Skip to Content

Secretaría

MATRÍCULA CURSO 2023-24

07/06/2023 19:18
Europe/Madrid

Debe formalizar matrícula:

  • Alumnado que se escolariza por primeira vez (4.º Infantil)
  • Alumnado de Infantil e Primaria procedente doutro centro
  • Todo o alumnado de ESO

PRAZOS:

  • Ed. Infantil e Primaria: do 20 ao 30 de xuño
  • ESO: do 23 de xuño ao 7 de xullo

Documentación:

Sobre de matrícula, que o alumnado de ESO recibirá canda os boletíns de notas finais e para o alumnado novo no centro estará dispoñible en administración a partir do día 16 de xuño.

ADMISIÓN 2023-24: Listaxes definitivas

16/05/2023 14:19
Europe/Madrid

Infórmase da publicación no taboleiro do centro das listaxes definitivas de admisión para o curso 2023-24, con data de hoxe.

Todas as solicitudes presentadas en prazo foron ADMITIDAS.

As solicitudes presentadas fóra de prazo serán adxudicadas con posterioridade e antes do inicio do curso escolar, do cal se informará ás familias afectadas.

Eleccións ao Consello Escolar: relación de candidaturas e votacións

21/11/2022 17:58
Europe/Madrid

A Xunta Electoral do centro reuniuse hoxe para admitir, proclamar e publicar as candidaturas dos distintos sectores ás eleccións a representantes no Consello Escolar, que foron publicadas no taboleiro do centro.

Tamén se celebrou o sorteo para determinar a constitución das mesas electorais de responsables e mais de alumnado: as persoas designadas vogais recibirán a citación entre hoxe e mañá.

CONVOCATORIAS DE ELECCIÓNS A REPRESENTANTES NO CONSELLO ESCOLAR (sectores de responsables e alumnado)

09/11/2022 12:39
Europe/Madrid

Con data de hoxe a Xunta Electoral do CPI de San Vicente publica as convocatorias de eleccións de representantes no Consello Escolar dos distintos sectores (responsables, alumnado, profesorado e persoal non docente).

As convocatorias para responsables (pais, nais ou titores/as legais) e alumnado poden consultarse no taboleiro do centro e tamén nos arquivos anexos a esta publicación.

O prazo de presentación de candidaturas dura ata o día 17 de novembro ás 14:30 horas. Os modelos están dispoñibles na secretaría do centro e tamén anexos máis abaixo.

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL PARA AS ELECCIÓNS DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

18/10/2022 12:33
Europe/Madrid

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 30 de setembro), realizarase proximamente neste centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR, que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut