Skip to Content

Ed. Primaria

DÍA EUROPEO DA SOLIDARIEDADE INTERXERACIONAL

 O venres 28 de Abril o alumnado de 4º A e os/as usuarios/as do centro de día de Cuntis levaron a cabo una actividade conxunta paera conmemmorar este día.

 Adicáronse a percorrer a vila analizando as numerosas barreiras arquitectónicas existentes que dificultan o día a día das persoas con mobilidade reducida.

Álbum: Curso 22-23 -> Día da Solidariedade Interxeracional

DÍA DA EF NA RÚA

O Día 26 de Abril conmemoramos, como ven sendo habitual, o día da EF na rúa.

Neste caso o alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria fixo un xogo de pistas no parque da praza da constitución e o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria unha carreira de orientación polas rúas de Cuntis.

O alumnado de Educación Infantil conmemorouno o venres 28 de abril facendo un percorrido e xogos co paracaídas na rúa Xosé María Lastra.

A idea desta xornada é quitar as clases de Educación Física á rúa para visibilizar o traballo que se realiza nesta materia do currículo

Álbum: Curso 22-23 -> DÍA DA EF NA RÚA

Xornada de Badminton

O alumnado de 4º de primaria disfrutou dunha xornada de convivencia arredor do deporte do badminton que tivo lugar o día 20 de abril no pavillón Coto do Ferreiro na Estrada.

Tiveron a oportunidade de xogar partidos contra alumnado do CEIP Perez Viondi, CEIP Villar Paramá, CEIP de Figueroa, CEIP de Oca, CEIP Cabada Vázquez e o Colexio de Lourdes.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da actividade.

Álbum: Curso 22-23 -> XOGADE badminton

Plan Proxecta Aliméntate Ben: Ti si que es un bo peixe

O alumnado de educación infantil e educación primaria participou nos obradoiros da modalidade de "Ti si que es un bo peixe" englobado no Plan Proxecta + Aliméntate Ben.

Dentro do mesmo programa o alumnado de 2º e 4º de Educación Primaria fixeron unha saída para coñecer o proceso do marisqueo desde a mesma praia ata o sistema de selección no porto e na lonxa.

Aquí vos deixamos unha mostra das diferentes actividades

Álbum: Curso 22-23 -> Ti si que es un bo peixe

Repoboando Cuntis: "A Volta ao Mundo: Episodio final"

O día 21 de marzo o alumnado do 1º e 2º ciclo replantou unha zona da comunidade de montes de Trasponte. Plantáronse 150 árbores autóctonas, dando por rematado o tema transversal do ano pasado. Estas árbores son froito da suma de quilómetros coa que a comunidade educativa do cole conseguiu dar a volta ao mundo de xeito virtual no curso pasado.

Esta actividade completouse cunha charla didáctica impartida por Toño Ñeira, docente e enxeñeiro forestal, que descubriu todos os segredos da xestión do monte en mancomún e das especies que habitan nel ao alumnado de 4º de Educación Primaria.

Álbum: Curso 22-23 -> REPOBOANDO CUNTIS

MiniMozart. Auditorio de Galicia (2º ciclo).

O venres 3 de marzo o alumnado de 3° e 4° de primaria foron ao Auditorio de Galicia , en Santiago de Compostela, para asistir ao concerto didáctico "Mini Mozart". Puideron gozar da música de Mozart interpretada pola Real Philarmonía de Galicia. Despois fixeron un percorrido pola zona vella, facendo unha parada na praza do Obradoiro.

Álbum: Curso 22-23 -> AUDITORIO DE GALICIA: MINIMOZART

Saída a Pontevedra (2º ciclo de EP)

O luns 27 de febreiro, o alumnado de 2º ciclo de Educación Primaria asisitu a unha obra de teatro chamada"Nautilus" que versaba sobre a contaminación dos océanos.

Despois fixemos un xogo de pistas pola zona monumental de Pontevedra para coñecela un pouco mellor.

Aquí tedes unhas imaxes da xornada.

 

Álbum: Curso 22-23 -> Saída a Pontevedra 2º ciclo

Xornada de Campo a Través por equipos

O día 1 de febreiro o alumnado de 2º e 3º de Educación primaria participaron no campionato escolar provincial de campo a través. A proba tivo lugar en Moraña e está enmarcada dentro do programa Xogade de deporte escolar.

Álbum: Curso 22-23 -> CAMPO A TRAVÉS (Moraña)

Excursión museos científicos de A Coruña (2º ciclo)

O día 30 de xaneiro o alumnado de 2º ciclo realizou unha excusrión aos museos científicos de A coruña, onde visitaron o Acuario e a Domus- Casa do Home.

 

Álbum: Curso 22-23 -> Excursión Museos de A Coruña (2º ciclo)

3D: DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Para conmemorar este día o alumnado de Educación Primaria no tempo de recreo vivenciu como sería ser unha persoa con diversidade funcional. Practicaron diferentes deportes e actividades físicas e cotiás convertíndose en persoas con discapacidade motora ou visual.

 

Álbum: Curso 22-23 -> 3D: DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Distribuir contido


by Dr. Radut