Skip to Content

Ed. Primaria

COCIDO SINFÓNICO

O martes 11 de Novembro os alumnos de 1º e 2º de primaria fomos a ver a obra “Cocido Sinfónico” da compañía Os tres tenedores . Trátase dun espectáculo que mestura teatro, humor e música.

As portas deste peculiar restaurante abríronse para ofrecernos as músicas máis saborosas acompañadas dos pratos máis suculentos e innovadores.

Pasámolo moi ben: rimos moito e gozamos da escoita da música interpretada en directo.

Se queredes ver fotos premede aquí.

VIVIR EN SAÚDE NO COLEXIO

 

Este xoves 30 de outubro o alumnado do primeiro e segundo ciclo de primaria desfrutaron dunha actividade na que aprenderon dun xeito divertido o importante que é ter unha alimentación saudable e facer un chisquiño de exercicio para medrar e triunfar coma campións e campionas na nosa vida diaria.

Tiramos moitas fotos nesta xornada e podedes velas premendo nesta foto ou entrando na nosa galería de fotos.

 

Atención á diversidade

A principios de decembro tivemos a sorte de realizar no noso centro uns obradoiros relacionados co tratamento da Diversidade e a Discapacidade, co obxectivo de achegar ós rapaces de 2º,4º e 6º de primaria ó concepto de diversidade presentando esta como algo cotiá.
 
As persoas que impartiron o obradoiro foron Lara Arribas e Aloia Lema, psicólogas vinculadas profesionalmente á atención das persoas con diversidade funcional en diferentes áreas (vivenda, atención de día, emprego, promoción da autonomía...). Dende fai catro anos levan a cabo un programa para a promoción da autonomía persoal das persoas con discapacidade psíquica que desenvolve o Concello de Cuntis a través do Departamento de Servizos Sociais.
 
Para traballar  utilizaron sobre todo a guía "Diferentes. Guía ilustrada sobre la diversidad y la discapacidad"  editada  recentermente pola Fundación Adecco e OHL. Podedes descargalo en pdf.
 
A cada grupo presentáronlle diferentes tipos de discapacidades, nos 3 niveis trataron de abordar as físicas, psíquicas e sensoriais, presentándoas a través dunha personaxe protagonista con unha historia persoal propia e única, que facilitase a familiarización do alumnado coa discapacidade.
 
Tamén se empregaron nos diferentes obradoiros apoios audiovisuais para o traballo da lingua de signos (os medios de transporte, os animais e as froitas) así como un conto "El Cazo de Lorenzo" (para explicar a discapacidade de xeito metafórico) e unha curtametraxe "El viaje de María" (que nos achega ás persoas con autismo).
 
Dende aquí agradecer a este colectivo a súa colaboración.
 
Esperamos repetir experiencia o vindeiro curso. enlace fotos

Escola de Música Municipal de Cuntis

O pasado venres día 27 de outubro acudiron ao centro os profesores encargados da  Escola de Música Municipal de Cuntis, acompañados de algúns músicos mostraron ao alumnado de Educación Primaria o que poden facer con diferentes instrumentos.

Animaron ao alumnado e as familias a formar parte da Escola que oferta actividades creativas e educativas dende os 3 anos.

  • Musica e movemento de 3 a 7 anos.
  • Linguaxe musical a partir dos 7 anos: práctica instrumental con nocións básicas de linguaxe musical.

Instrumentos: oboe, clarinete, saxofón, fagot, trompa, trompeta, tombón, bombardino, tuba, percusión, piano, guitarra e violín.

Os interesados poden chamar o teléfono 650188329

 

Distribuir contido


by Dr. Radut