Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xullo 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Artigos

Imaxe de teresa

FIN DUNHA FERMOSA ETAPA...

AGRADECEMENTO

Hoxe remata o curso lectivo 2018/2019 no C.R.A. Ponte da Pedra e con el, finaliza unha etapa de nada máis e nada menos que 4 anos:

4 anos dun proxecto de dirección que, con moito esforzo e paixón, puxo en valor todas e cada unha das nosas escolas.

Así, hoxe e sempre, o noso máis sincero agradecemento ao noso exdirector Jesús: a túa calidade profesional e humana deixa unha fonda pegada no C.R.A. e en todas e todos os que tivemos a sorte de camiñar ao teu carón.

Gracias, tamén, a todas as mestras e mestres polo seu excelente traballo e implicación ao longo destes anos; especialmente, ás compañeiras Amelia e Ana. Moita sorte na vosa nova andaina.

BO VERÁN!!

Imaxe de Jesus

Día das mestras e dos mestres.

O 27 de novembro é o día das mestras e dos mestres, e por extensión do ensino.

Este ano, Javier Rivas, o Director do CRA e Oroso foi seleccionado pola RTVG como representantes do profesorado.

Convídovos á escoitalo.

 

 

Imaxe de Jesus

Traslado Sede CRA Ponte da Pedra a antiga Escola de Gontade

 Como director do CRA Ponte da Pedra poño en coñecemento da comunidade educativa, que debido ao estado de abandono das instalacións actuais (fotos), e risco para a integridade das persoas, vimos de recibir instrucións por parte da Xefatura Territorial da Coruña de trasladar a Sede do CRA Ponte da Pedra á antiga escola de Gontade.

Achego informe das consecuencias para o desenvolvemento da labor docente e a afectación na calidade do ensino que suporá este traslado.

Ante esta situación, e a pesar de estar en desacordo con esta situación, iniciamos dende o CRA os trámites pertinentes para este traslado da Sede do CRA Ponte da Pedra á antiga escola de Gontade.

 

O Director.

Jesús Ramón Prado Lorenzo.

Imaxe de Jesus

Entrega de Premios de Formación Permanente do Profesorado

 

O 27 de Xaneiro a Xefa de Estudos e mailo Director do CRA Ponte da Pedra en representación do claustro de mestras e da comunidade educativa do CRA Ponte da Pedra asistimos á entrega dos primeiros Premios de Formación Permanente do Profesorado.

 

O Conselleiro loou o traballo levado a cabo polos docentes dos sete centros presentes por deseñar “itinerarios á carta” en función do seu proxecto educativo e necesidades, convertendo aos centros “en organizacións capaces de aprender, crear e transferir coñecemento”

 

No CRA Ponte da Pedra sentímonos moi orgullosos se ser considerados merecedores deste premio pola formación permanente do profesora no eido da intelixencia emocional. Esta formación recibida sérvenos para a mellora da convivencia no centro educativo e para o desenvolvemento do Proxecto de Educación Responsable.

 

Moitas grazas.

 

 

Imaxe de Jesus

Premio Proxecto de Formación Permanente do Profesorado 2016

Sentímonos moi orgullosos de anunciar que o CRA Ponte da Pedra foi premiado polo seu Proxecto de Formación Permanente do Profesorado no ano 2016, sendo considerado como o mellor proxecto do Centro de Formación do Profesorado da Coruña polo seu contido innovador, o traballo en equipo, o grao de implicación do profesorado, e a implantación e desenvolvemento do proxecto.

Entendemos este premio a un proxecto colectivo, do que formamos parte todo o profesorado do CRA Ponte da Pedra, sen o cal non sería posible este premio, e nomeadamente gustaríame destacar a labor de de dúas mestras polo seu esforzo e ánimo dinamizador como son María Teresa Rodríguez Rama, e Beatriz Castro Suárez, sen esquecernos do inestimable apoio da nosa asesora do CFR da Coruña Lucía López Lorenzo.

 

 

 

 



by Dr. Radut