Skip to Content

Eleccións ao Consello Escolar: relación de candidaturas e votacións

21/11/2022 17:58
Europe/Madrid

A Xunta Electoral do centro reuniuse hoxe para admitir, proclamar e publicar as candidaturas dos distintos sectores ás eleccións a representantes no Consello Escolar, que foron publicadas no taboleiro do centro.

Tamén se celebrou o sorteo para determinar a constitución das mesas electorais de responsables e mais de alumnado: as persoas designadas vogais recibirán a citación entre hoxe e mañá.

As votacións celebraranse o próximo xoves día 24 de novembro, de acordo co seguinte horario:

  • Persoal de administración e servizos, de 9:10 a 9:30 h.

  • Alumnado de ensino secundario, de 9:40 a 12:00 h.

  • Responsables (pais, nais e titores/as legais) do alumnado, de 12:15 a 15:00 h.

  • Profesorado, ás 16:00 h (claustro).

Nos anexos pódese consultar a circular informativa para familias, onde se explica con detalle todo o procedemento.

AdxuntoTamaño
Circular informativa140.41 KB


story | by Dr. Radut