EDLG
SAMAÍN NO SEQUELO
Enviado por laurarialf o Mér, 01/11/2023 - 14:09Durante esta semana os corredores do cole enchéronse do Samaín.
Elaboramos tarxetas de pantasmas nas que dentro incluímos palabras relacionadas co sentimento do medo. Tamén fixemos uns botes moi monstruosos.
Coa colaboración das familias fixemos exposicións de cabazas.
Ademais, na clase elaboramos debuxos (EI, 1º e 2º) e contos terroríficos (3º,4º,5º e 6º).
No seguinte vídeo podédeslle botar unha ollada.
O propio día do Samaín xuntámonos todo o cole para cantar e interpretar en Lingua de Signos a canción "No Samaín" de Paco Nogueiras coa axuda da profe Montse.
Os de 3º léronlle lendas e adiviñas na biblio aos de 4º e logo os de 4º léronlle un conto feito por eles e elas mesmas.
Por último, a ANPA preparounos unha casa terrorífica onde puidemos disfrutar dun momento de intriga e curiosidade e un altar de defuntos mexicano onde puidemos debuxar e recordar a algúns dos nosos seres queridos. Moitas gracias pola vosa colaboración e parabéns por todo o traballo!
PASÁMOLO EN GRANDE NESTE SAMAÍN 2023!
O Sequelo cociña...edición Samaín
Enviado por laurarialf o Mar, 31/10/2023 - 23:52Estreamos "O Sequelo Cociña" coas achegas dos pequenos e pequenas do cole. Aquí tendes as receitas tan ricas e monstruosas que vos queren amosar. Que boa pinta!
Moitas grazas familias!
O Sequelo cociña
Enviado por laurarialf o Mar, 31/10/2023 - 21:40Este ano queremos presentarvos un novo proxecto: O Sequelo cociña. Nesta sección compartiremos receitas propostas polos nenos e nenas en colaboración coas familias. En cada festividade poderedes atopar como cociñar cousas deliciosas!
Mitoloxía Galega. A Santa Compaña.
Enviado por inesduran o Mar, 31/10/2023 - 19:08Un Samaín responsable
Enviado por laurarialf o Sáb, 28/10/2023 - 18:13No cole xa empezamos a notar o Samaín e para ser consciente á hora de escoller o noso disfraz, os máis peques do cole tiveron unha charla sobre o consumo responsable. Nela puideron comprender a importancia de reciclar e reutilizar os disfraces e tamén como saber se son seguros e axeitados para nós atendendo ás etiquetas. Acabaron a charla creando a súa propia máscara para este Samaín!
Campionato escolar zonal de campo a través
Enviado por Belen o Mar, 17/10/2023 - 22:40O pasado xoves 5 de outubro celebrouse este campionato no campo de fútbol de San Pedro. No noso centro obtivemos varias medallas e diplomas. Noraboa a todos e todas!
San Miguel-Danza de Espadas
Enviado por laurarialf o Ven, 29/09/2023 - 23:49Hoxe é San Miguel! Por iso, dende o noso cole quixemos celebralo un pouquiño. Dende o Ateneo Santa Cecilia algúns cursos recibimos unha pequena charla para así manter e coñecer un pouquiño máis esta festa do noso pobo. Algúns compañeiros e compañeiras tamén viñeron vestidos segundo a tradición.
Ademais, os de 4º xunto coa profe Belén, a profe Ruth, a teacher María e a profe Laura fixemos, de acordo coas cores propias deste día, unha decoración moi chula para o cole. Mirade que ben quedaron!
Benvida ao curso 2023/24.
Enviado por Miguel o Xov, 14/09/2023 - 00:00Ola. O alumnado de 2º de primaria fixo este vídeo para darvos a benvida a este novo curso que comenza. O curso do 50 aniversario do CEIP Sequelo.
Papiroflexia con Luis Freire: A pinga
Enviado por josean o Lun, 26/06/2023 - 00:07Aquí remata a serie de episodios de Papiroflexia presentada por Luis Freire de 6º, con esta elaboración dunha pinga de auga, pertencente ao traballo sobre a auga que levou a cabo a súa aula dentro da PDI "Protexo o meu planeta..."
IX Certame de Relato Curto das Fanpas de Pontevedra
Enviado por josean o Dom, 25/06/2023 - 16:202 anos de traballo na escritura creativa, que tiveron como brúxula en todo momento no eido narrativo a literatura infantil de Gianni Rodari e moi especialmente o seu libro "Juegos de Fantasía", rematamolos coa participación neste Certame, no que conseguimos que 11 dos textos chegasen a ser finalistas. Deses 11, 2 foron sinalados entre os 5 finalistas destacados. Nesta labor de 2 anos fomos recompilando distintos textos escritos que para este certame e outros sacamos do baúl, de tal xeito que algúns deles estaban realizados o ano pasado. Parabéns a os 23 que foron quen de sacar algo valioso que contar.
Algúns dos finalistas:
O libro que se edita cos relatos axiña estará na nosa biblioteca, e coa sinatura dos autores
Certame de relato Curto "Falarei"
Enviado por josean o Dom, 25/06/2023 - 15:59Entre os alumnos de 6º gustou moito a campaña "Falarei" coa icónica vaca das lentes escuras, e decidiron participar no certame de relatos curtos que se promovía, onde había que imaxinar a Galiza do futuro, onde a imaxinaron con 4 equipos de fútbol galegos en primera, nun mundo robotizado, ou nunha Galicia case apocaliptica baleira. E dende Feiraco tiveron a ben agasallalos con estes estoxos.
"VIAXE EN TREN". Teatro de 2º EP
Enviado por Anónimo o Mar, 20/06/2023 - 01:22Por fin chegou o día da representación. Hoxe, os de 2º, despois de moitos días de ensaio e preparación de escenografía (máscaras, disfraces, tren,...) puidemos por en escea a peza teatral "Viaxe en tren", de Euloxio R. Ruibal, para todo o colexio. Esperamos que vos gustase; nós pasámolo moi ben. QUE NUNCA SE PERDA A MAXIA DO TEATRO!
III Festival de curtametraxes Aii Mo. S. A.
Enviado por josean o Dom, 11/06/2023 - 17:17Xunto co Ceip Reibón Moaña, o IES María Soliño de Cangas, o IES JOHAN CARBALLEIRA de Bueu, o IES Plurilingüe A Paralaia e o IES As Barxas de Moaña participamos o sábado día 12 na festa do audiovisual dos centros educativos do Morrazo onde os alumnos expoñen o seu talento e as súas creacións ao longo do ano.
Que é que, no muíño do Señor José? (II)
Enviado por josean o Xov, 08/06/2023 - 23:09Ao redor dos muíños naceu unha rica tradición oral en forma de cantigas, adiviñas e ata trabalinguas como este que te invitan a repetir Antón e Abel. Unha rica tradición oral que era quen de manter viva e en funcionamento a transmisión interxeracional da lingua.
A canle do muíño de Xosé é unha obra de enxeñería moi interesante que se abastece do río 200 metros para arriba do muíño en paralelo ao río e aproveita o desnivel propio do río para desviar a auga.
1. Punto de desvío
Tramos de Canle
Durante algún tramo vai encanado baixo da estrada
Ao final incluso se aproveita como lavadoiro
A PREGUNTA É QUE OUTRO NOME SE LLE DÁ Á CANLE DO MUÍÑO, POR ESA UTILIDADE SÚA DE "LEVAR" O AUGA AO MUÍÑO?
Falarei e falarei
Enviado por josean o Xov, 08/06/2023 - 01:17A partir da campaña que polas letras galegas creou unha coñecida marca de leite galega, e utilizando a marca distintiva de Fernández del Riego, as súas gafas; os alumnos de 6º aproveitaron para traballar a rica fraseoloxía galega ao redor do verbo falar.
Que é que, no muíño do Señor José
Enviado por josean o Mér, 07/06/2023 - 22:12Está semana e dentro do Proxecto no que o centro está traballando, os de 6º non podían menos que coñecer e ben a fondo, o muíño do noso veciño José, que está a rentes do colexio. Os muíños de auga son calqueira cousa menos máquinas simples, máquinas que moitos deles hoxe están en desuso, pero o noso veciño tivo a amabilidade de abrírnolo para amosarnos como moía e abrirnos o INFERNO onde puidemos ver.
QUE COUSA DANDO VOLTAS?
Contestade nos comentarios
Axiña unha exposición máis detallada da nosa interesante visita
Papiroflexia con Luís Freire: "A rá"
Enviado por josean o Mér, 07/06/2023 - 22:03Outro capítulo máis das habilidades de Luís Freire para o Origami; desta vez algo un pouquichiño máis complicado, a rä.
Que podemos facer nós polo noso planeta.
Enviado por Anónimo o Mér, 07/06/2023 - 19:25Os alumnos de 2º xuntámonos por equipos. Preguntámonos que podiamos facer para protexer o noso planeta. Tivemos que chegar a acordos para plasmar as ideas máis importantes nun mural,sen repetirnos. Démonos conta de que non é doado poñernos a todos de acordo... pero é necesario aprender a facelo!
Como podemos protexer o noso planeta. de Ramon Pastoriza
IX Certame de relato curto das Fanpas de Pontevedra
Enviado por josean o Lun, 05/06/2023 - 00:36Entre os 63 relatos seleccionados entre os alumnos dos centros de primaria da provincia de Pontevedra para estar no libro que cada ano editan Kalandraka e as fanpas de Pontevedra. tivemos a sorte de que 12 fosen alumnos do noso centro. O traballo xa está feito, xa se logo son seleccionados finalistas ou gañan o certame, como pasou noutros anos, benvido sexa; máis a profundización na escrita creativa é o que a nós nos interesa e iso conseguímolo. Parabéns aos 12 e ao resto que xa se sabe que estas cousas é por gustos de xurado.
Ai Mosa: Duelo ao Sol
Enviado por josean o Dom, 04/06/2023 - 22:47Ai Mosa é o festival de curtametraxes de centros escolares do Morraso. Este ano quixemos estar xunto ao IES María Soliño de Cangas, o IES A Paralaia, o IES As Barxas e o CEIP Reibón de Moaña; e o IES Johán Carballeira de Bueu.
A nosa modesta colaboración é este "Duelo ao Sol"
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »