Imaxe de teresa

RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS ADSCRITOS

RESERVA DE PRAZA AOS CENTROS ADSCRITOS

Segundo as instrucións anuais referentes á Orde 12 de marzo de 2013 modificada pola Orde 25 de xaneiro de 2010 o prazo de reserva de praza será do 1 ao 17 de febreiro.

CENTROS ADSCRITOS:

MIRÓN E REGA: C.E.I.P. FOGAR.

ARTES E VERDILLO: C.E.I.P. GÁNDARA - SOFÁN.

CANCES, SÍSAMO E XOANE: C.E.I.P. BERGANTIÑOS.

As solicitudes de reserva poderanse cubrir, como en cursos anteriores, de xeito manual e presentándoas na sede do C.R.A. Ponte da Pedra, ou a través da aplicación admisionalumnado: 

Solicitudes - Reserva - Crear

A reserva de praza terá carácter vinculante e será incompatible coa presentación da solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito en tempo e forma.

 

 

 

 

Imaxe de teresa

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA FAMILIAS

Proximamente celebraremos a xornada de portas abertas nas escolas do C.R.A.

As familias interesadas en coñecer as nosas instalacións poderán achegarse ás escolas o vindeiro día 10 de febreiro en horario de tarde: de 16 a 17:30.

ANIMÁDEVOS A COÑECERNOS...!!

SEREDES BENVIDAS E BENVIDOS...



by Dr. Radut