ANPA

ANPA "O BAÑO"

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos do C.P.I. Don Aurelio de Cuntis, creada en 1985, pretende favorecer e mellorar a educación dos nosos fillos e fillas, entendendo que a educación é tarefa de todos nós: familias e escola. Por iso, a Asociación cumpre unha importante función dentro desta comunidade apoiando ao centro naquilo que nos solicita e exercendo de ponte entre as familias e o centro, sempre co fin de conseguir o mellor para as nosas fillas e fillos.

 

Segundo os estatutos, os fins da ANPA son:

 

  1. Asistir aos pais, nais e titores/as en todo o que concirne á educación dos seus fillos e pupilos.

  2. Colaborar nas actividades educativas e extraescolares do centro.

  3. Promover a participación dos pais dos alumnos e alumnas na xestión do centro.

  4. Asistir aos pais/nais do alumnado no exercicio do seu dereito a intervir no control e xestión do centro.

  5. Facilitar a representación dos pais do alumnado no Consello Escolar do centro.

  6. Estimular a participación dos pais na programación do ensino a través do órgano correspondente.

  7. Fomentar as relacións de cooperación do centro con outros establecementos escolares e os sectores sociais e culturais do seu entorno.

  8. Promover a realización do principio de gratuidade no ámbito do centro, así como a igualdade de dereitos de todos os alumnos sen discriminacións por razóns socioeconómicas, ideolóxicas, confesionais, de raza ou sexo.

  9. Requirirlles aos poderes públicos o cumprimento das leis, regulamentos e proxectos de actuación referentes á educación, solicitando a atención e axudas que esta merece.

  10. Promover actividades formativas, culturais e de estudo.

  11. Promover accións de colaboración de pais con profesores e as boas relacións entre ambos co fin de colaborar na definición dunha adecuada estratexia didáctica e pedagóxica.

  12. E todos aqueloutros non recollidos nos estatutos e que sexan conformes á lei.

 

Actividades que realiza a ANPA:

 

  1. Organización e xestión do Servizo de Comedor Escolar.

  2. Proposta e organización de actividades extraescolares: natación, inglés, informática…

  3. Colaboración co centro na celebración das festas do Magosto e Entroido e coa visita dos Reis Magos en Nadal.

  4. Representación das familias no Consello Escolar.

 

Agradecemos todas as suxestións ou comentarios que nos fagades chegar en calquera momento, ben persoalmente, no teléfono 663 786 279, no correo electrónico anpaobano@gmail.com ou deixándonos unha nota na Secretaría do colexio.

Invitamos a todos os pais, nais e titores/as do alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria a unirse e participar na asociación.

Distribuir contido