Skip to Content

Ed. Primaria

A caixa misteriosa

Hoxe ao chegar a clase atopamos unhas caixas misteriosas. Ao abrilas, descubrimos unha serie de obxectos estraños. Que serán?

Reflexionamos por grupos sobre "Que vemos", "Que pensamos", "Que nos preguntamos"...

Álbum: Curso 23-24 -> Comer e rañar I

Día mundial da infancia (centro de día: actividade II)

O luns 20 de novembro tivemos unha visita moi especial. As señoras e señores do centro de día de Cuntis viñeron ao colexio a compartir con nós un tempo de lecer e aprendizaxe . Primeiro os nen@s fixemos unha pequena representación polo día internacional da infancia e despois compartimos experiencias e aprendizaxes sobre as formas de vida noutros tempos, os xoguetes que tiñan... O peón resistíusenos a nen@s e maiores pero, aínda así, aprendemos e pasámolo moi ben. Grazas pola vosa visita!

Álbum: Curso 23-24 -> 20N. Día mundial da infancia (Centro de día II)

Comer e rañar!

O martes 7 de novembro visitou o centro Óscar Vidal, cociñeiro do restaurante Asador O Pazo. O restaurante foi galardoado cunha estrela Michelín no ano 2022.

Esta visita forma parte do proxecto "Comer e rañar" que está a traballar o alumnado de 5º de EP. Este proxecto xira ao redor das profesións relacionadas coa cociña, no marco do PDI de centro que esta curso denomínase: "Que quero ser"

Na primeira parte da actividade Óscar falou da súa traxectoria como cociñeiro. Ao rematar a mesma o alumnado entrevistouno sobre aqueles aspectos que lle espertaban máis curiosidade.

Como sobremesa realizouse un obradoiro onde aprenderon a elaborar un petisco doce do menú do seu restaurante chamado "Peido de lobo".

Queremos agradecer a Óscar a súa participación desinteresada no noso proxecto.

Álbum: Curso 23-24 -> Comer e rañar

Colaboración co centro de día: Actividade I

O venres 27 de Outubro o alumnado de 5º de EP visitou aos usuarios do centro día para facer a primeira das actividades previstas durante este curso.

Esta actividade: "Presentación para xerar vínculos" consistiu en realizar unha dinámica de presentación a través da creación dun mural representativo con nome e gustos de cada un dos participantes.

 

Álbum: Curso 23-24 -> Centro de día (Presentación)

Excursión fin de Curso 1º ciclo

O pasado venres 23 de xuño o alumnado de 1º ciclo fixo unha excursión á Illa de Sálvora. Para iso tomaron un autobús a Ribeira e desde alí colleron o barco cara a illa. Xa en Sálvora coñeceron a illa e a antiga aldea facendo un pequeno roteiro e pola tarde, na praia, fixeron xogos con auga e puideron disfrutar da praia.

 

Álbum: Curso 22-23 -> Excursión 1º Ciclo

Excursión fin de Curso 3º ciclo

Os días 19 e 20 de Xuño o alumnado de 3º ciclo fixo unha excursión de fin de etapa á illa de Ons, que serviu para coñecer a illa e despedir, no caso do alumnado de 6º, a etapa de Educación primaria.

Aquí tedes unha pequena mostra do que fixeron.

 

Álbum: Curso 22-23 -> Excursión 3º ciclo

Excursión 2º ciclo

O mércores 14 de xuño tivo lugar a excursión de fin de curso do alumnado de 2º ciclo. A mañá empezou cunha visita ao Centro  de Investigación Forestal de Lourizán onde puidemos visitar os seus xardíns e contemplar árbores de unha beleza extraordinaria.

Máis tarde nos diriximos a disfrutar do Parque dos Sentidos onde xantamos, para máis tarde dirixirnos ao Ecoparque de Marín onde puidemos realizar difeoirentes cirtuítos arbóreos con pontes tibetanas e tirolinas.

Foi un día estupendo e pasámolo xenial!!

 

 

Álbum: Curso 22-23 -> Excursión 2º ciclo

Xornada de Atletismo en Pista (5º EP)

O xoves 25 de maio o alumnado de 5º de Educación Primaria participou nunha xornada de práctica de atletismo en pista con alumando do CEIP Figueroa, CEIP Pérez Viondi, CEIP Villar Paramá, CEIPP de Oca e o Colexio Nosa Señora de Lourdes.

Practicaron diferentes modalidades de atletismo como lanzamento de peso, iniciación ao lanzamento de xavelina, salto de lonxitude, carreiras de velocidade, medio fondo e de relevos.

O encontro foi organizado pola Agrupación Deportiva Escolar de A Estrada e tivo lugar nas pistas de atletismo de As Canteiras de Cuntis. Aquí vos deixamos unha pequena mostra da actividade.

Álbum: Curso 22-23 -> Encontro de Atletismo en pista 5º

DÍA EUROPEO DA SOLIDARIEDADE INTERXERACIONAL

 O venres 28 de Abril o alumnado de 4º A e os/as usuarios/as do centro de día de Cuntis levaron a cabo una actividade conxunta paera conmemmorar este día.

 Adicáronse a percorrer a vila analizando as numerosas barreiras arquitectónicas existentes que dificultan o día a día das persoas con mobilidade reducida.

Álbum: Curso 22-23 -> Día da Solidariedade Interxeracional

DÍA DA EF NA RÚA

O Día 26 de Abril conmemoramos, como ven sendo habitual, o día da EF na rúa.

Neste caso o alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria fixo un xogo de pistas no parque da praza da constitución e o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria unha carreira de orientación polas rúas de Cuntis.

O alumnado de Educación Infantil conmemorouno o venres 28 de abril facendo un percorrido e xogos co paracaídas na rúa Xosé María Lastra.

A idea desta xornada é quitar as clases de Educación Física á rúa para visibilizar o traballo que se realiza nesta materia do currículo

Álbum: Curso 22-23 -> DÍA DA EF NA RÚA
Distribuir contido


by Dr. Radut