Abril 2016

CHARLA SOBRE OS MAIOS

A pesar de todolos pesares, de avaliación discontinuas, de finais de etapa, de excursións de fin de curso adiantadas; nos seguimos como todolos anos promovendo as nosas tradicións dende o Equipo de Normalización, facendo forza nunha delas onde o galego está normalizado como en ningunha, os Maios. Procuramos traer todolos anos a alguén cunha certa relevancia no estudio desta festa tan nosa e hoxe foi o turno de Manuel Anxo Mendez, que coñece moi de primeira man a historia dos maios de Marín e de outras moitas vilas, e que fixo gala dunha infinita paciencia. 

E xa que estamos agradecervos a todos a vosa colaboración no aporte de materiais para a feituría do maio. Podedes seguir traendo e o que queira colaborar connosco, na tarde do sábado facemos horas extras sen retribución a partir das 16:15.

Onte estivo connosco tamén Ana Belén Castro, nai dunha das alumnas que lles amosou aos rapaces, como se traballa coa vimbia para facer unha coroa

 

COPLA DA EMBARCACIÓN XIANA

Por fin a copla da Xiana coa Melodía da Embarcación Santos de 1954 que dúas mozas do rueiro da Igrexa Vella, lembraban. Incribel como pode ser a mente humana. Se o escoitaron foi daquela e lembraban outras melodías que xa iremos ensaiando. 

 

Exposición "Marín sabe a Mar".

Os alumnos de 5º de primaria explicáronlle aos demais alumnos do colexio o uso dos diferentes obxectos e aparellos relacionados coa historia da súa vila, que aportarou todo o alumnado para elaborar esta exposición, que teñen que ver co mar e co proxecto deste curso escolar "Marín sabe a Mar".

 

E CHEGOU O MAIO: GUIA PARA ELABORAR COPLAS

Seguindo a estructura que apuntou Clodio González Pérez e as peculiaridades propias dos maios de Marín, fixemos isto para que os nosos alumnos saiban como facer unha copla dos maios. Sabemos que as hai que teñen crítica de todo o que se move, como a area. A nos gustanos máis así; que os tempos son outros?, e que é pura invención? Sempre o foi, cando non

O traballo está enfocado a que teñan exemplos para poder comezar a facer coplas e así o fixeron, que no camiño aprenderon outras moitas de hai 50 anos e algún día as van usar como propias...A fin de contas non é no que basa a música tradicional? 

Coma os maios somos parte dun ciclo constante e infinito, onde todos somos rodas de transmisión. Se esa roda se rompe malo. Salvo un par de estrofas foráneas todas son de maios de Marín de entre 1953 e 1980. O tema dos barcos non o tocamos polo de agora

 

COPLA DO MAIO MARIÑEIRO

Neste taller de Coplas de maios que fixeron os de 6º aproveitamos moi ben o tempo: traballamos rima, metáforas, versificación, personificación, paralelismos, anáforas, versos encadeados e sobre todo o máis noso, quen fomos e quen somos.... Un grupo sacou 16 estrofas, outro 5, outro 4 e o outro as 3 que se pediron a cada un. O contrato era: o profe fai a metade e os alumnos a outra e o que quedou foi algo moi, moi digno. O profe por subirlles a autoestima menciona que amosou xa a copla e a xente non foi quen de distinguir de quen era que, do boa que era. Resposta: e que ti profe, escribes coma un neno pequeno. Isto dito por unha das rapazas máis serias da clase. Aghuantate los machos e baila! emoticona smile Este foi o noso traballo axiña subiremos o manual que fixemos para traballar os maios. Transmisión, transmisión e transmisión é a clave, para que o día de mañá haxa destas 20 preas, dous que saiban escribir coplas de Maios ao estilo de Marín

Visita de X.H. Rivadulla Corcón.

Onte, 4 de abril, visitounos o poeta, narrador, dramaturgo e guionista, X.H. Rivadulla Corcón. Falou e respostou ao alumnado de 6º de primaria sobre a novela que están a ler: " Os piratas da illa da Esperanza" e que trata da lealtade e da amizade.

Deixámosvos tamén un pequeno vídeo da súa visita.

 

AbalarMóbil

Deixamos aquí a información referente ao AbalarMóbil que xa está dispoñible no noso centro. Para os códigos QR, podedes descargar o lector de códigos gratuito QR Unitag. Así, ao escanear os códigos que aparecen nesta páxina, xa vos envía ás páxinas de descarga do Abalar Móbil ou as guías para o seu emprego. Se tedes algunha dúbida, podedes preguntar no centro.

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.