Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Artigos

Imaxe de teresa

INFORMACIÓN PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA 23/24

> CALENDARIO:                                                                                            

Prazo Presentación Solicitudes de Admisión:Do ao 20 de marzo ás 14:00h.(Entregar na secretaría da sede (// Modelo ED550B, ou na aplicación online(2.2.2) , ou na Sede Electrónica (do 1 ao 20 de marzo)// + libro de familia ou DNI do alumno/a, así como certificado de escolarización e convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso) .

 Prazo Presentación Documentación Xustificativa: Do 23 de marzo ao 13 de abril ás 14:00h.(cando a demanda de prazas sexa superior á oferta deberase presentar documentación: padrón, ...)

 Publicación listas provisionais de admitidos e non-admitidos: Antes do 25 de abril Prazo reclamación: 5 días hábiles a partir do día seguinte a súa publicación. 

 Publicación listas definitivas de admitidos e non-admitidos: Antes do 15 de maio Prazo de reclamación: un mes a partir do día seguinte a publicación deberá presentar recurso de alzada ante a xefatura territorial.

 Formalización de Matrícula: Do 20 ao 30 de xuño (presentación do anexo III)

> CENTROS ADSCRITOS:                                                                                                      

CEIP FOGAR: Escolas de Mirón e Rega

 CEIP BERGANTIÑOS: Escolas de Cances, Sísamo e Xoane

 CEIP GÁNDARA-SOFÁN: Escolas de Artes e Verdillo

> ÁREA DE INFLUENCIA:                                                                                                       

A área de influencia das escolas do CRA Ponte da Pedra son as parroquias onde se atopa cada escola.

 Zona limítrofes: ver mapa.

 Outra información: Resolución da Xefatura Territorial de Educación da Coruña de data 24/2/16 sobre a modificación de áreas de influencia do concello de Carballo.


> NOTA INFORMATIVA:                                                                                                          

1º Cada alumno/a so pode presentar UNHA ÚNICA SOLICITUDE no centro que solicite praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle

  O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

  O alumnado que ten reservada nun centro (adscrito), se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia a reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión

 A falsidade nos datos achegados poderá determinar a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 O C.R.A. Ponte da Pedra non dispón de servizos complementarios de transporte nin comedor.

 No C.R.A. Ponte da Pedra existen Seccións Bilingües nas aulas de Educación Primaria de Sísamo e Verdillo.

No caso de renuncia, a marxe da comunicación no centro, deberá cumprimentar unha nova solicitude en prazo e cubrir datos solicitados no recadro "supostos específicos"

> PRAZAS VACANTES OFERTADAS PARA O CURSO 2023/2024:                                     

 

 

ESCOLAS:

ARTES

CANCES

MIRÓN

REGA

SÍSAMO EI

SÍSAMO EP

VERDILLO EI

VERDILLO EP

XOANE

TOTAL VACANTES

 

PRAZAS RESERVA

NECESIDADES

ESPECÍFICAS

DE APOIO EDUCATIVO

(Soamente en 4º Infantil e 1º Primaria)

 

ED. INFANTIL

ED. PRIMARIA

 

 

               27

39

23

 

> HORARIO DE ATENCIÓN E RECOLLIDA:                                                                          

 

 

Luns

 Martes

 Mércores

 Xoves

Venres

9:00- 9:50

 

 

Secretaría

 

 

9:50 - 10:40

 

Secretaría

Secretaría

Secretaría

Secretaría

10:40 - 11:30

 

Secretaría

 

 

 

11:30 - 12:00

 

 

 

 

 

12:00 - 13:00

Secretaría

Secretaría

Secretaría

Secretaría

 

13:00 - 14:00

Secretaría

Secretaría

Secretaría

Secretaría

Secretaría

15:30 - 16:30

Secretaría

 

 

 

 

16:30 - 17:30

Secretaría

 

 

 

 

 

Para solicitar máis información e entregar toda a documentación deben obrigatoriamente dirixirse á Dirección na Sede do CRA:

Avda. Vázquez de Parga, 119 bl-2 1ºDereita Tlf: 981 703 403

 NORMATIVA REGULADORA:

 

* Decreto 13/2022, do 3 de febreiro: Admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos.

* Orde 21 de outubro do 2022 polo que se desenvolve o Decreto 13/2022 do 3 de febreiro

* Información sobre o baremo.

 *Información baremo criterio complementario

Imaxe de teresa

AGRADECEMENTO

Moitas gracias á comunidade educativa do CRA Ponte da Pedra pola súa participación, colaboración e entrega neste Antroido.

Asemade, facer extensible o noso agradecemento á Escola do Alprende,que nos acompañaron coa súa música nesta xornada así como ao Concello de Carballo.

Imaxe de teresa

VENRES DE ANTROIDO

ANTROIDO

Este venres 17 de febreiro, todas as escolas do CRA, reunirémonos no mercado municipal para celebrar o Antroido. Abandonaremos a rutina das aulas para afondar e recuperar o Antroido que se facía noutro tempo nas aldeas da comarca, a través das madamitas e dos ghaláns.

Para facer os traxes dos disfraces, contamos coa axuda da Escola do Alprende de Oza, que moi xentilmente nos achegaron información sobre a investigación que fixeron nese eido. Ademais, colaborarán connosco acompañándonos con música tradicional.

Sobre as 10:30/10:45, iniciaremos esta andaina na praza de abastos, nun dos espazos que o Concello de Carballo nos empresta para poder celebrar esta xornada de convivencia. Correremos o Antroido no centro do municipio dándolle un pulo á tradición e cultura do noso Concello e da nosa comarca.

Imaxe de teresa

ESCOLA DE FAMILIAS RESPONSABLES



by Dr. Radut