Skip to Content

Ed. Primaria

SAIDA Á PANADARÍA. 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O martes 20 de marzo o alumnado de 2º de primaria fomos facer unha visita á panadaría de Cuntis onde nos atenderon a panadeira e a axudante mentras o repartidor estaba levando pan aos domicilios. Explicáronnos como se fai o pan ( ingredientes, feitura...), tipos de productos que ofertan ( blotes, bolos, empanadas, roscas...) e por suposto practicamos nós amasando, dándolle forma, levando á bandexa e despois vimos como se facía no forno. Finalemente probamos rosca e esperamos que sairan os nosos boliños. 

Xa no colexio, compartimos cos nosos compañeiros e compañeiras de primeiro de primaria un dos nosos boliños e a experiencia que vivimos nesta xornada, velaquí unhas fotos...

    

Teatro "Garbancito na barriga do boi". 1º e 2º de Primaria.

Este xoves 1 de marzo, os cursos de 1º e 2º de Educación Primaria realizaron unha saída a Pontevedra para ver a obra de teatro "Garbancito na barriga do boi". Unha historia con imaxes representativas e monicreques ,musicada en directo que nos falaba dun diminuto protagonista que se adentra nun reino de mentiras dentro da barriga dun animal.

Podedes botarlle un ollo ás fotos premendo nesta imaxe ou visitando a nosa galería.

A NUTRICIONISTA LIDIA FOLGAR VISITA AO ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA

O venres 2 de febreiro a nutricionista, exconcursante do programa de televisión Masterchef, e veciña de Caldas de Reis, Lidia Folgar visitou o noso centro para dar unha charla sobre alimentación aos/as nenos/as de 2º de Educación Primaria. Faloulles de hábitos saudables, da importante presenza do azucre en moitos alimentos e bebidas, e da necesidade da concienciación dende rapaces para ter mellor saude no presente e de cara ao futuro.

Foi unha visita moi interesante para os/as cativos/as como podedes ver nas seguintes fotos...

          

Teatro "Zapping". 4º-5º-6º de Primaria.

Este mércores 31 de xaneiro o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tivo unha clase de Inglés moi especial. Viaxaron a Pontevedra para desfrutar dunha obra de teatro na lingua extranxeira a través da cal puxeron en práctica as destrezas de escoita e fala interaccionando cos protagonistas da obra.

Como podedes ver premendo nestas imaxes, pasárono moi ben e desfrutaron aprendendo dun xeito diferente.

                                  

O ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA COÑECE A LOITA OLÍMPICA

O Programa XOGADE- Deporte Escolar organizou unha xornada para o alumnado de 4º de primaria coa idea de fomentar o interese pola modalidade olímpica da Loita. O profesorado tivo que formarse no Centro de Tecnificación Deportiva en Pontevedra, elaborar unha unidade didáctica e levala a cabo nas súas clases. Despois, na mañá do 25 de xaneiro, todo o alumnado de 4º de primaria do CPI Aurelio Marcelino, xunto co alumnado doutros centros educativos de A Estrada xuntouse no Pavillón Municipal de A Estrada para unha demostración das habilidades de loita olímpica adquiridas na súa formación.

Podedes ver algúns dos momentos vividos desta xornada premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería de fotos.

                   

SAÍDA AO MERCADO DE 2º DE PRIMARIA

O pasado 13 de decembro as aulas de segundo de Educación Primaria fomos visitar o mercado de Cuntis. Alí recibíronnos para amosarnos os tres postos que hai: a froiteira ensinounos as súas saborosas froitas e verduras; a peixeira amosounos a varidade de peixes que se mercan e venden; e a carniceira tamén nos mostrou as apetecibles carnes de vaca, porco, ave e coello cos que traballa. Logo fóra do mercado vimos as fotos en branco e negro do noso pasado cuntiense.

Premede nesta imaxe e poderedes ver algún dos momentos tan xeitosos que pasamos coas nosas mestras nesta actividade....

CIENCIA OU MAXIA. EXPERIMENTOS PITEAS PARA A EP

Este pasado venres 1 de decembro tocoulle o turno ao alumnado de terceiro a sexto de primaria de vivir a experiencia da maxia científica. Unha vez máis o profesor de Bioloxía e divulgador científico e colaborador PITEAS, David Ballesteros, comparteu con todos nós os seus experimentos científicos que semellan maxia; da man das súas ensinanzas aprendimos que estudando, curioseando e sobre todo investigando o que nos rodea a ciencia é accesible a todos/as e pode resultar moi divertida.

Premendo nestas imaxes podedes ver algunhas fotos que nos quitaron as/os mestras/es....

    

Teatro "Rubicundo". 3º e 4º de Primaria.

O pasado luns 20 de novembro o alumnado de terceiro e cuarto de primaria asistiu ao teatro de Pontevedra para ver a obra de teatro "Rubicundo" na que desfrutaron cantando e interaccionando coas curiosas personaxes da obra.

A continuación, plano en man, fixeron un percorrido polas prazas máis coñecidas da cidade de Pontevedra seguindo o itinerario que eles/as mesmos/as marcaran previamente. Uns grandes exploradores!

Coma sempre, aquí podedes ver unhas fotos da xornada visitando a nosa galería de imaxes ou premendo nestas fotos....

       

Novas masculinidades e feminidades. Obradoiros de Igualdade.

O alumnado de primeiro a cuarto curso de Primaria participou na xornada do xoves 16 de novembro dunha serie de obradoiros sobre Igualdade de Xénero, "Novas masculinidades e feminidades" impartidos no noso centro en colaboración do Concello de Cuntis. 

A través de contos, historias, debuxos e actividades moi amenas a nosa rapazada traballou e ideou varios lemas de vida para un Mundo da Igualdade onde "todas e todos somos importantes" e onde "todas e todos somos o que queremos ser".

Coma sempre, premede nestas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos, e podedes ver algúns dos momentos vividos....

   

Visita a Campiño e Lourizán

O alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria está a desenvolver unha serie de actividades de concienciación medioambiental e coidado dos montes e árbores de Galicia. Unha das actividades que levaron a cabo e que máis impactou ao alumnado nestes días de traballo foi a visita á base aérea contraincendios de O Campiño onde os brigadistas e demáis persoal desta base lles amosou cómo era o seu traballo e como usaban todo o equipamento do que dispoñen para a prevención e extinción de incendios coma os camións motobombas, o helicóptero, os seus traxes, as mangueiras, etc.

A rapazada desfrutou dun día moi divertido e puido comprobar como era a vida e traballo destes profesionais compartindo con eles/as unha xornada de convivencia moi especial.

Podedes botarlle un ollo ás fotos que sacaron os/as mestres/as e coas que seguirán traballando na aula premendo nas imaxes ou visitando a nosa galería de fotos.

            

Distribuir contido


by Dr. Radut