Skip to Content

1º EP, 2º EP, 3º EP, 4º EP, 5º EP, 6º EP, AL e PT, Complementarias e Extraescolares, Ed. Física, Ed. Infantil, Ed. Musical, Escolares, Idioma estranxeiro, Inglés 1º, Inglés 2º, Inglés 3º, Inglés 4º, Inglés 5º, Inglés 6º, Inglés Infantil, Relixión Católica, Seccións Bilingües

ANDAINA DAS LETRAS 2022

15/05/2022 12:54
Europe/Madrid

Continuando co noso proxecto de vida saudable e de coñecemento da riqueza natural, cultural e patrimonial da nosa contorna, o vindeiro xoves 19 de maio, o alumnado e profesorado do cole vai sair camiñar para conmemorar o Dïa as Letras Galegas.

Exposición "LÉVEDO LILÁ" para conmemorar o 8M

21/03/2022 15:15
Europe/Madrid

levedo lila

Desde o 21 ao 28 de marzo no corredor principal do edificio de Primaria, onda a Biblioteca, teremos esta interesantísima exposición promovida por Xandobela. Vén a coñecer media ducia de referentes da cultura e a arte galegas con perspectiva de xénero!

CALDO DE GLORIA NO DÍA DE ROSALÍA

20/02/2022 22:02
Europe/Madrid

Ilustración de Andrea Pereiro (6º EP)

 

Chega o entroido ao cole!!

Chega o Entroido ao colexio, atentos e atentas todas aos mandados de Balbina!!

 

25 de novembro: En negro contra a violencia de xénero

Co gallo do 25 de novembro, alumnado e profesorado amosou o seu rexeitamento á violencia de xénero a través de murais, lemas, cartaces, lectura de poemas e un minuto de silencio en homeanxe a todas as vítimas cuxo número desexamos que descenda ata desaparecer das estatísticas e da sociedade. 

 

Bota a andar o noso horto escolar

22/11/2021 19:38
Europe/Madrid

botas de auga

As nosas botas de auga, listas para saír a traballar na horta.

O venres 19 de novembro iniciamos o noso traballo no horto escolar, dentro do programa CPInnova.

Alumnado de 2° e 3° de Primaria comezou a súa formación da man de Carme Freire.

Gozamos e aprendimos unha chea de cousas!

Seguimos a traballar cos dinosauros

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil seguimos a traballar o tema dos dinosauros. Estamos a aprender moito sobre estes: diferenciamos ós herbívoros dos carnívoros polo seu cranío, identificamos as distintas formas de defensa de varias especies, coñecemos as características máis destacalbes de cada un dos dinosauros...

Para isto levamos a cabo diferentes actividades dentro da aula.

Happy Halloween

29/10/2021 17:17
Europe/Madrid

https://youtu.be/DS8btXP8O4M

Primeiro proxecto: Os dinosauros

Os nenos/as de 6º de EI comezamos este curso traballando o tema dos dinosauros.

A nosa mascota da aula, Cora, tróuxonos un ovo estraño.

 

 

Tras debater sobre o que podía ser, transcorridos uns días, descubrimos que tiñamos un dinosauro na aula!

 

Andaina

Vídeo-resumo do que deu de si o roteiro que fixemos unha mañá polo noso concello.  Guiño

Distribuir contido


by Dr. Radut