O noso centro

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Coordinador    Coordinadora Galega de ENDL   Revista Ollos de aula
         
Natividad Diéguez Pardo    

A nosa historia

Así era o antigo centro escolar de Cuntis

 

 

Antigo edificio do grupo escolar ubicado no lugar da Feira, onde agora se atopa a casa consistorial do concello de Cuntis.

Cómo xurde o CPI D. Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis

O Centro foi creado segundo a Lei xeral de educación de 1970 para impartir Ensinanza Xeral Básica (E.X.B.). Nun principio, o centro estaba dividido en dous edificios ( un deles estaba na praza da feira). No centro da feira impartíanse a E.I. e 1º ciclo de E.X.B. (posteriormente, primaria) namentres que no centro da rúa da Palma, impartíanse o resto dos niveis.

Coa entrada en vigor da LOXSE e a ampliación da escolaridade obrigatoria ata os 16 anos; o centro experimentou unha ampliación para acoller a tódalas etapas do ensino obrigatorio básico e unificando no mesmo centro a tódalas etapas que se imparten actualmente.

No ano1.999, o Decreto 7/1999 creou os CPI, pasando dende entón a denominarse CPI Aurelio Marcelino Rey García. Atópase situado na rúa José Mª Lastra.

 

Así pois, o CPI abrangue as etapas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria, integradas nun centro único situado no norte da provincia de Pontevedra, en Cuntis.

O noso nome

Don Aurelio Marcelino Rey García naceu en Lavadores (Vigo) no ano 1880.

Fixo a carreira de Mestre Nacional e comezou a traballar arrededor dos 20 anos.

Antes de vir para o pobo de Cuntis tivo as súas escolas en Sanxenxo e Ribadumia. Casado con Dona Emilia Carou Blanco, tamen mestra moi querida en Cuntis, chegou ó noso pobo aló polo ano 1920, onde desempeñou o seu labor ata a súa xubilación os 70 anos.

Por testemuñas de ex-alumnos seus, sabemos que ademais de da-las clases normais, ensinaba ós seus rapaces: modelado en arxila e xiz para facer bustos, carpintería, repuxado, ...

Fixo un gabinete de física e disecaban todo tipo de animais para estudialos mellor (raposos, teixugos, aves, cobras, ras,...)

Facían mapas en relevo para estudia-la Xeografía. E para comprender mellor o que eran e como eran Galicia e España, dirixiu no patio da Escola Graduada de Rapaces (da que foi director) a construcción dun xardín con forma de Galicia e outro coa forma de España. Este estaba dividido en rexións, separadas unhas das outras por mirtos; cada rexión tiña os seus cultivos propios e era coidada por un grupo de rapaces. De Madrid saía un surtidor que regaba todo o xardín.

Para poder aproveitar os rapaces que tiñan capacidade para estudiar e carecían de medios económicos, creou o que el chamou “Cuarta Sección", onde se estudiaba aproveitando os mesmos libros para todos eles. Desa aula saíron moitos bachareis, mestres, homes de empresa...

Por cuestións políticas, baixo a Dictadura do Xeneral Franco, estivo encarcerado durante un mes no lazareto da Ría de San Simón.

0 seu traballo foi tan meritorio que ata se fixeron eco de algunhas revistas de educación da época.

En agradecemento e como perdurable lembranza dos seus alumnos, o pobo de Cuntis nomeouno «Mestre de Mestres» e, no súa honra o Colexio leva o seu nome: COLEXIO PÚBLICO "DON AURELIO REY"
Posteriormente o Concello decide adicarlle unha rúa no noso pobo, que desde entón se denomina Circunvalación Don Aurelio.

O seu labor foi continuado ó cabo dos anos, de modo meritorio, polo súa filla Dona Emilia Rey Carou e o seu xenro Don Manuel Torres García, tamén mestres e directores do noso Colexio, a quen todo o pobo lles agradece o seu traballa e esforzo a favor dos seus alumnos. 


 

PRESENTACIÓN D'O CANTEIRO DE SEBIL

Na tarde de onte o alumnado de 3º e 4º da ESO asistiu á presentación do vídeo “O canteiro de Sebil”, realizado pola Asociación Quinteiro e organizado polo Departamento de Xeografía e Historia. Este documental narra a vida de Xohán Xesús González, veciño de Cuntis que viviu no primeiro terzo do século XX, e que destacou pola súa obra literaria e política, o que lle costaría ser asasinado polos fascistas en setembro de 1936.

Foi un luxo poder contar no noso centro con esta actividade grazas á colaboración do colectivo o Quinteiro que pon en valor cunha grande calidade a historia, porque a historia local é tamén a historia global. Grazas por compartir co noso alumnado o voso traballo.

Podedes botar un ollo ás fotos que fixemos desta actividade premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería de fotos.

           

Club de Lectura 2017-2018

O noso Club de Lectura "As Campaiñas" volve abrir as súas portas e desta vez irá dirixido ao alumnado de 3º de primaria até 4º de secundaria. Como teremos dous grupos de lectores faremos os nosos encontros cada quince días, un de primaria e outro de secundaria, cada martes  de 14,30 a 15,30hs.

Aquí vos deixamos o enlace ao noso blogue para que lle botedes un ollo ao que temos pensado facer e ao que xa comezamos a facer na nosa primeira xuntanza deste martes 17 de outubro.

http://ascampainhas.blogspot.com.es/2017/10/comezamos.html

Xornadas de Convivencia do Equipo de Mediación Escolar. Setembro 2017

Os días 6 e 7 de outubro os equipos de Mediación Escolar de primaria e secundaria tivemos unha xornada de convivencia no albergue de Sabucedo na Estrada.

Rodeados dun entorno natural espectacular estivemos traballando e poñéndonos ao día sobre as técnicas de mediación e resolución de conflitos, tamén aproveitamos para coñecernos mellor e coñecer Sabucedo.

 

Foi unha experiencia estupenda e pasámolo moi ben. Premede nas imaxes para ver unhas fotos das xornadas.

           

Comezamos un novo curso. 2017-2018

O alumnado de Infantil e Primaria foi o primeiro en voltar ás aulas o 11 de setembro, seguíulle o de Secundaria o pasado 15 de setembro e finalmente, despois do Período de Adaptación, foron os/as máis cativos/as de tres anos este luns 25 de setembro os/as últimos/as en incorporarse ás rutinas deste novo curso 2017-2018.

Xa tiveron lugar as respectivas reunións informativas para as familias de todo o alumnado, fixemos as presentacións do persoal docente novo e o reencontro cos de sempre, e tamén rematamos o reparto dos libros do Fondo Solidario de Libros de Texto de Primaria e Secundaria.

  

BENVIDOS E BENVIDAS A ESTE NOVO CURSO 2017-2018

LISTAXE DEFINITIVA da ESO do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2017-2018

 De acordo coas instrucións da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Orde do Fondo Solidario de Libros de texto e Axudas para adquirir libros de texto e Material escolar ( Orde do 16 de maio de 2017- DOG do 22-05-2017 ) procedemos a facer público a todos os sectores da Comunidade Educativa a Listaxe definitiva de admitidos/as do Fondo Solidario de Libros de Texto para Educación Secundaria.(VÉXASE ARQUIVO ADXUNTO)

Cando comecen as clases en Setembro entregaránse os libros de texto asignados a cada alumno/a correspondente ao Fondo Solidario.

Ante calquera dúbuda ou aclaración póñanse en contacto co centro.

Reunión Informativa Familias de Educación Infantil

O vindeiro xoves 7 de setembro, ás 12,30 horas, terá lugar no Salón de Usos Múltiples do noso centro a Reunión de Comezo de curso para as familias do alumnado de educación Infantil na que faremos a presentación do equipo docente e daremos conta de aspectos varios de interese para a escolarización dos/as nosos/as cativos/as.

 

 

LISTAXE DEFINITIVA do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2017-2018

De acordo coas instrucións da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Orde do Fondo Solidario de Libros de texto e Axudas para adquirir libros de texto e Material escolar ( Orde do 16 de maio de 2017- DOG do 22-05-2017 )procedemos a facer público a todos os sectores da Comunidade Educativa a Listaxe definitiva de admitidos/as do Fondo Solidario de Libros de Texto para Educación Primaria.(VÉXANSE ARQUIVOS ADXUNTOS)

Seguindo as mesmas instrucións da Consellaría e da Orde do Fondo Solidario informamos que as listaxes de Educación Secundaria de libros adxudicados e a orde de adxudicación definitiva non se farán públicas ata setembro.

A partir do 1 de setembro poderán recoller os vales de Axudas para adquirir libros de texto ( 1º e 2º de Primaria) así como dos vales de Axuda para material escolar ( Educación Primaria e Educación Secundaria).

Cando comecen as clases en Setembro entregaránse os libros de texto asignados a cada alumno/a correspondente ao Fondo Solidario.

 

Ante calquera dúbida ou aclaración póñanse en contacto co centro.

Distribuir contido