Skip to Content

Ed. Primaria

5X. A RAP DO RECICLAXE (QUE ARTE TES! CAPÍTULO VI)

Para conmemorar do día mundial do medio ambiente e para despedir o traballo do tema transversal deste curso, ao alumnado de 2ºA doulle por facer un rap que podedes ver a continuación.

Por outra banda, o alumnado de 1º traballou a mobilidade sostible, a través dun circuíto de educación viaria.

 

 

XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS

O mércores 10 de xuño, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou nunha xornada de xogos tradicionais onde practicaron a chave, os bolos celtas e a estornela.

A actividade estaba incluída no programa XOGADE, de deporte escolar.

Vídeo Proxecto: " A Localidade" (VOLUNTARIADO MIÚDO III)

Os nenos e nenas de 1º participaron durante este curso no Plan Proxecta “Voluntariado Miúdo”.
Participaron na recolecta de lixo no cole e arredores sendo membros das “Brigadas da Limpeza” á vez que aprendían moitas cousas sobre a localidade.
Deixámosvos o vídeo presentación do seu proxecto “A Localidade”.

29A. DÍA EUROPEO DA SOLIDARIEDADE INTERXERACIONAL. (VOLUNTARIADO MIÚDO II)

O xoves 29 de abril conmemoramos o DÍA EUROPEO DA SOLIDARIEDADE INTERXERACIONAL xunto co centro de día de Cuntis. Fixemos un encontro virtual onde os alumnos e alumnas de 2º de primaria agasallaron aos nosos maiores co recitado dun poema e cunhas chapas feitas por eles mesmos, mentres que dos usuarios do centro de día recibimos unhas preciosas marionetas elaboradas con material reciclado. Esta actividade está enmarcada dentro do plan Proxecta: "Voluntariado miúdo"

 Aquí tedes algunhas fotos da actividade.

 

VISITA A CASTROLANDÍN (4º EP)

O venres 27 de novembro o alumnado de 4º de Educación Primaria visitou Castrolandín, cunha visita guíada pol fundación Terra Termarun. Esto foi o que nos contaron:

"O venres 27 de novembro, os nenos e nenas de 4º de primaris fomos de visita a Castrolandín no noso concello de Cuntis.

Alí recibiunos unha historiadora e expliacounos datos moi interesantes sobre os castrexos que habitaron este outeiro no pasado, concretamente dende o século IV a.C. Ensinoiuos restos arqueolóxicos, contounos como se protexían, que comían, etc. Pero o que máis nos chamou a atención foi a lenda dos mouros.

O motivo da visita foi que estabamos a estudar a Prehistoria e a Idade Antiga. Pasámolo moi ben. Non volo perdades!"

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da visita.

 

 

Traballo complementario 1º EP. Período de clases non presenciais.

Propostas para a semana final

Tarefas propostas polas titoras

Tarefas da área de música

Educación Física: Despedida /Recomendacións para o verán

Tarefas de Relixión Católica

 

Propostas para o período do 8 de xuño ata o 12 de xuño.

Tarefas propostas polas titoras

Tarefas da área de música

Retos da área de Educación Física

Tarefas de Relixión Católica

 

Propostas para o período do 1 de xuño ata o 5 de xuño.

Tarefas propostas polas titoras

Tarefas da área de música

Retos da área de Educación Física

Tarefas de Relixión Católica

 

Propostas para o período do 25 de maio ata o 29 de maio.

Tarefas propostas polas titoras

Tarefas da área de música

Retos da área de Educación Física

Tarefas de Relixión Católica

 

Propostas para o período do 18 de maio ata o 22 de maio.

Tarefas propostas polas titoras

Tarefas da área de música:

Retos da área de Educación Física

Tarefas de Relixión Católica

Propostas para o período do 11 de maio ata o 15 de maio.

Tarefas propostas polas titoras

Tarefas da área de Música:

Tarefas da área de Relixión Católica

Retos da área de Educación Física

 

 

Propostas para o período do 5 de maio ata o 8 de maio.

Tarefas propostas polas titoras

Tarefas da área de Música:

Tarefas da área de Relixión Católica

Retos da área de Educación Física

 

Propostas para o período do 20 de abril ata o 2 de maio.

Tarefas propostas polas titoras

Área de música:

Área de Relixión Católica

Área de Educación Física

 

Propostas para a semana do 14 de abril ao 17 de abril

Tarefas propostas polas titoras.

Área de Música

Área de educación física na casa

Obradoiro de novas masculinidades

Acaban de comenzar a desenvolverse, no noso centro, obradoiros de novas masculinidades dirixidos ao alumnado de 5º e 6º de EP.

Aquí tedes unha pequena mostra da actividade.

Teatro 3º e 4º de EP: "Nana para un soldado"

O día 5 de marzo, o segundo ciclo de primaria (3º e 4º) asistimos ao Teatro A Fundación e ao Café Moderno, en Pontevedra.

No teatro vimos unha peza titulada "Nana para un soldado". Conta a historia de dous militares de bandos inimigos que querían facerse cunhas ruínas, pero resultaron ser a casa dunha pacifista muller embarazada. Conseguirán deixar as armas? Conseguirán sobrevivir aos bombardeos?

Despois visitamos o Café Moderno onde nos ensinaron estratexias para vivir máis de 100 anos e nós, a través dun obradoiro, inventamos trebellos para que os nosos maiores consigan cumprir un século.

 

A RADIO NO CPI.

O pasado 28 de febreiro o noso alumnado puido asistir a un programa de radio emitido en directo desde o noso centro onde se promocionaba a nosa festa do lacón con grelos. Tamén interviron contestando algunhas preguntas sobre Cuntis.

Nesta ligazón podedes escoitar as intervencións do noso alumnado.

Programa de radio Festa do lacón con grelos

 

Plan Proxecta. Aliméntate ben.

O 11 de febreiro o alumnado de 2° , 3 ° e 4° de EP asistiron ao obradoiro " O sabor da aventura está no mar" , dentro do plan proxecta "Aliméntate ben", no que o noso centro leva participando varios anos.

Neste obradoiro faláronnos da importancia de peixes e mariscos na alimentación. Despois xogamos a oca da aventura está no mar, onde nos facían preguntas sobre o explicado na charla previa.
Distribuir contido


by Dr. Radut