Skip to Content

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL PARA AS ELECCIÓNS DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

18/10/2022 12:33
Europe/Madrid

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 30 de setembro), realizarase proximamente neste centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR, que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

  • A directora do centro.
  • Un profesor ou profesora.
  • Un pai ou nai ou titor legal.
  • Un representante do persoal de administración e servizos.
  • Un alumno ou alumna da ESO.

Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase no salón de actos do centro o próximo día 28 de outubro, venres, ás 11:45 horas.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.



story | by Dr. Radut