Skip to Content

Actividades conxuntas

ENTROIDARTE. (QUE ARTE TES!. CAPÍTULO IV)

Este ano celebramos o Entroido dun xeito diferente, xa que non podiamos facer o desfile tradicional de todos os anos. Aquí vos deixamos dous vídeos, un que amosa o resultado final do entroido e outro que amosa o proceso que levamos a cabo para celebrar esta festa.

 

Picando na foto de abaixo, podedes acceder á galería de fotos do entroido.

O alumnado de 6º de EP tivo que celebrar o entroido máis tarde. Aquí vos deixamos o vídeo do seu baile:

30 X. DÍA DA PAZ CINEARTE. (QUE ARTE TES!. CAPÍTULO II)

O 29 de xaneiro conmemoramos o día escolar da non violencia e a paz a través do cinema co ciclo: Cinearte.

 

Festival de Inverno: Unha escola de artistas

 A partir de mañá día 22 de Decembro a partir das 10:00h estará dispoñible o festival de inverno deste ano.

Pinchade nas ligazóns de abaixo e desfrutade coas actuacións.

Image Map

25N. A NOSA VACINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, reflexionamos sobre cal é a solución para acabar con esta lacra.

Plasmamos as nosas reflexións no corredor principal do centro.

Aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo.

 

20N. Día Universal da Infancia.

Neste día unímonos a iniciativa da ASEAF (Asociación Estatal de Acollemento Familiar) que reivindica o dereito de todos os nenos e nenas a ter unha familia.

 

CELEBRAMOS O MAGOSTO E O SAMAÍN

O Venres 30 de outubro celebramos o Magosto e o Samaín.

Os rapaces e rapazas puderon vir decorados para a celebración.

Fixemos obradoiros de temática relacionado co Samaín, practicamos xogos tradicionais e mesmo tivemos cinema relacionado coa celebración destas datas.

Premede abaixo para ver as fotos.

REUNIÓNS INFORMATIVAS PROTOCOLO COVID-19

No día de hoxe comezamos a ter xuntanzas presenciais coas familias para comentar convosco a aplicación do protocolo COVID no centro.

Unha vez comprobado que os tempos das xuntanzas e o necesario entre elas para desinfección son os adecuados, publicamos os horarios das seguintes, das que tamén seredes informadxs vía TokApp ou telefónica:

 Día 7 de setembro:

  • 2º de Educación Primaria: 9:00h
  • 4º A de Educación Primaria: 10:00h
  • 4º B de Educación Primaria: 11:00h
  • 3ºA de Educación Primaria: 12:00h
  • 3ºB de Educación Primaria: 13:00h.
  • 1º de Educación Secundaria: 16:30h.
  • 2º de Educación Secundaria: 17.30h.

 

Día 8 de setembro:

  • 1ºA de Educación Primaria: 9:00h
  • 1ºB de Educación Primaria: 10:00h
  • 5ºA de Educación Primaria: 11:00h
  • 5ºB de Educación Primaria: 12:00h
  • 3º de Educación Secundaria: 13.00h
  • 4º de Educación Secundaria: 16.30h

Para evitar aglomeracións e cumplir as indicacións do protocolo COVID será preciso:

  • Unha persoa por familia, sen alumnado acompañando.
  • Vir provistos/as de máscara.
  • Esperar fóra do centro a ser chamados/as.

ACCESO ÁS ACTIVIDADES

Co fin de facilitar o acceso ás familias aos contidos que traballaremos neste período sen clases presenciais. Achegamos os enlaces ás diferentes canles elixidas polos diferentes docentes:

Educación Infantil: Blogue de educación infantil

1º Educación Primaria: Páxina web do centro

2º Educación Primaria: Bloque de 2º

3º Educación Primaria: 3ºA: Muro virtual 3ºA

                                   3ºB: Muro virtual 3ºB

4º Educación Primaria: 4ºA: Muro virtual 4ºA

                                   4ºB: Muro virtual 4ºB

5º Educación Primaria: Acceso a Edixgal

6º Educación Primaria: Blogue de 6º

 

ESO: Para o alumnado dos diferentes cursos da ESO, os contidos serán publicados na Aula Virtual.   Os cursos estarán abertos ao alumnado e familias, polo que non é preciso utilizar contrasinais. Os alumnos e alumnas de 1º de ESO que estaban a traballar na aula edixgal, seguirán traballando esas materias na aula edixgal e o resto na aula virtual.

 

8M. Dereitas e humanas

Para conmemorar o día Internacional da Muller, no corredor central preséntase diferentes propostas para traballar ese día e relacionalo co noso tema transversal que son os Dereitos Humanos.

As actividades que se poden realizar son actividades de relacionar mulleres activistas con frases célebres, consultar bibliografía sobre a conmemoración, asociar mulleres co dereito que defendeu, redactar biografías das activistas ou escribir unha reflexión sobre este día.

Aquí vos deixamos unha mostra de como quedou o corredor central.

 

CHEGA O ENTROIDO.

Distribuir contido


by Dr. Radut