Skip to Content

Actividades conxuntas

Excursión aos museos científicos de A Coruña (EI e 1º ciclo de EP)

O martes 30 de abril, o alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria visitou a cidade de A Coruña para disfrutar do Acuario, do Planetario e da Casa das ciencias. Aínda que chegaron moi cansadiños aprenderon moito e pasárono moi ben. Abaixo vos deixamos unhas imaxes da excursión.

Álbum: Curso 23-24 -> Saída Museos Científicos EI e 1º ciclo EP

23 ABRIL. Lecturas na Rúa

Outro ano máis, o 23 de abril, Día Internacional do Libro, fixemos por compartir lecturas co resto da escola e coa veciñanza que quixese escoitar.

Cada titoría escolleu os textos que quería ler, houbo quen remexeu na biblio á procura daquel conto que tanto lle gustara cando aínda era bebé, ensaiou para non trabar nas sílabas e veña!, de paseo pola Vila do Baño para lermos ao aire libre. O día solleiro axudou a que a actividade fose pracenteira, aínda que o nordés ás veces turraba para pasar páxina e acabarmos antes.

Repartímonos en grupos que mesturaban etapas (EI, EP, e ESO) e concentrámonos na Praza das Árbores, no palco da música, no paseo do río, no 3x3, no Convento… Compartimos adiviñas, dramatizacións de contos, poemas rimados, poemas cantados, e mesmo cocoricos e vacas victorias.

Porque non hai mellor libro que aquel que compartimos.

 

Álbum: Curso 23-24 -> Lecturas na Rúa

23 ABRIL. Libros Alterados (Queremos ser... artistas)

Para conmemorar o día do Libro desde cada aula ,este ano, fixemos unha intervención en libros procedentes da expurgación da Biblioteca para transformalos en obras artísticas.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que fixeron os/as artistas do CPI.

Álbum: Curso 23-24 -> Libros alterados

DÍA NA EF NA RÚA

O mércores 17 de abril conmemorouse como cada ano o Día da Educación Física na Rúa promovido polo COLEF de Galicia. A idea da conmemoración desta data é dar a coñecer a importancia da actividade física diaria e a promoción da saúde na escola a través das diferentes sesións da área de Educación Física. Con este obxectivo propuxéronse diferentes actividades en diferentes rúas do concello de Cuntis.

O alumnado de Educación Infantil realizou un percorrido de habilidades motores na Rúa Xosé María Lastra.

O alumnado do 1º ciclo de Educación Primaria combinou o traballo de habilidades motoras básicas e actividades con paracaídas.

O alumnado do 2º ciclo de Educación Primaria xogou ao Twincon na praza da Constitución.

O alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria xogou ao Datchball no 3x3 situado na zona do Espadenal.

Aquí tedes unha mostra das actividades realizadas.

Álbum: Curso 23-24 -> DÍA DA EF NA RÚA

Xogos de Cooperación e xogos de sempre. (Centro de día V)

Como cada mes, este pasado marzo os usuarios e usuarias do centro de día achegáronse ao noso centro para realizar actividades cos distintos cursos. Nesta ocasión tocoulles ao alumnado de 6º de educación Primaria.
A actividade consistía en realizar un traballo conxunto para acadar a meta do xogo con grupos mixtos de maiores e crianzas. Todos pasaron un bo rato disfrutando cos distintos xogos.

Álbum: Curso 23-24 -> Xogos de Cooperación. Xogos de sempre (Centro de día V)

Encontros de clubs de lectura

Este luns 11 de marzo, boa parte das integrantes dos Clubs de lectura (e escritura) do centro participou nunha saída ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. 
Por unha parte, participamos no Encontro de Clubs de Lectura que organiza o Salón, xunto con centros de Pontevedra e Poio. Puidemos escoitar ao poeta Lois Pérez, presentamos as nosas lecturas e actividades, coñecemos o traballo dos outros Clubs e participamos nun concurso en que gañamos libros para a nosa biblio. 
Ademais, despois de xantar, no Salón tiveron a ben abrir a exposición un pouco antes da hora para que nós poidesemos facer a visita e ver a nosa colaboración: o kamishibai elaborado polo alumnado do Club de EP. 
Aínda tivemos tempo para dar un paseo pola Illa das Esculturas.

Álbum: Curso 23-24 -> Encontro Clubs de Lectura

8 M:Traballo no que me presta (Quero ser...)

Como este ano andamos a voltas co que queremos ser, para o 8M propuxémonos, desde as titorías, reflexionar sobre se hai profesións de homes e profesións de mulleres. E pensamos en mulleres da nosa contorna (familia, amizades, veciñanza) que traballen en espazos tradicionalmente masculinizados. 
Con todas elas creamos esta Exposición: TRABALLO NO QUE ME PRESTA, porque as queremos de referentes para sermos o que queiramos ser, sen prexuízos de xénrero. 
A exposición dá a benvida na entrada da escola e andará estes días tamén polos comercios de Cuntis. 
Agradecemos a todas as mulleres participantes a súa colaboración.

Álbum: Curso 23-24 -> 8M- O traballo que me presta

Día de Rosalía: Caldo de Gloria e Queremos ser... Rosalía)

Por mor do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro celebramos no cole o día de Rosalía.

Houbo diversas actividades centradas na figura da poetisa.

Unha delas e, relacionada co tema transversal: Que quero ser?, chamámola: Quero ser... Rosalía, na que o alumnado da ESO participou no seguinte vídeo dando as razóns polas que lle gustaría ser a poetisa.

 

Outra delas foi a realización do Caldo de Gloria. Partindo do poema de Rosalía: "Miña casiña, meu lar" o alumnado de 5º de Educación Primaria elaborou este caldo seguindo a receita orixinal que marca o poema. Queremos agradecer a colaboración de Rubén Navia que nos visitou nesta xornada e dounos consellos moi valiosos de como elaborar este caldo.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra fotográfica desta xornada.

Álbum: Curso 23-24 -> Día_de_Rosalía (Caldo de Gloria)

Entroido: Que Quero ser!

Por mor da climatoloxía este ano tivemos que celebrar o Entroido en dous actos. O primeiro acto tivo lugar o venres 9 de Febreiro onde degustamos as diferentes viandas aportadas polas familias.

O segundo acto acto foi o venres 16 onde levamosa cabo o desfile polas rúas de Cuntis e escenificamos as diferentes montaxes no patio do cole.

Este ano o tema transversal do PDI do centro é: Que Queremos ser!  polo que vimos unha variedade de disfraces como podían artistas circenses, deportistas, músicos e músicas, cociñeiras, superhéroes e superheroinas, youtubers, pintores e incluso algunha que outra xubilada.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da xornada.

Álbum: Curso 23-24 -> Entroido_Que_quero_ser

Xa vén o Entroido!

Distribuir contido


by Dr. Radut