Skip to Content

Actividades conxuntas

Unha volta a Cuntis (Magalhaes-Elcano XI)

Despois dunha longa viaxe polo mundo, o alumnado de Educación Primaria adicouse a coñecer un pouco máis Cuntis. O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria a través dun xogo de pistas e o alumnado de 5º e 6º de EP facendo unha carreira de orientación.

Aquí vos deixamos imaxes das actividades.

Álbum: Curso 21-22 -> Unha volta a Cuntis

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: LER NO CAMIÑO. (Magalhaes-Elcano X)

O 20 de maio conmemoramos o día das letras galegas.

O alumnado do centro camiñou ata diferentes lugares de Cuntis: Praza da Constitución, Praza das Árbores, Palco da Música, Centro de día, Castrolandín e Monumento para dar lectura a diversos fragmentos de libros, poemas, cancións facendo especial fincapé en obras de Florencio Delgado Gurriarán. Aqui tedes unha mostra da actividade.

Álbum: Curso 21-22 -> LER NO CAMIÑO (LETRAS GALEGAS)

27A. DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

Como cada ano a finais de abril o centro únese á conmemoración a do día da Educación Física na Rúa, onde aproveitamos diferentes lugares de Cuntis para practicar actividade física.

Aquí vos deixamos o album de imaxes desa celebración. Picade na imaxe e veredes o que fixemos.

 

Álbum: Curso 21-22 -> DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

8M. Aquelas chaladas nos seus tolos cacharros (Magalhaes-Elcano VIII)

https://www.google.es/

ENTROIDO (Magalhaes-Elcano VII)

Aquí vos deixamos diversas imaxes da celebración do Entroido.

Os disfraces deste ano están relacionados coa expedición da 1ª volta ao mundo que é tema transversal deste curso.

 

UN MAR DE DESEXOS. (Maghalaes-Elcano VI)

O venres 28 de xaneiro conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz con diferentes actividades:

  • Un ciclo de cinema
  • Entre todos/as decoramos o corredor cos desexos que lanzamos ao mar
  • Saímos á rúa para colgar os nosos desexos polas rúas de Cuntis.

Abaixo podedes ollar un resumo das actividades realizadas.

"UN MUNDO PASO A PASO: O FESTIVAL".(Magalhaes-Elcano V)

Aquí vos deixamos "un mundo paso a paso: O festival". Clicade para ver as diferentes propostas.


Árbores pola sustentabilidade (Magalhaes-Elcano III)

Seguindo co noso proxecto de centro "A volta ao mundo de Magallanes e Elcano por un mundo sustentable" o noso alumnado realizou unha repoboación simbólica polos corredores do colexio, utilizando materiais de refugallo. Clicando nas imaxes tedes unha mostra das árbores do outono.

 

25N. DE MULLER EN MULLER. (Magalhaes-Elcano II)

Para conmemorar o 25N no cole realizamos diferentes actividades:

  • Creamos un xogo chamado: "De muller en muller", no que tratamos de coñecer a mulleres que deron voltas ao mundo e os atrancos que tiveron para facelo na época na que viviron.

  •  Decoramos as cancelas do centro con chaves, para pechar as portas á violencia e abrilas á liberdade.

  • No corredor de infantil visibilizamos os atrancos que teñen as mulleres para desenvolverse no mundo actual.

  •  Despedimos o día sumando quilómetros para a nosa volta ao mundo virtual realizando a nosa particular "Andaina Violeta" polo casco urbán de Cuntis.

 
Se queredes ver máis fotos das diferentes actividades clicade nas imaxes.

25N. DE MULLER EN MULLER INTERACTIVO. (Magalhaes-Elcano I)

Aquí vos deixamos a versión interactiva do xogo "De muller en muller".

Distribuir contido


by Dr. Radut