blogue deBelen

Pavillón decorado para a visita dos futuros alumnos/as!

Este venres os alumnos e alumnas de 4ºA, decoraron o pavillón con material de Educación Física, para que os nenos e nenas da EEI O Grupo e Nosa Señora do Carme, que viñeron a visitarnos, poidesen xogar. 

Deixárono moi bonito!, como mostran estas fotos:

Educación Física para a Paz

Dende a área de Educación Física, esta semana estamos disfrutando con xogos cooperativos con motivo do Día da Paz e a Non Violencia.

Deixamos algunhas imaxes.

FROITA NO RECREO!

Durante esta semana e a próxima teremos froita no recreo! 

De todos e todas é sabido que nos aportan auga, vitaminas, minerais, fibra e diferentes compostos beneficiosos para o organismo. Cada vez é menos frecuente ver aos nenos e nenas merendar froita nos recreos!

As quendas son:

Luns: pera.

Martes: mazá.

Mércores: plátano.

Xoves: fresa ou froitos vermellos.

Venres: mandarina.

 

Grazas á axuda do FOGGA e Froitas Moncho que a reparte.

Carreira de campo a través

Este xoves pasado os nenos e nenas de 2º a 6º curso, tiveron a oportunidade de correr cos compañeiros/as dos colexios veciños. Pasaron 22 "atletas" para participar no campionato Provincial que se celebrará este sábado, 1 de febreiro, no parque de Castrelos (Vigo).

Noraboa a todos e todas polo esforzo e interese mostrado, a pesares de que se aplazou por mor do tempo, varias veces.

Deixo este vídeo que amosa algunhas das imaxes desta carreira.

https://gopro.com/v/96EZmJgDOwa33

Imaxinación e creatividade no tempo de recreo!

España vs Japón

Onte tivemos a oportunidade de ver as xogadoras xaponesas de fútbol sala! Estiveron adestrando a porta pechada e firmáronnos todas o seu autógrafo, ademais regaláronnos unha camiseta asinada por todas da súa equipación oficial.

Desexámoslle moita sorte para o partido que se disputará esta tarde, ás 20 horas no pabillón municipal da Raña, contra España!

 

Temos ravos!

Levamos os ravos (rábanos) para plantar na horta da casa!

A nosa horta

Plantamos hortalizas de outono e están medrando moito!!

Canción da Reanimación (RCP desde mi cole)

Os nenos e nenas de 2º curso cantaron e practicaron a canción da RCP, baseándose na páxina web "RCP desde mi cole".

Para o próximo curso seguiremos aprendendo mais desta páxina tan valiosa e necesaria para todos e todas! 

Como di o lema do primeiro proxecto "Coas túas mans podes salvar vidas"

Visita a Vigo cos alumnos e alumnas de 5º curso

Coñecemos as partes do estadio de Balaídos. Repuxemos forzas no parque do Castro e fixemos unha ruta, aguantando a calor!

Disfrutando do Fútbol Sala cos adestradores do Ancoradouro!

Os profesionais do Ancoradouro viñeron ao noso pavillón a ensinarnos algúns xogos e valores que ten este deporte, destacando a figura do árbitro. 

Os nenos e nenas de 1° a 3° curso pasámolo xenial, aprendemos moito!!

Carreira Escola Naval

Atletismo en pista- 5º curso

Outra das actividades coa profe Rebeca, que xamais esqueceremos. Pasamos unha xornada especial, como se pode apreciar no vídeo. Moitas grazas!! 

Educación Física na Rúa 2019 (vídeo completo)

En agradecemento ao traballo da profesora Rebeca. Desexámoslle moita sorte!

Flasmob "Global Muiñeira" para o Día da EF na rúa

O xoves 25 de abril celebraremos o Día de Educación Física na rúa!

Xogaremos e bailaremos o Global Muiñeira. 

Será no parque Euguren, a partir das 12:20. 

Aproveitade a Semana Santa para practicar os pasos!

https://www.youtube.com/watch?v=4d8Cc36a7bc

CARREIRA BOTÓN de ANCLA- Escola Naval de Marín

A primeira colleita da nosa horta!

Hoxe recolleimos a primeira colleita da nosa horta: leitugas!

Fixemos un sorteo polas aulas de 1º, 2ºA e 2ºB e os afortunados foron: Enzo, David e Naiara.

Esperemos que lle gusten e que sigamos recollendo mais!

AUTOESTIMA

A autoestima é a capacidade que ten unha persoa para valorarse, respetarse e aceptarse a sí mesma tal e como é.

Deixo algunhas imaxes diseñadas polos nenos/as do 1º curso.

Plantamos na aula e nomeamos as hortalizas da horta

Grazas ao bo tempo, a semana pasada as voluntarias e voluntarios de 3º e 4º curso viñeron a sachar a horta durante o recreo! Cos alumnos/as de 1º e 2º curso plantamos na aula e posteriormente fomos a nomealas hortalizas para que se distingan mellor. Deixamos algunhas imaxes!

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.