Skip to Content

Actividades conxuntas

San Valentín no CPI

Este ano celebramos o San Valentín cun concurso de postais coordinado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. O trato era escribir unha dedicatoria amorosa a un obxecto de uso habitual, non a persoas. A acollida foi super amorosa. Participou o alumnado de Primaria e Secundaria e entre os obxectos elixidos estaban o móbil, as lentes, a mochila, a lingua galega, as mascotas... En fin, postais cheas de amor e creatividade a partes iguais.

Ollade que bonito nos quedou o corredor central, coas postais do alumnado.

DÍA DA PAZ. XOGOS COOPERATIVOS.

O día 7 de febreiro, xa que as condición climatóloxicas foron adversas, conmemoramos o día da paz coa celebración da primeira edición dos xogos da paz. A actividade consistiu en superar diferentes retos cooperativos por parte do alumnado e profesorado do centro.

Aquí vos deixamos diferentes mostras das actividades.

 

 

 

Aquí podedes consultar fotos das actividades:

CICLO DE CINEMA (DEREITOS HUMANOS)

Coincidindo coa celebración do día paz, no CPI desenvolveuse un ciclo de cinema sobre os dereitos humanos, onde todo alumnado do centro visionou diferentes filmes que despois traballáronse na clase. Os nosos paraguas do corredor central, desta volta,convertíronse na carteleira do cineclube.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da actividade.

 

Os filmes seleccionados foron os seguintes:

  • Cuerdas (Educación infantil)
  • Chicken run.Evasión en la Granja (1º EP)
  • The box (2º EP)
  • De la India a París en un armario de Ikez (3º e 4º de EP)
  • La sal de la tierra (5º de EP)
  • Cadena de favores (6º de EP)
  • Persépolis (1º da ESO)
  • Promises (2º da ESO)
  • También  la lluvia (3º da ESO)
  • El gran dictador (4º da ESO)

 

VISITA DOS PAXES REAIS

Como cada ano, o luns 16 de decembro, recibimos aos paxes reais que visitaron ao alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra desta visita.

A ÁRBORE SOLIDARIA

Facendo unha chiscadela ao noso tema transversal: "Somos diferentes, Somos iguais. Os dereitos humanos", no noso centro decidimos facer unha árbore solidaria onde as familias depositaban xoguetes e alimentos. Estas achegas foron donadas a Cáritas de Cuntis.

Grazas pola colaboración das familias do CPI.

OS NOSOS PARAGUAS PARTE I e II

Este curso decidimos encher o corredor principal do centro con paraugas que se adaptan as diferentes festividades e conmemoracións do CPI.

Presentamos unha pequena evolución desde o magosto/samaín ata o Nadal.

Estade moi atentos a estes trebellos, xa que irán mudando ata o remate do curso.

 

VISITA AO CENTRO DE DÍA

Este mércores 18 de decembro o alumnado de 6ºB de Educación Infantil, 2º de Educación Primaria e 6º B de Educación Primaria visitaron o centro de día de Cuntis. Alí representaron actuacións que incluíron desde a música, pasando polo teatro e o baile.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da actividade.

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O Martes 17 de Decembro conmemorouse o Día Internacional da discapacidade no CPI, cunha charla de Susi Fandiño, da asociación Avanzar, que lle contou ao alumnado da ESO as súas vivencias a súa infancia até o de agora.

O alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria participou durante este mes de decembro, como vén sendo tradicional, no concurso de debuxos e de redaccións promovidos pola xente de Avanzar. Os premios destes concursos entregáronse no festival de inverno para o alumnado, que se  celebrou o xoves 19 de decembro.   

 

FESTIVAL DE INVERNO

Como ven sendo tradición no CPI por estas datas, imos celebrar o festival o día 20 de decembro.

Este curso traballamos como tema transversal os dereitos humanos e poderemos ver diferentes propostas que terán relación co tema elixido.

Picando na imaxe poderedes consultar o programa do festival.

Distribuir contido


by Dr. Radut