Skip to Content

Ed. Infantil

Profesorado Ed. Infantil

4ºA - 3 anos Gil Arca, María Dolores
5ºA - 4 anos Pereira Pena, Marta
6ºA - 5 anos Mariño Rodríguez, Cristina
Apoio E.I. Miranda Pereira, Natalia
Inglés, Proxecto Competencial e Apoio E.I.
Nogueira Piñeiro, María
Música Goldar Cora, Mª Eugenia
Relixión Rodríguez Prada, Pilar
Psicomotricidade 6º Diéguez Sanmartín, Mª Concepción
Psicomotricidade
4º e 5º
Sande Iglesias, Antón
P.E.L.O. Novoa Rodríguez, Javier

Teatro Educación Infantil: Pingüín

O martes 16 de Abril o alumnado de Educación fixo unha saída a Pontevedra onde foron ao Teatro de A Fundación e viron a obra de teatro Pingüín.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra desta saída.

Álbum: Curso 23-24 -> Pingüín (Teatro A Fundación)

Nadal cos nosos maiores (Centro de día actividade III)

O día 18 de decembro tivemos a visita de usuarios e usuarias do Centro de día de Cuntis. Viñeron celebrar o Nadal co alumnado de Educación Infantil cos que compartiron panxoliñas e algún que outro conto.

Álbum: Curso 23-24 -> Nadal cos nosos maiores (Centro de día III)

Graduación de Educación Infantil

O 21 de xuño o alumnado de 6° de educación infantil graduouse, acabou este ciclo e chega o momento de ir para primaria. Despois de recoller o diploma de graduación, todo o alumnado do ciclo merendou e bailou nunha boa festa.

Álbum: Curso 22-23 -> Acto de Graduación EI

Excursión fin de Curso Educación Infantil

O alumnado de Educacion infantil esta semana visitou as instalacións da Granxa Escola de Serantellos en Cambados. Alí disfrutaron de xogos, coidado e alimentación dos animais, elaboración de pan, plantaron na horta,... disfrutaron dunha xornada de convivencia durante todo o dia.

Álbum: Curso 22-23 -> Excursión fin de curso Educación Infantil

Visita da escola municipal de música

O venres 26 de novembro recibimos a visita da Escola Municipal de Música de Cuntis. Realizaron unhas divertidas actividades co noso alumnado de educación infantil. Aquí tedes unha mostra desta actividade.

PERÍODO DE ADAPTACIÓN EN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Achegamos a organización do período de adaptación na educación infantil.

Este período, seguindo a orde do calendario escolar do curso 2021-2022, abrangue desde o 9 de setembro ata o 21 de setembro. (Para consultar o período, premede na imaxe de abaixo)

Día Mundial da Diabetes

Conmemorando o Día Mundial da Diabetes visitou o centro Raquel Queizás para contar ao alumnado de 5º de Educación Infantil, o conto de "Nano e a diabetes".

Esta actuación foi posible grazas a colaboración de ANEDIA (Asociación Nenos e Nenas con Diabete en Galicia).

 

PERIODO DE ADAPTACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL.

Publicamos as quendas e os horarios dos grupos do periodo de adaptación da educación infantil. Lembramos que este período abrangue desde o 10 de setembro ata o 30 de setembro.

4ºA de educación infantil

4ºB de educación infantil

 

PLAN PROXECTA. PROTEXE OS ANIMAIS: "MERRY NON É UN XOGUETE"

Aquí vos amosamos o vídeo que fixo o alumnado de 6ºB de Educación Infantil. Este stop motion chamado "Merry non é un xoguete" é para concienciar á comunidade educativa d e utlizar os animais como agasallo.

Esta actividade está enmarcada dentro do plan Proxecta: "Protexe os animais" no que está participando o alumnado de Educación Infantil do CPI.

Esperamos que vos guste.

Distribuir contido


by Dr. Radut