Skip to Content

A nosa historia

Así era o antigo centro escolar de Cuntis

 

 

Antigo edificio do grupo escolar ubicado no lugar da Feira, onde agora se atopa a casa consistorial do concello de Cuntis.

Cómo xurde o CPI D. Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis

O Centro foi creado segundo a Lei xeral de educación de 1970 para impartir Ensinanza Xeral Básica (E.X.B.). Nun principio, o centro estaba dividido en dous edificios ( un deles estaba na praza da feira). No centro da feira impartíanse a E.I. e 1º ciclo de E.X.B. (posteriormente, primaria) namentres que no centro da rúa da Palma, impartíanse o resto dos niveis.

Coa entrada en vigor da LOXSE e a ampliación da escolaridade obrigatoria ata os 16 anos; o centro experimentou unha ampliación para acoller a tódalas etapas do ensino obrigatorio básico e unificando no mesmo centro a tódalas etapas que se imparten actualmente.

No ano1.999, o Decreto 7/1999 creou os CPI, pasando dende entón a denominarse CPI Aurelio Marcelino Rey García. Atópase situado na rúa José Mª Lastra.

 

Así pois, o CPI abrangue as etapas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria, integradas nun centro único situado no norte da provincia de Pontevedra, en Cuntis.



page | by Dr. Radut