SEGURO ORDENADORES EDIXGAL
Enviado por bandaseca o Xov, 21/10/2021 - 15:10Pinchando aquí deixamos unhas instruccións sobre o seguro do portatil edixgal de 5º. O horario de atención é de 8 da mañá a 6 da tarde
PROGRAMAS ARCO E PROA+
Enviado por bandaseca o Dom, 17/10/2021 - 21:48ARCO: Apoio, Reforzo, Cooperación e Orientación PROA: Programa de Recuperación, Orientación e Apoio. Mais información picando.
Esta semana comezaron a funcionar os programas ARCO E PROA+ coa incorporación de 2 profesoras ao centro para ofrecer apoio a alumnado de 4º e 5º no caso de ARCO e a 6º no caso de PROA+. Estas profesoras están contratadas a media xornada e no caso da profesora de ARCO estará durante este 1º trimestre, mentres que a de PROA+ esará durante todo o curso.
Estes programas están incluídos dentro do Plan Recupera da Consellería de Educación e financiados polo Fondo Social Europeo e o Ministerio de Educación.
CALENDARIO ESCOLAR CURSO 21/22
Enviado por bandaseca o Mér, 29/09/2021 - 18:39Este curso hai que ter en conta as seguintes datas:
En outubro o luns 11 non hai clase (Día do Ensino), En decembro non hai ponte noa Constitución (luns) e Inmaculada (mércores).
En xaneiro as clases as retomamos o luns día 10. O entroido será 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo (luns, martes e mércores. A semana Santa é a mediados de abril.
Os centros de primaria e infantil da localidade eliximos como festivo o luns 16 de maio (o martes 17 é o día das Letras galegas).
AVISO ANPA - COMEDOR
Enviado por bandaseca o Ven, 24/09/2021 - 19:16Benqueridas familias,
INCIO CURSO 21/22: NORMAS E ORGANIZACIÓN
Enviado por bandaseca o Xov, 09/09/2021 - 07:57Continuamos co desenvolvemento do protocolo covid na mesma liña que o curso pasado. Adxuntamos como documento adxuntoa circular de inicio de curso que enviamos tamén en papel a través do alumnado e na seguinte infografía poden ver un resumo destas picando en cada unha das palabras dos círculos.
LISTAS MATERIAL
Enviado por bandaseca o Mar, 07/09/2021 - 14:13Deixamos as listas de material escolar que pasaron as titoras e titores.
INICIO CURSO 2021-22
Enviado por bandaseca o Ven, 03/09/2021 - 12:51As clases comezarán o vindeiro xoves día 9 de setembro no horario habitual de 9:10 h. a 13:50 h. Haberá servizo de transporte escolar.
Como no curso pasado seguimos oo protocolo covid e a entrada será escalonada, conforme vaia chegando o alumnado do transporte irá accedendo as aulas. Igualmente para os que veñen andando, os pais non entrarán no recinto escolar, non fai falta que veñan con moita antelación á hora de entrada. O alumnado de 2º, 4º e 6º están na mesma aula que no curso pasado, os que van para 3º e 5º estarán profesores na entrada do edificio principal para indicarlles a aula que lles corresponde. Os grupos de alumnado son iguais que o curso pasado, soamente cambia si hai algún alumno que é novo ou repite.
No caso de 1º nivel, a maioría veñen cos pais ou nais, polo que a entrada será ás 9:30 h. (excepto se teñen que vir en bus e están sós, que xa nos faremos cargo nós cando entren no recinto escolar). Recibiermos a alumnos e pais/nais no pavillón, distribuiremos aos nenos na aula que lles corresponde e faremos unha pequena reunión co profesorado que lles imparte clase.
Este curso houbo renovación da ANPA. Están traballando para que o servizo de Madruga e Comedor poida funcionar dende o mesmo día 9 de septembro. O Concello farase cargo deste servizo de Conciliación e pon á nosa disposición as monitoras ó igual que o ano anterior.
As familias que van precisar estes servizos dende o primeiro día de clase urxe que avisen a ANPA ben enviando un correo a anpabandaseca@gmail.com ou whatsapp ao 634964175. É prioritario e saber que nenos e nenas veñen o día 9 e 10.
Para calquer dúbida, o número de teléfono da ANPA é 634964175
ENTREGA HISTORIAL ACADÉMICO
Enviado por bandaseca o Ven, 16/07/2021 - 12:10Desde o luns 19 de xullo entregaremos os historiais academicos do alumnado de 6º.
Recordamos que este historial está expedido en papel oficial e é para gardar na casa (como o libro de escolaridade antigo), non fai falla levalo ao IES, xa lles remitimos nós unha copia.
LISTAXES DEFINITIVAS E REPARTO DE CHEQUES
Enviado por bandaseca o Ven, 16/07/2021 - 12:02Publicouse a listaxe definitiva do fondo de libros de texto en 3º e 4º e as axudas para a compra de libros de 1º e 2º 140 € ou 210 €), así como as de material escolar (50 €).
O reparto dos libros de 3º e 4º realizarase en setembro cando comecen as clases. O alumnado de 5º e 6º poderá acceder aos libros dixitais en setembro.
A entrega de cheques será a semana do 19 ao 23 de xullo en horario de 10 a 12 da mañá. Aqueles que non o recollan agora, poden facelo en setembro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »