CONFERENCIA MAR ROMERA

O vindeiro venres 31 de xaneiro as 19:30 h. no cine ELMA haberá unha charla a cargo de MAR ROMERA MORÓN, presidenta da Asociación Pedagóxica Francesco Tonicci e especialista en intelixencia emocional, sobre como mellorar a relación cos nosos fillos,  ensinarlles e axudarlles na toma de decisións, os habitos de traballo, a motivación,...

A charlaesta organizada por todos os centros de ensino público e ANPAS da Pobra.

Pensando no alto interese da charla, e que vai dirixida a toda comunidade escolar de A Pobra,co obxecto de facilitar a asistencia, decidiuse realizala no Cine Elma que é o local máis céntrico e co maior capacidade.

                                                                                   

ADMISION CURSO 2013/14

ADMISIÓN:

 

O Decreto 254/do 13 de decembro e a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado indica que o alumnado de centros adscritos, ten prioridade no proceso de admisión pero deben presentar no centro de orixe o modelo normalizado entre os días 18 e 22 de marzo.

Para ter reservada a praza no colexio ou no IES (centro adscrito) é obrigatorio que os/as alumnos/as de fagan reserva de praza para o vindeiro curso, cubrindo o impreso normalizado e facendo entrega do mesmo na titoría esta semana.  Informamos que a oferta de postos escolares tanto no Salustiano como no IES é suficiente para cubrir a demanda dos centros adscritos, polo que todos os que realicen a reserva teñen praza.  Posteriormente deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño no colexio e do 25 de xuño ao 10 de xullo, no IES. 

  Aqueles alumnos que van a ir a outro centro non adscrito deberán facer a solicitude de admisión no centro correspondente, unha vez rematado o proceso de reserva de praza dos seus centros adscritos  e  que se publiquen as prazas vacantes que ofertan. Será do 5 ao 17 de abril.

As reservas de praza de centros adscritos e as solicitudes de admisión  son únicas: só se pode presentar unha reserva ou solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar (no caso das solicitudes, pódense colocar varios centros por orde de preferencia). A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe e, se ten reservada praza nun centro, e presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (antes do 5 de abril). No caso de non realizalo incurririase nunha infracción que conlevaría a perda de dereitos de prioridade que lle corresponderan.

Modelo reserva de praza para IES

Modelo de reserva de praza para 1º

Informacion xeral

PROXECTO ABALAR

O noso centro presentou o proxecto para convertirse en centro Abalar e foi seleccionado. Deste xeito o alumnado de 5º integrarase neste proxecto.


O proxecto Abalar supón a integración plena das TIC  na práctica educativa introducindonos no concepto de centro educativo dixital.


O alumnado de 5º disporán dun ordenador portatil e encerados dixitais na súa aula. Este proxecto supón a introdución da aula de informática na aula,o tránsito dos actuais libros de texto aos libros dixitais, a paso da aprendizaxe pasiva á aprendizaxe colaborativa, a investigación e a aprendizaxe activa e interactiva, o paso do profesor que ensina informática ao profesor que usa a informática
para ensinar.  Deste xeito todo o alumnado ao completar a súa formación deberá posuír competencia dixital.


Para máis información poden visitar este enlace: http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/

UN LIBRO POR PAULA

EXITO DO MERCADILLO DE LIBROS SOLIDARIOS: UN LIBRO POR PAULA

Cumprironse amplamente os obxectivos propostos:

Fomentar a lectura, mover fondos documentais que non se estaban usando no centro, acercar a biblioteca do noso cole ao resto das casas e sobre todo recadar fondos para Paula, un totral de 900,38 €, máis do que esperabamos . Queremos felicitar aos participantes nesta campaña solidaria. Grazas a todos.

Valentín Paz Andrade.

NESTE ENLACE PODEDES ATOPAR INFORMACIÓN E ACTIVIDADES SOBRE O AUTOR HOMENAXEADO ESTE ANO PARA AS LETRAS GALEGAS: VALENTIN PAZ ANDRADE


http://danielamartisom.edu.glogster.com/glog-677/

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2012


A Consellería de Educación publica no DOG de 5 de marzo de 2012 a convocatoria de 2.495 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012. Solicitantes: alumnado de centros sostidos con fondos públicos de Galicia entre 6º  e 2º de bacharelato.


Para hai convocadas 510 prazas, a modalidade é de  inglés en Galicia durante 2 semanas de verán en réxime de residencia. O custo das familias depende do grupo en que as situen segundo os ingresos e pode variar entre os 110 € eos 450 €.


Mais información en http://www.edu.xunta.es/axudasle. A solicitude faise a través desta páxina. Calquera dúbida  que xurda estamos á súa disposición.


Prazo aberto dende o 6 de marzo ata o 7 de abril (incluído).

EXPOSICIÓN: EDUCACIÓN, DEPORTE E VALORES

VISITA DOS SECRETARIOS XERAIS PARA O DEPORTE E POLÍTICA LINGÜÍSTICA

O venres 18 de febreiro inaugurouse a exposición de "Educación, Deporte e Valores" composta por 17 paneis que poden pasar a visitar durante a semana do 21 ao 25 de febreiro.

Trátase dunha exposición que vai percorrer diferentes centros da comunidade. O noso centro foi o primeiro en recibila, e con este motivo realizouse a presentación da mesma ante os medios de comunicación. Para este evento contamos no centro con diferentes personalidades como o Secretario Xeral para o deporte José Ramón Lete e o Secretario Xeral de Politica Lingüística Anxo Lorenzo, do xefe provincial de deportes da Coruña e coordinadores do programa de deporte escolar (XOGADE). Por parte do Concello asistiron o Alcalde e concelleiros de deportes e cultura. No seguinte enlace teñen máis información:

http://www.xunta.es/notas-de-prensa?content=/Portal-Web/Contidos/Novas/nova_estandar10895.html

http://www.canalriasbaixas.com/content/view/10194/68/

Distribuir contido