Skip to Content

Primeiro proxecto: Os dinosauros

Os nenos/as de 6º de EI comezamos este curso traballando o tema dos dinosauros.

A nosa mascota da aula, Cora, tróuxonos un ovo estraño.

 

 

Tras debater sobre o que podía ser, transcorridos uns días, descubrimos que tiñamos un dinosauro na aula!

 

Estamos descubrindo un montón de cousas: que son os paleontólogos, cal é o seu traballo, que son os fósiles,como se chaman os dinosauros, a súa clasificación, formas de defensa ...

 

Para aprender tantas cousas sobre estes magníficos animais estamos a realizar diferentes actividades: puzzles sobre esta temática, debuxando as sombras dos dinosauros aproveitando o sol destes días, realizando o noso mural de aula...

 

 

 

 

 

 

Pero o que máis nos gusta e ver os nosos dinosauros favoritos coa realidade aumentada, cousa que nos encanta.

 

 Seguimos coa aventura, xogando e aprendendo.

 



page | by Dr. Radut