Skip to Content

Ed. Primaria

ANDAINAS FIN DE CURSO 2018

Este luns 18 de xuño o alumnado de educación infantil e de primeiro e segundo de primaria fixo unha andaina dende o centro até Castrolandín e o entorno das Campaiñas. Coa axuda de Manuel, o técnico de turismo do concello, aprendimos cousas dos nosos antepasados que viviron en Castrolandín e desfrutamos dunha mañá de convivencia moi xeitosa cos/as nosos/as compañeiros/as. 

Podedes ver algunhas imaxes da xornada premendo nestas fotos ou visitando a nosa galería de imaxes.

    

 

O CURSO 2017-2018 EN IMAXES DE 2º DE PRIMARIA

Esta é só unha pequena mostra dos momentos vividos neste curso en 2º EP: momentos de ledicia, unión e crecemento. Desexámosvos un divertido verán. As titoras de 2º EP.

             

EXCURSIÓN FIN DE ETAPA 5º E 6º DE PRIMARIA. 2018

Os días 11, 12 e 13 de xuño o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria fixemos unha excursión á granxa

escola Fervenzaventura en Silleda.

Fixemos moitísimas actividades relacionadas coa natureza e a actividade física como sendeirismo, equitación,

tiro con arco, escalada, tirolina...

Pasámolo xenial e convidámosvos a ver as fotos da nosa estancia.

O alumnado de 3º de primaria convértese en cociñeiros e poetas.

O pasado 8 de xuño o alumnado de 3º A e B fixo pinchos pero non calquera pincho. 

Elaboraron canapés de froitas! A continuación explícannos a actividade con detalle. Pasos:

  • 1º Fas unha poesía. Por exemplo: Adios corazón de tiza! Te regalo un beso y una sonrisa.
  • 2º Pásaa a limpo.
  • 3º Colles un pau de pincho e pegas a poesía.
  • 4º Corta a froita, logo pínchaa no pau e tachaaaán .....un canapé listo!!!
  • 5º Degustalos cos compañeiros/as do outro grupo. Agasallando así un montón de pareados e poesías.

Como actividade final fixemos este artigo para a páxina web. Premede nas fotos e ollade que ben o pasamos.

                          

3º E 4º DE PRIMARIA REPOBOANDO EN CUNTIS

O pasado venres 25 de maio o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria desprazouse ao polígono de A Ran para realizar unha plantación de cerdeiras e castiñeiros. Acompañados por un axente forestal e a cuadrilla de incendios da zona aproveitaron para poñer en práctica o aprendido durante este curso co seu proxecto Piteas: Os incendios Forestais.

A actividade resultou moi interesante e divertida xa que tamén tiveron a oportunidade de manexar a mangueira da motobomba e lembrar o material necesario para combater o lume.

O alumnado comprometeuse a coidar as súas árbores e o vindeiro curso continuar coa súa labor de repoboación. 

Premede nestas imaxes para ver alguns dos momentos vividos durante a xornada....

    

 

VISITA A APÍPOLIS. 1º E 2º DE PRIMARIA

O pasado mércores 2 de maio o alumnado de primeiro e segundo curso de educación primaria fomos de excursión a Apípolis. Unha vez que chegamos a Xeve os/as monitores/as fixeron grupos heteroxéneos dos catro cursos para asistir ás diferentes actividades: visita ao apiario onde coñecemos os apeiros do/a apicultor/a, obradoiro de productos das abellas (mel, pole, cera) onde fixemos unha vela, visita á exposición permanente que teñen para achegarnos a vida das abellas e contarnos un conto interactivo sobre a apicultura, e finalmente participamos nun obradoiro de cociña onde fixemos unhas galletas de mel.

Despois de compartir o xantar cos nosos compañeiros e compañeiras adicamos un tempo a cantar e xogar antes de iniciar a nosa viaxe de volta a Cuntis. 

Pasámolo moi ben todo o día e podedes velo premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería de fotos.

    

 

O sabor da aventura está no mar. Obradoiro de Abril 2018.

Este pasado venres 27 de abril o alumnado de quinto e sexto de infantil e de primeiro a cuarto de primaria acudiu aos aobradoiros desenvolvidos no noso centro do programa Aliméntate Ben dos Plans Proxecta no que o seu profesorado está a participar neste curso 2017-2018.

Un ano máis recibiron a visita do mariñeiro Luís e da acuicultora Mariña que nos trouxeron novas dos nosos amigos da Patrulla dos Arroases que tantas cousas sobre os productos do mar nos ensinan cada ano.

Premede nestas imaxes e veredes algún dos momentos que vivimos nesta xornada.

             

XORNADA DE ATLETISMO EN CUNTIS

O Programa XOGADE-Deporte Escolar organizou o 17 de Abril unha xornada para o alumnado de 5º de educación primaria coa idea de fomentar o interese polo atletismo. O encontro contou coa participación de 5 centros educativos e celebrouse no campo de fútbol municipal de As Canteiras de Cuntis. O alumnado competiu en probas de lanzamento de peso, salto de lonxitude, lanzamento de xavelina, relevos, probas de velocidade e de media distancia.

Podedes ver unhas fotos da xornada premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería de fotos.

           

Visita a SOGAMA e A casa Grande de Xanceda

O día 10 de abril o alumnado de 5º de EP visitou as instalacións de SOGAMA , vista enmarcada dentro do plan Proxecta “1,2,3 recíclate con SOGAMA”. Máis tarde foron coñecer o xardín Botánico de Cerceda e a área fluvial do río Cabancos.

Pola tarde visitaron a granxa ecolóxica da Casa Grande de Xanceda e coñerecon de primeira man o proceso de fabricación dos produtos que alí se fan. Ademais “traballaron” a reo no coidado dos animais da mesma.

Aquí vos deixamos unha mostra das actividades que fixeron ao longo do día.

        

LAPBOOK DE 2º DE PRIMARIA

Despois da visita á panadaría procedemos á elaboración dun lapbook, no que irrumpe a creatividade e a practicidade, para darlle soporte ao aprendizaxe. Este lapbook serve para apoiar visualmente a nosa clase maxistral, por equipos cooperativos, sobre o tema do pan en primeiro curso de primaria. A través del explicámoslles de xeito visual e interactivo aos nosos/as compañeiros/as de primeiro o proceso de elaboración do pan. Logo da explicación tivemos a oprtunidade de interactuar e xogar todos/as e demostrar o que aprendemos.

Premede nestas imaxes e veredes algunha das fotos que amosan o traballo desenvolvido.

                     

Distribuir contido


by Dr. Radut