881 86 70 01
CONVOCATORIAS DE ELECCIÓNS A REPRESENTANTES NO CONSELLO ESCOLAR (sectores de responsables e alumnado)
09/11/2022 12:39
Europe/Madrid
Con data de hoxe a Xunta Electoral do CPI de San Vicente publica as convocatorias de eleccións de representantes no Consello Escolar dos distintos sectores (responsables, alumnado, profesorado e persoal non docente).
As convocatorias para responsables (pais, nais ou titores/as legais) e alumnado poden consultarse no taboleiro do centro e tamén nos arquivos anexos a esta publicación.
O prazo de presentación de candidaturas dura ata o día 17 de novembro ás 14:30 horas. Os modelos están dispoñibles na secretaría do centro e tamén anexos máis abaixo.
As votacións celebraranse o 24 de novembro, nos horarios indicados en cada convocatoria.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
convocatoria responsables.pdf | 68.41 KB |
candidatura responsables.pdf | 61.32 KB |
convocatoria alumnado.pdf | 66.83 KB |
candidatura alumnado.pdf | 134.95 KB |