PLAMBE

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. Incorporámonos a este programa no curso 2021-2022 cunha dotación de 5.600 euros.

Papiroflexia con Luis Freire: A pinga

Aquí remata a serie de episodios de Papiroflexia presentada por Luis Freire de 6º, con esta elaboración dunha pinga de auga, pertencente ao traballo sobre a auga que levou a cabo a súa aula dentro da PDI "Protexo o meu planeta..."

IX Certame de Relato Curto das Fanpas de Pontevedra

2 anos de traballo na escritura creativa, que tiveron como brúxula en todo momento no eido narrativo a literatura infantil de Gianni Rodari e moi especialmente o seu libro "Juegos de Fantasía", rematamolos coa participación neste Certame, no que conseguimos que 11 dos textos chegasen a ser finalistas. Deses 11, 2 foron sinalados entre os 5 finalistas destacados.  Nesta labor de 2 anos fomos recompilando distintos textos escritos que para este certame e outros sacamos do baúl, de tal xeito que algúns deles estaban realizados o ano pasado. Parabéns a os 23 que foron quen de sacar algo valioso que contar.

Algúns dos finalistas:

O libro que se edita cos relatos axiña estará na nosa biblioteca, e coa sinatura dos autores

Certame de relato Curto "Falarei"

Entre os alumnos de 6º gustou moito a campaña "Falarei" coa icónica vaca das lentes escuras, e decidiron participar no certame de relatos curtos que se promovía, onde había que imaxinar a Galiza do futuro, onde a imaxinaron con 4 equipos de fútbol galegos en primera, nun mundo robotizado, ou nunha Galicia case apocaliptica baleira. E dende Feiraco tiveron a ben agasallalos con estes estoxos.

 

Biblio-Verán

 

  A petición do alumnado a través do buzón de suxerencias, vaise iniciar o préstamo de lecturas para o verán, para pasar tamén algúns momentos de aventuras sen se mover do sitio.

O luns e o martes próximos farase dende a biblioteca o préstamo de 5 libros que serán devoltos na primeira semana de curso, nada máis empezar o curso 2023-2024.

Os nenos e nenas que o desexen poden escoller libremente os seus títulos, previa comunicación aos titores. 

 A Nosa Mascota da Biblioteca

Tuxiña 

 Traballando en equipo dende a Biblioteca do CEIP SEQUELO MARÍN

 

 

III Festival de curtametraxes Aii Mo. S. A.

Xunto co Ceip Reibón Moaña, o IES María Soliño de Cangas, o IES JOHAN CARBALLEIRA de Bueu, o IES Plurilingüe A Paralaia e o IES As Barxas de Moaña participamos o sábado día 12 na festa do audiovisual dos centros educativos do Morrazo onde os alumnos expoñen o seu talento e as súas creacións ao longo do ano.

 

Que é que, no muíño do Señor José? (II)

Ao redor dos muíños naceu unha rica tradición oral en forma de cantigas, adiviñas e ata trabalinguas como este que te invitan a repetir Antón e Abel. Unha rica tradición oral que era quen de manter viva e en funcionamento a transmisión interxeracional da lingua.

A canle do muíño de Xosé é unha obra de enxeñería moi interesante que se abastece do río 200 metros para arriba do muíño en paralelo ao río e aproveita o desnivel propio do río para desviar a auga.

1. Punto de desvío

Tramos de Canle

Durante algún tramo vai encanado baixo da estrada

Ao final incluso se aproveita como lavadoiro

 

A PREGUNTA É QUE OUTRO NOME SE LLE DÁ Á CANLE DO MUÍÑO, POR ESA UTILIDADE SÚA DE "LEVAR" O AUGA AO MUÍÑO? 

Falarei e falarei

A partir da campaña que polas letras galegas creou unha coñecida marca de leite galega, e utilizando a marca distintiva de Fernández del Riego, as súas gafas;  os alumnos de 6º aproveitaron para traballar a rica fraseoloxía galega ao redor do verbo falar.

Papiroflexia con Luís Freire: "A rá"

Outro capítulo máis das habilidades de Luís Freire para o Origami;  desta vez algo un pouquichiño máis complicado, a rä.

IX Feria do libro usado

Dende o CEIP de Seixo e O CEIP de Ardán invítannos a participar na IX Feira do Libro Usado. Os nenos e nenas poden traer ao colexio, cando queiran, os libros que desexen canxear por un vale (1 libro= 1 vale). Estes vales poderán ser empregados o sábado 17 para  intercambiar, por outros libros,  nos diferentes postos que estarán instalados na alameda. 

IX Certame de relato curto das Fanpas de Pontevedra

Entre os 63 relatos seleccionados entre os alumnos dos centros de primaria da provincia de Pontevedra para estar no libro que cada ano editan Kalandraka e as fanpas de Pontevedra. tivemos a sorte de que 12 fosen alumnos do noso centro. O traballo xa está feito, xa se logo son seleccionados finalistas ou gañan o certame, como pasou noutros anos, benvido sexa; máis a profundización na escrita creativa é o que a nós nos interesa e iso conseguímolo. Parabéns aos 12 e ao resto que xa se sabe que estas cousas é por gustos de xurado.

Ai Mosa: Duelo ao Sol

Ai Mosa é o festival de curtametraxes de centros escolares do Morraso. Este ano quixemos estar xunto ao IES María Soliño de Cangas, o IES A Paralaia, o IES As Barxas e o CEIP Reibón de Moaña; e o IES Johán Carballeira de Bueu.

A nosa modesta colaboración é este "Duelo ao Sol"

A de auga

Baseado nos microclips de Mans Unidas, os alumnos de 6º realizaron este vídeo para concienciarnos no colexio da importancia do aforro dun ben escaso como é o auga.

Tecnicamente é moi mellorable, especialmente no que toca ao racord, pero dos erros tamén se aprende e máis que dos acertos, que tamén os hai, como o plano detalle que utilizan.

Xornada Pho3nix

 

Hábitos de vida saudables

Os Maios da Ascensión

Hai case 100 anos que a tradición de que os Maios de Marín saísen ademais polo día da Ascensión se perdera. Tivo unha recuperación fugaz cara a 1954, e é dende o ano pasado que o Maio Mariñeiro do CEIP Sequelo a recuperou.  Neste segundo contamos coa colaboración do Maio de Loira e de dúas artistas do mundo dos maios como son María e Isabel Aguete Soage, e xuntos saíimos cantar polas rúas de Marín baixo o nome do Maio da Chave....de Loira.  Ademais ,grazas á colaboración do Museo do Mar, como no ano anterior, acompañounos o Río Lameira para o cal utilizouse a mesma melodía que en 1954 utilizara a carroza triunfal que daquela saíra pola Ascensión.  A embarcación é obra dun veterano do mundo dos maios Antonio Rodríguez de 96 anos e que participara nos maios de 1936 e nos contaba como xa o seu pai o fixera antes.

De primeira man os nosos alumnos coñeceron outras tradicións de maio, dentro da propia vila, as do rural, cunhas características propias de seu. 

Todo o material xerado no día (fotos e coplas), enviouse como o ano pasado ao Museo do Pobo Galego, por mediación do seu secretario Clodio González Pérez, o maior estudioso desta tradición.

Moi agradecidos ao Concello e a Concelleira de Cultura polo seu apoio en todo momento, para o desenvolvemento da actividade, facilitando o transporte do Maio dende a parroquia veciña de Loira

Maio da Chave

Embarcación Río Lameira

 

Entrevista aos de Infantil

Por primeira vez os de 4º de Primaria e os de Infantil, baixo a dirección das súas profes, Alba e Andrea atrevéronse a fedellar coa nosa radio escolar e os resultados foron simpáticos, pero ao mesmo tempo moi profesionais, nunha entrevista onde os máis pequenos entre outras cousas contannos como vén o noso centro. Ben feito rapaces e profes!!

Noticiario Francisco Fernández del Riego

 

Día a día, imos aprendendo de quen leva máis tempo ca nós coa radio escolar. Gustounos moito o estilo de noticiario duns compañeiros de Mijas (Málaga) e os nenos foron quen de adaptar a estructura. Fixeron un bo traballo, que aínda sería mellor sen uns "erros de gravación" que nos obrigou a gravar a última parte dende a casa por teléfono. O resultado malia iso foi estupendo.

    NOTICIARIO:

 

Noé axudou aos animais. Infantil

 

Falando do PDI en Infantil,

"Protexo o meu planeta protéxome eu"

tamén falamos de Noé.

Un home bo que axudou a salvar do diluvio

á súa familia e aos animais.

 

O Arco da vella foi o sinal

que todos entenderon como o final do desastre.

Telediario dende o Ceo

 

Algunhas curiosidades dende ceo

do telediario que fixeron os compañeiros de 6º  na clase de Relixión.

Que curioso!!!!

 

Estas son algunhas das curiosidades que os compañeiros de 4º seleccionaron para este noticieiro dende o Ceo.

 

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.