AVISO ANPA - COMEDOR
Enviado por bandaseca o Ven, 24/09/2021 - 19:16
Benqueridas familias,
Temos que informarvos de que a lista do comedor queda pechada temporalmente, porque xa chegamos ó cupo permitido. Este ano, temos que acondicionar un espazo mais que o ano pasado, xa que ós luns dóbrase o número de nenos e as restricións séguense a facer segundo o protocolo vixente e sempre pensando na seguridade de todos.
Polo tanto, haberá 2 comedores activos sempre, é un terceiro a maiores que funcionará só os luns. Repartiranse os nenos por cursos para que non se mezclen, igual que se fai nos recreos, e manteranse os mesmos sitios fixos de tódolos nenos, por se houbera algún brote poder localizalo fácilmente.
O haber 3 espazos, ten que haber 3 monitoras. E tanto o Concello como o Colexio están a facer un grande esforzo para que poidamos conciliar a nosa vida laboral ca dos nosos pequenos. E de agradecer a todos eles o seu interese polo ben común.
Tamén temos que destacar, que como este ano non se poderá acceder á Biblioteca, todos aqueles nenos que o precisen poderan dispor de unha monitora do Concello dende que acaba o comedor ata as 16.45h. Si necesitades este servicio a maiores, debedes comunicalo como sempre, por correo electrónico ou ó teléfono da Anpa.
Saúdos cordiais,