Skip to Content

CALDO DE GLORIA NO DÍA DE ROSALÍA

20/02/2022 22:02
Europe/Madrid

Ilustración de Andrea Pereiro (6º EP)

 

Co gallo do Día de Rosalía e seguindo a iniciativa que propón a Fundación Rosalía de Castro, este mércores 23 de febreiro lembraremos o poema de Rosalía "Miña casiña, meu lar" e a partir da receita que a poeta nos relata no seu poema a nosa cociñeira María nos preparará no comedor un caldo de gloria.

 

Nese poema, unha muller pobre conta como chega á súa casa Santiago dende Padrón, mollada e esfameada e a pesar de que os seus avaros veciños lle negan o que Iles sobra (broa e leña) consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote.

 

Se queredes saber máis sobre o caldo de gloria ou vos animades a elaborar a receita na casa, aquí vos deixamos un vídeo da cociñeira Lucía Freitas onde podedes aprender a elaboralo.

  



story | by Dr. Radut