Skip to Content

Ed. Primaria

COÑECENDO A ÁNGELA RUIZ ROBLES

O venres 3 de Maio o alumnado de 2º de EP asistiu a un obradoiro para coñecer a figura de Ángela Ruíz Robles, unha das precursoras do libro electrónico no noso país.

Este obradoiro enmárcase dentro do plan Proxecta "Donas de si" e ten relación co proxecto de investigación deste curso que xira arredor da historia da escritura.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra desta actividade.

 

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE. III CERTAME DE DEBUXOS SAÚDABLES.

Co gallo da celebración o 7 de Abril do día Mundial da saúde, o alumnado de 2º levou  cabo diferentes obradoiros e actividades. Este luns recibirion diferentes agasallos por participar nestas actividades, por parte do concello de Cuntis.

Achegamos algunha mostra desta actividade e o debuxo que resultou gañador do III concurso de debuxos saudables . Estes debuxos están expostos na biblioteca Roberto Blanco Torres de Cuntis.

 

PICCOLO MOZART

O xoves 28 de Marzo e o venres 29 de Marzo, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de educación Primaria, asistiu a un recital de frgamentos de diversas obras de Mozart. Aquí vos deixamos unha mostra da actividade. Preme nas imaxes para acceder ao álbum completo da saída

 

 Á saída da obra alumnado de 2º de Educación Primaria amosaron as súas impresións na TVE. Podedes velos picando no enlace de abaixo (minuto 20:16)

http://www.rtve.es/m/alacarta/videos/telexornal-galicia/gal-20190328inf/5100360/?media=tve&t=20m16s

 

DÍA DA ÁRBORE

O xoves 28 de marzo o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participou no día da árbore. A primeira actividade que fixeorn foi a replantación de árbores autóctonas nunha zona afectada pola vaga de lumes. Máis tarde, e coa colaboración de axentes medioambientais que forman parte dunha das brigadas do distrito forestal, puideron comprobar de primeira man, como afrontan estas brigadas a extinción dos lumes. Podes facer CLICK AQUÍ para ir ao álbum de Flickr.

PROGRAMA XOGADE: ENCONTROS DE ATLETISMO

O xoves 11 de Marzo o alumnado de 5º de EP participou nunha xornada de promoción do atletismo con alumnado doutros centros de A Estrada, Moraña e Caldas.

Aquí tedes unha pequena mostra da actividade. 

 

OS BOLECHAS E OS ELECTRECOS

O xoves pasado visitaron o centro os bolechas, que nos amosaron como reciclar diferentes aparatos eléctricos e electrónicos. A esta actividade asistiu o alumnado de 2º de Educación Primaria.

Abaixo vos deixamos unha pequena mostra da actividade.

SAÍDA AO GROVE: "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"

O venres 15 de Febreiro o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil participaron nuha saída a O Grove.

Esta saída estaba enmarcada dentro do plan Proxecta "Aliméntate ben", do que son participes o alumnado destes niveis. Na saída visitaron a lonxa, o mercado e por último degustaron unha merenda "mariñeira" que tiña como base os produtos do mar.

Abaixo vos deixamos unha pequena mostra desta actividade.

A GALIÑA AZUL

O martes 4 de decembro o alumnado de 1º e 2º de EP asistiu no teatro de A Fundación, a representación de monicreques chamada "A Galiña Azul".

Pasárono moi ben. Aquí vos deixamos unha pequena mostra desta actividade.

               

VISITA OS BOLECHAS

O día de 25 Outubro o alumnado de 1º, 2º e 3º e EP foi ata Caldas de Reis  visitar unhaa exposición sobre as distintas variacións da lingua galega.

Se queredes ver a galería de fotos da visita picade na imaxe de abaixo.

 

 

VISITA A CASTROLANDÍN

O alumnado de 3º de EP realizamos unha visita guiada  a Castrolandín e a Fundación Terratermarum. Alí aprendemos
como eran as vivendas, porque estaba construído nun alto, cómo vivían, que cultivaban e que
animais críaban... Na Fundación Terra Termarum comprobamos que instrumentos e obxectos utilizaban na súa vida cotiá.

Queremos dar as graazas a Mario e Sandra por introducirnos tan ben na vida Castrexa.

Premendo nas fotos podedes comprobar que ben o pasamos

.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut