ADMISION CURSO 2013/14

Enviado por bandaseca o Lun, 18/03/2013 - 00:35

ADMISIÓN:

 

O Decreto 254/do 13 de decembro e a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado indica que o alumnado de centros adscritos, ten prioridade no proceso de admisión pero deben presentar no centro de orixe o modelo normalizado entre os días 18 e 22 de marzo.

Para ter reservada a praza no colexio ou no IES (centro adscrito) é obrigatorio que os/as alumnos/as de fagan reserva de praza para o vindeiro curso, cubrindo o impreso normalizado e facendo entrega do mesmo na titoría esta semana.  Informamos que a oferta de postos escolares tanto no Salustiano como no IES é suficiente para cubrir a demanda dos centros adscritos, polo que todos os que realicen a reserva teñen praza.  Posteriormente deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño no colexio e do 25 de xuño ao 10 de xullo, no IES. 

  Aqueles alumnos que van a ir a outro centro non adscrito deberán facer a solicitude de admisión no centro correspondente, unha vez rematado o proceso de reserva de praza dos seus centros adscritos  e  que se publiquen as prazas vacantes que ofertan. Será do 5 ao 17 de abril.

As reservas de praza de centros adscritos e as solicitudes de admisión  son únicas: só se pode presentar unha reserva ou solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar (no caso das solicitudes, pódense colocar varios centros por orde de preferencia). A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe e, se ten reservada praza nun centro, e presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (antes do 5 de abril). No caso de non realizalo incurririase nunha infracción que conlevaría a perda de dereitos de prioridade que lle corresponderan.

Modelo reserva de praza para IES

Modelo de reserva de praza para 1º

Informacion xeral

( categories: )