Skip to Content

Proxectos Europeos

O CPI O Cruce recibe o Recoñecemento á calidade dos proxectos Erasmus+ 2022

O Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), celebra as súas "Xornadas Anuais de Difusión e Informativas Erasmus+" nestes días 19 e 20 de decembro de 2022, de xeito presencial no Teatro Real de Madrid e virtual con streaming a través da canle de Youtube do SEPIE.

Viaxe a Bélxica de 2º ESO maio 2022 no marco do proxecto Erasmus+ DLAB

Alumnado de 4º ESO viaxou a Grecia no marco do proxecto Erasmus+ "Undertaking, Recycling and Creating"

Recentemente 12 estudantes de 4º ESO viaxaron a Grecia, xunto coas profesoras Asunción del Valle, Pilar Tabarés e Raquel Veira, no marco do proxecto Erasmus+ "Undertaking, Recycling and Creating" coordinado pola Asociación de empresarios do polígono de Sabón. 

De Cerceda ao Parlamento Europeo. O Cruce na CRTVG

Como sabedes a iniciativa do alumnado de 4º ESO para que as linguas cooficiais, catalán, euskera e galego, sexan recoñecidas como tales no Parlamento Europeo tivo moita repercusión mediática nestes días e moitos apoios traducidos en xa máis de 3000 sinaturas en Change.org.

Moitos foron os medios, de prensa escrita e de radio, que se fixeron eco da proposta e tamén a CRTVG veu ao centro a gravar unha reportaxe para saber máis do papel de alumnas e alumnos como embaixadoras e embaixadores do Parlamento Europeo e da iniciativa das linguas cooficiais en particular.  Podedes ver o vídeo completo premendo na imaxe sobre estas liñas.

Parabéns nenas e nenos, bo traballo!

Video de presentación do CPI O Cruce como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo

Participamos na Maker Faire Galicia co proxecto Erasmus+ Ocean Connections

Mañá, 20 de novembro, participaremos xunto co CESGA, na xornada adicada a educación da Maker Faire Galicia 2020 co noso proxecto europeo Erasmus+ Ocean Connections.

Ao longo do día faremos varias conexións en directo para explicar pormenorizadamente o desenvolvemento do proxecto e os seus resultados, non o perdades!

Máis información | Ocean Connections e Maker Faire Galicia

AVISO - Cuestionario Erasmus+ Ocean Connections Pilot 2 (xullo 2020)

O alumnado que participa no proxecto Erasmus+ Ocean Connections rematou o prazo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut