RECOMENDACIÓNS LECTORAS. VERÁN 2020

Ola familias!

Presentámosvos as recomendacións lectoras deste ano para o verán. Están divididas en tres apartados:

- primeiros lectores

- lectores autónomos

- lectores expertos

Convidámosvos que escollades libremente en función do voso nivel lector e os vosos gustos.

Se clicades na imaxe da portada do libro atoparedes máis información sobre ese libro.

Esperamos acertar coa elección.

 

 

Felices lecturas e feliz verán! 

A Vaca  Pepa.

ACTIVIDADES 3º - PROXECTO LUDIEDUCA

Desde o proxecto Ludieduca da Cruz Vermella envían a derradeira actividade deste curso. Están no arquivo adxunto.  É unha actividade dsobre a árbore xeneáloxica Esta actividade é voluntaria para facer no tempo libre. Se queredes podedes enviar a Lorena os traballos ou fotos, ao correo que hai no documento . (loresa@cruzroja.es)

LIBROS DIXITAIS EN 5º

O centro foi seleccionado para a participación no proxecto EDIXGAL para o vindeiro curso.

Esto quere dicir que todo o alumnado de 5º terá libros dixitais (para o seguinte curso serán os alumnos de 5º e 6º). Ainda que neste caso non fai falta solicitar a axuda de libros, si que está vixente a axuda de material escolar de 50 € para aqueles que a soliciten e lles corresponda.

ACTIVIDADES EDUCACIÓN FÍSICA.

Ola a todos/as!

Estamos a rematar o curso! Quédannos dúas semanas!

Aquí tedes as tarefas de Educación Física.

1º a 4º de Primaria.

Esta semana e a que vén recomendámosvos seguir facendo actividade física todos os días.

Aquí deixámosvos diferentes taboleiros de mesa que nos convidan a xogar e a movernos.

Espero que os gocedes!

 

5º a 6º de Primaria.

Esta semana tedes seis retos. 

Xa sodes uns expertos, así que moito ánimo e a conseguilos!

 

 

Un saúdo, os profes de EF.

 

 

ACTIVIDADES EDUCACIÓN FÍSICA.

Bos días a todos!

Aquí tedes as actividades desta semana.

1º e 2º de Primaria

Volvemos ter un xogo de taboleiro para xogar en familia espero que o disfrutedes.

 

Tamén vos convidamos a realizar a seguinte actividade: Gústanche os globos?

 

3º e 4º de Primaria

Esta semana tedes diferentes actividades con globos. Podedes utilizar outro tipo de material (pelotas  blanditas, de voleibol, goma escuma,..) segundo a habilidade de cada un ou do material que teñades en casa. Ánimo!

 

5º e 6º de Primaria.

Nestes niveis seguimos cos retos: probas de equilibrio, de lanzamento e outras moi variadas.

 

 

Esperamos que o gocedes.

Un  saúdo, os  profes de EF.

ACTIVIDADES 3º A

Actividades para 3ª A no arquivo adxunto. Repaso: Unidade 3

EDUCACIÓN FÍSICA 1º- 4º e 5º- 6º.

1º a 4º de Primaria.

A semana anterior os cursos de 1º a 3º de Primaria xa estivestes a traballar posturas de ioga e diferentes exercicios de relaxación.

SEMANA DE LA CALMA.

Esta semana seguiremos traballando e coñecendo novas posturas de Ioga.

Este novo traballo é máis lúdico, teremos un pequeno taboleiro de xogo para aprender diferentes posturas de ioga de forma divertida.

A tarefa desta semana é seguir facendo actividade física todos os días e gozar do taboleiro, así que non tedes que enviarme ningunha tarefa a maiores.

Espero que gocedes con esta nova actividade. 

 

 

 5º e 6º de Primaria

Esta semana faremos  traballo de equilibrio e un pouco de coordinación con globos. A tarefa: facer un pequeno vídeo cos exercicios dos vídeos.: EQUILIBRIO E COORDINACIÓN 

 

 

Un saúdo, profes EF

FICHAS COMPRENSIÓN 3º

Ola a todos!

 A compresión é unha das actividades máis importantes que teñen que adquirir os nenos. Para os que xa remataron, teñen estes recursos para fotocopiar.

Lembrar, antes de realizar as actividades, ler primeiro unha vez, para saber de que trata. Ler unha 2ª vez fixándose nas preguntas que deben contestar. Leo ás veces necesarias contestando ben as preguntas. 

O importante non é ir depresa e facendo, pouco a pouco, ben.

                                                          Ánimo a todos

 

https://drive.google.com/drive/folders/1khSF8VD_2eVfqNRLTwogoovemxVdPKRK...

MATRÍCULA CURSO 2020/21

O prazo para solicitar axudas de libros e material escolar está aberto desde o 20 de maio ata o 19 xuño, mentres que o prazo oficial de matrícula é do 1 ó 10 de xullo. Para facilitar e unificar estes trámites, propoñémoslles que cando veñan a entregar a solicitude de libros e material aporten xa a documentación de matrícula na secretaria do centro (estamos abertos en horario de 10 a 13). Se faltara algún documento, sempre poden aportalo posteriormente. Os documentos en negrita os poden descargalos:

Información sobre axudas libros texto: 

CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO, AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

ublicada a convocatoria de participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 20/21. Prazo ata 19 de xuño.

 

 

Distribuir contido