ACTIVIDADES 3º B-MAIO

Deixamos 2 arquivos coas actividades desta semana da profe Sabela

ACTIVIDADES EDUCACIÓN FÍSICA.

Ola a todos/as!

Aquí tedes as actividades desta semana.

Actividades para 1º e 2º de Primaria:

Neste novo genially atoparedes:

  • Dous bailes (O baile do corpo e O baile dos ósos).
  • Un traballo de obstáculos.
  • Un traballo con vasos onde deberedes poñer a proba a vosa paciencia e tenacidade.
  • Unha pequena tarefa para presentar.

EDUCACIÓN FÍSICA EN CASA.

 

Actividades de 3º a 6 º de Primaria:

Neste novo genially presentámosvos un “ Breakout”. É un xogo derivado do Escape  Room. 

Nun  breakout, a diferenza do escape  room, non hai que saír dunha habitación , senón que o obxectivo consiste en abrir unha caixa pechada con diferentes tipos de cadeados. 

Esta semana teredes que abrir unha caixa forte para coñecer a tarefa que tedes que presentar.

Teredes que realizar unha serie de probas para conseguir os códigos  e poder abrir a caixa forte.

BREAKOUT DE EDUCACIÓN FÍSICA.

 

  Un saúdo, os profes de EF.

REANUDACIÓN PROCESO ADMISIÓN

Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que será dende o 11 ao 18 de maio. Máis información.

A secretatía do centro estará aberta para realizar estas xestións administrativas en horario de 10 a 13 h. 

ACTIVIDADES 3º A

A profe Carmen colgou unhas actividades. As podedes ver no arquivo adxunto

BLOG DE NORMALIZACIÓN

O BLOG ACTUAL DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO NOSO CENTRO É

FOGAR DE CARAMIÑA

MÓVETE CONNOSCO. EDUCACIÓN FÍSICA.

A Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pon en marcha a iniciativa “Móvete connosco na casa”. Unha programación semanal relacionada coa actividade física e as técnicas de relaxación para axudar aos escolares de Educación Primaria a manter a calma e seguir protexendo a saúde durante o tempo de confinamento.

Os vídeos constan dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa.

Esta semana propoñémosvos para todos os niveis de Primaria (1º a 6º) un panel de Genially "MÓVETE CONNOSCO" onde atoparedes tres vídeos deste programa.

Deberedes entregar unha pequena tarefa que atoparedes no recurso que vos presentamos.

MÓVETE CONNOSCO.

 

Un saúdo, os profes de EF.

 

ACTIVIDADES 3º B

Deixamos un arquivo coas actividades de Lingua Castelá e Sociais para esta primeira semana de maio.

 

INSTRUCIÓNS 3º TRIMESTRE

A Consellería publicou as instrucións para o desenvolvemento do 3º trimestre que deixamos no documento adxunto.

As paxinas 2-9 son directrices xerais para todos os niveis

As páxinas 10-11 conteñen as específicas para primaria.

ACTIVIDADES 3º - PROXECTO LUDIEDUCA

 Como sabedes, en 3º estamos a desenvolver o proxecto Ludieduca da Cruz Vermella, que era unha sesión ao mes. No arquivo adxunto está o cadernillo que nos remitirion. Son actividades moi sinxelas ao mesmo tempo que distraen un pouco da rutina escolar. O cadernillo trata da prevención de riscos en casa e na rúa. Evidentemente esta actividade é voluntaria para facer no tempo libre e se poden. Se queredes podedes enviar a Lorena, no correo que hai no documento os traballos ou fotos. (loresa@cruzroja.es)

ACTIVIDADES 3º B

Deixamos un arquivo coas actividades de Sabela para fianis de abril.

Distribuir contido