Skip to Content

Ed. Primaria

Facemos Queixo

 proba

Álbum: Curso 22-23 -> FACEMOS QUEIXO

VISITA AO CONCELLO: PREOCUPADOS POLO RURAL DE CUNTIS

O venres 18 de novembro, o alumnado de 4º EP do CPI Aurelio Marcelino Rey García fomos ao Concello de Cuntis porque preocúpanos o abandono do medio rural da contorna. Reunímonos co alcalde e fixémoslle preguntas sobre o Concello: que se fai alí, como funciona, quen participa do goberno local...
Despois visitamos a sala de reunións e o despacho do alcalde.
Álbum: Curso 22-23 -> PREOCUPADOS POLO RURAL (VISITA AO CONCELLO)

20N: XOGAMOS COS NOSOS MAIORES.

O venres 18 de novembro, o alumnado de 4º EP do CPI Aurelio Marcelino Rey García, fomos ao Centro de día para compartir os nosos xogos cos avós.  O obxectivo, era conmemorar con eles o Día da Infancia, e recordarlles os momentos nos que foron nenos. Foi unha experiencia moi boa.

Álbum: Curso 22-23 -> DÍA DA INFANCIA

REPOSTERÍA DE OUTONO. VISITA AO CENTRO DE DÍA.

O Venres 11 de Novembro o alumnado de 1° de EP fixo unha visita ao centro de dia para compartir cos nosos maiores dunha xornada de " reposteria de outono"

 

Álbum: Curso 22-23 -> Obradoiro de repostería co centro de día

CORRE, CORRE CABACIÑA POR 4ºA

O xoves 3 de novembro, os nenos e nenas de 4º A de primaria, recibiron a visita dos usuarios do Centro de Día de Cuntis co motivo da conmemoración  do Samaín. O alumnado representoulles o conto "Corre corre cabaciña", e os maiores agasalláronlles cunhas sobremesas chamadas Dedos de Bruxa, feitas por eles mesmos.

Álbum: Curso 22-23 -> CORRE, CORRE CABACIÑA

Día das Bibliotecas

O luns 24 de outubro coincidindo co dia das bibliotecas o alumnado de 1° e 2° fixeron unha visita á biblioteca de Cuntis para coñecela, e disfrutar dun contacontos.
Álbum: Curso 22-23 -> DÍA DAS BIBLIOTECAS

"Arqueocampo. A verdade está no fondo"

Durante a semana do 4 ao 8 de abril, o noso alumnado de educación primaria participou nunha actividade de arqueoloxía de forma práctica e participativa. Esta tivo lugar na Biblioteca Municipal, e por unhas horas, os nenos e nenas convertéronse en arqueólogos e arqueólogas simulando o traballo que estes desenvolven (escavación, clasificación dos materiais atopados, tratamento de mostras, representación, ...)

Aquí tedes unha mostra desta actividade.

Álbum: Curso 21-22 -> Arqueocampo

"Arqueocampo. A verdade está no fondo"

Durante a semana do 4 ao 8 de abril, o noso alumnado de educación primaria participou nunha actividade de arqueoloxía de forma práctica e participativa. Esta tivo lugar na Biblioteca Municipal, e por unhas horas, os nenos e nenas convertéronse en arqueólogos e arqueólogas simulando o traballo que estes desenvolven (escavación, clasificación dos materiais atopados, tratamento de mostras, representación, ...)

Aquí tedes unha mostra desta actividade.

 

Saída ao cinema.(Magalhaes-Elcano IV)

O luns 29 e o martes 30 de novembro, o noso alumnado de educación primaria asistiu aos Minicines Central en A Estrada para ver a película  de animación  "Elcano y Magallanes: la primera vuelta al mundo", para coñecer como foi a viaxe do tema transversal que traballamos este ano.

EXCURSIÓN Á ILLA DE ONS

O día 23 de xuño o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria fixeron unha excursión de fin de curso á illa de Ons. Pola mañá fixeron a ruta ata o faro e pola tarde, despois de xantar, un xogo de pistas.

Picade abaixo se queredes ver algunhas imaxes da mesma.

Distribuir contido


by Dr. Radut