Skip to Content

Ed. Primaria

Programa de RCP na aula

O alumnado de secundaria do CPI Aurelio Marcelino Rey García estivo aprendendo nas sesións de educación física os protocolos de actuación da cadena de supervivencia dentro do programa de RCP na aula.
Neste video explicannos a súa experiencia cos contidos de soporte vital básico e como foron capaces de trasmitir os seus coñecementos ao alumnado de 5º e 6º de primaria.
 
 
 

Casa do Patrón

O martes 3 de maio, os alumn@s de 3º e 4º de primaria visitaron a Casa do Patrón en Lalín.

Alí, recorreron o seu gran museo etnográfico onde viron, entre outras moitas cousas, utensilios e ferramentas que se usaban antigamente en diferentes oficios (algúns xa olvidados), unhas antigas escolas, unha taberna, un forno, unha forxa tradicional...

Pero ademais da visita ao museo, os nen@s tamén puideron comprobar eles mesmos como se fan os queixos e os cestos de forma artesá nos obradoiros de queixería e cestería.

 

Museo etnográfico                 Queixería                                       

 

  Cestería                               Descansos

  

Obradoiro de Maxia

Este pasado venres 29 de abril o alumnado de sexto de primaria fixo unha exhibición de Maxia para os seus compañeiros e compañeiras de primaria. Despois de participar nun obradoiro de maxia co Mago Cali durante dous trimestres por fin chegou o momento de por en práctica e visibilizar todo o aprendido. 

Premede nas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos e veredes canto traballaron, canto aprenderon e como disfrutaron desta experiencia.

                            

Día da Terra

 

 Escoita atentamente estos poemas e non esperes máis, axúdanos a coidar do planeta.

 

 

Bandanza

Bandanza?? Que é Bandanza?? Se llo preguntades aos alumnos/as de 3º e 4º de primaria diranvos que esa palabra nace da mestura entre a música da Banda Municipal de Santiago e os bailes de salón.
 
 
A pesar de non acompañarnos o bo tempo, ao saír do auditorio de Galicia, visitamos brevemente a catedral de Santiago de Compostela; ata entramos pola Porta Santa.
 

Concurso de Doazón e Transplantes 2016

 Un ano máis o noso centro participará no concurso de Doazón e Transplantes 2016 co alumnado de quinto de primaria. Este traballo dos nosos/as rapaces e rapazas desenvólvese dentro do marco dun dos doce proxectos dos Plans Proxecta de Innovación educativa da Xunta de Galicia nos que participa o noso centro, o proxecto "SALVAVIDAS" da Consellaría de Sanidade.

Podedes albiscar un chisquiño do traballo de concienciación e sensibilización que están recibindo os nosos/as alumnos/as visitando a nosa galería de fotos ou premendo en calquera destas imaxes.

            

Visita a Apípolis

Os cativos e cativas de 1º e 2º curso de Primaria foron de excursión o martes 5 de abril a Pontevedra. Visitaron a casa das abellas de Xeve, a chamada “Apípolis” onde aprenderon a importancia das abellas para o ser humano e a natureza e onde probaron a facer riquísimas galletas, degustaron doce mel, fixeron a súa propia vela de cera e viñeron esgotados/as de tanta diversión e coñecementos adquiridos.

Coma sempre podedes botarlle un ollo ás fotografías que nos tiraron as mestras premendo nestas imaxes ou entrando na nosa galería de fotos.

                       

Día Internacional da Muller. 8 de marzo.

O alumnado de primaria e infantil participou en diferentes actividades para conmemorar o Día da Muller e visibilizar este problema social.

Os maiores, 5º e 6º, realizaron uns traballos cos seus notebooks para presentar  a mulleres que destacan ou destacaron nalgún deporte ao resto do centro. O resultado proxectarase durante os recreos desta semana no corredor principal do centro.

O alumnado de 4º A e B preparou unhas biografías e uns contos para mostralos nas aulas de Infantil,  1º, 2º e 3º de EP.

Este foi o resultado, se queredes ver as fotos premede nas imaxes.

 

 

Sogama e cubertas da catedral de Santiago de Compostela

O luns 25 de xaneiro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º puideron visitar o centro medioambiental de SOGAMA situado en Cerceda. Alí contáronnos e enseñáronnos o que facían co lixo dos contedores amarelos e dos xenéricos que lles chegan de case todos os concellos de Galiza.

Para aproveitar a viaxe, a volta paramos en Santiago de Compostela onde disfrutamos das vistas do casco antigo dende as cubertas da catedral.

 

      

UN PARTIDO POLO PLANETA

O domingo 29 de novembro culminou a Semana Europea da Prevención de Residuos 2015 que se vén celebrando desde o sábado 21.

No CPI Aurelio Marcelino Rei García tivemos a sorte de contar co xogo xigante “Un partido polo planeta”, xestado conxuntamente pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Sogama. O taboleiro reproduce un campo de fútbol no que os equipos avanzan cara a portería contraria co ánimo de marcar gol. Pero para iso, deben superar unha serie de probas nas que deixarán constancia da súa aprendizaxe e habilidades no referente a xestión do lixo de forma sostible.

Por último, destacar a visita durante a mañá do venres 27 do presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación, Manuel Corredoira López, ao noso centro para presenciar un dos nosos partidos.

Enlace a noticia:  Por unha Galicia sostible

Un partido polo planeta

Distribuir contido


by Dr. Radut