Skip to Content

Outras

O NOSO HORTO ESCOLAR a tope!!!

Un ano máis, e xa van uns cantos, a través do noso proxecto de Voz Natura "O noso horto escolar" estamos a tope coa plantación de leitugas, repolos, cebolas, amorodos, etc... que os nenos e nenas do cole cuidan con tanto esmero. E chegado o día, o alumnado vai ao horto a recoller os seus frutos para levar ao comedor do centro e deleitar con eses manxares ao resto da Comunidade Educativa. Un traballo de todos para todos.

Xa temos instalado o PUNTO LARANXA no noso centro

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou recentemente o Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar, así como a actualización do Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso escolar e ciberacoso. Unha das medidas foi a instalación nos centros do PUNTO LARANXA, un espazo físico onde calquera persoa poderá denunciar de xeito anónimo unha situación deste tipo. O Plan e o Protocolo, así como o punto laranxa, xa están tamén dispoñibles na nosa páxina web.

DOTACIÓN DE MOBILIARIO EXTERIOR POR PARTE DO CONCELLO DE MAZARICOS

A principio de curso fixemos unha solicitude de mobiliario ao Concello de Mazaricos. Un tempo despois enviáronnos ao colexio: 2 bancos-merendeiro, 3 bancos de xardín, e dúas papeleras de ferro (que se pintarán de amarelo para facilitar a reciclaxe do plástico no patio). Xa durante o mes de xaneiro, o conserxe, montou os bancos e barnizounos, para poder poñelos nas zonas verdes do cole e disfrutar así deles. Tamén puxemos fora un areeiro que tiñamos no cole, e no que a ANPA quere encher de area para xogar os cativos máis pequenos.

SUBVENCIÓN DE LEITE E FROITA (FOGGA)

Como en anos anteriores, Solicitamos a principio deste curso 23-24 a Subvención de Leite e Froita do FOGGA e nos foi concedida. A finais de xaneiro e durante o mes de febreiro, na hora do recreo, estamos dándolle ao alumnado leite enteira ou de soja (durante 20 días no 1º período) e froita (durante 10 días no 1º período). A leite xa comezou dende o día 29 de xaneiro e sempre na música que precede a saída ao patio, Óscar (mestre de música) e os cativos de Infantil, fixeron unha gravación na Radio Escolar para favorecer entre o alumnado o consumo de leite. A froita comezará o xoves 15 de febreiro. Entre as froitas que poidemos solicitar estarán: mazá. pera, kiwi, mandarina, plátano, amorodo e melón. BO PROVEITO!!!

DOAZÓN DE MATERIAIS SENSORIAIS PARA O COLE GRAZAS A AYUDA EN ACCIÓN

Durante o mes de decembro de 2023, as coordinadoras no noso centro da ONG Ayuda en Acción, Jenni e Lorena, Propuxéronlles ás titorías, facer un listado de MATERIAL SENSORIAL para as distintas aulas do cole, e elas encargábanse de xestionar os pedidos e de aboar as cantidades a pagar (e sabemos o caro que son estos materiais). Xa en xaneiro e como si foran os Reis Magos, chegou ao centro todo ese material que xa se repartiu polas aulas e que xa están a usar os alumnos. GRAZAS Á ONG AYUDA EN ACCIÓN.


ÁNGEL CARRACEDO "HONORIS CAUSA" POLA UNIVERSIDADE DO MIÑO 18-02-20

Hoxe toda a prensa fala do noso padriño da Biblioteca, D. ÁNGEL CARRACEDO, Catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago, o cal sumou onte outro título ao seu enorme currículum ao ser nomeado "DOCTOR HONORIS CAUSA" pola Universidade do Miño, en Portugal. Destacan en Miño algo que todos nos xa sabiamos, que este humilde home é unha persoa clave na sociedade científica, e para o cal solicitan o PREMIO NOBEL. Tamén dixeron del grandes persoeiros portugueses que non dubidan en situalo na antesala do Nobel xa que á grandeza como investigador, súmaselle unha ainda máis grande humildade coma persoa. FELICIDADES ÁNGEL!!!!!!!

INICIO DE CURSO 2019-2020

Iniciamos un curso máis, e para coñecernos todos un pouco, fixemos unha roda, onde se ían presentando os novos alumnos, pais, nais e mestres. Logo bailamos unha canción moi sinxela (Namariè), comenzando así un curso que se prevé maravilloso. Picando nas imaxes veredes máis fotos de ese día.


CHARLA SOBRE "O DOCE MUNDO DO MEL DE GALICIA" 21-05-19

Visitou o noso centro Beatriz Ríos Cebreiros, o martes día 21 de maio, para dar unha charla aos nenos de primaria sobre "O DOCE MUNDO DO MEL DE GALICIA" dentro da campaña "Mel de Galicia nos colexios".

O NOSO HORTO ESCOLAR A PLENO RENDEMENTO 03-05-19

O noso HORTO ESCOLAR está super bonito, con todo canto plantaron os nenos e nenas do colexio (leitugas, tomates, pementos, amorodos, etc), dende infantil ata 6º de primaria. Así case tódolos días aproveitamos para que os nenos recollan leitugas e outras cousas para levar ao noso comedor. Así da gusto!!!!!!

NOMEAN AO NOSO PADRIÑO, PRESIDENTE DA AIML 08-06-18

Estes día veñen de nomear ao padriño da nosa Biblioteca Escolar ÁNGEL CARRACEDO, PRESIDENTE DA ACADEMIA INTERNACIONAL DE MEDICINA LEGAL (AIML), durante o 24º Congreso que tivo lugar en Fukuoka (Xapón) o día 8 de xuño de 2018. Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e director da Fundación de Medicina Xenómica, Carracedo é un dos nomes máis destacados da ciencia en Galicia e un dos maiores expertos mundiais en xenética forense, do cal estamos super orgullosos. Dende o colexio de San Cosme enviámosche moitísimas felicitacións. NORABOA ÁNGEL!!!!!!

INCHABLES NO COLE 23-03-18

O venres día 23 de marzo, día das vacacións de Semana Santa e en horario de tarde, de 14:30 a 16:30, tivemos no ximnasio do colexio INCHABLES para que os nenos pasasen unha tarde fantástica de xogos e diversión. Fíxose no ximnasio debido ao mal tempo reinante.

MORRE STEPHEN HAWKING (Oxford 8-1-1942- Cambridge 14-3-2018)

O físico británico STEPHEN HAWKING, o científico que explicou o Universo dende unha silla de rodas e acercou as estrelas a millóns de persoas arredor do mundo, finou esta madrugada na súa casa de Cambridge, aos 76 anos de idade.

MORRE STEPHEN HAWKING (Oxford 8-1-1942- Cambridge 14-3-2018)

O físico británico STEPHEN HAWKING, o científico que explicou o Universo dende unha silla de rodas e acercou as estrelas a millóns de persoas arredor do mundo, finou esta madrugada na súa casa de Cambridge, aos 76 anos de idade.

ACCIÓN DE VERÁN 2017. CAMPAMENTOS DE VERÁN.

A Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado... que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende facer realidade este obxectivo a través da Campaña de verán 2017. Para ver toda a información pinchade na imaxe. 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 25-11-16

O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, celebrámolo no noso centro o venres día 25 de novembro, levando a cabo na hora de ler e no pasillo do centro unha actividade en todalas clases do centro. A nosa actividade para conmemorar ese día chamouse "AS CLAVES CONTRA A VIOLENCIA Á MULLER". Así cada clase elaborou unha clave musical que cousas que queremos que se cumplan. Para máis información, visitar o noso blog da Biblioteca. Para ver todas as fotos de ese día pica AQUÍ.

       

PUBLICACIÓN NO Nº 2 DE "PAPAGAIO" DOS NOSOS ALUMNOS RUBÉN E ANDREA

Estamos de NORABOA, xa que se ven de publicar no nº 2 da revista "O PAPAGAIO" unhas lendas da nosa zona redactadas por estes dous alumnos de 6º de educación primaria, ANDREA LABANDEIRA OTERO E RUBÉN BLANCO PEREIRA . Aquí podedes ver a 1ª publicación destes grandes artistas.

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O venres día 13 de marzo de 2015 celebramos no centro o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Cada curso fixo un traballo sobre a vida dunha muller, neste caso, relacionada co mundo do cine (Proxecto Integrado de Centro 2014-2015). Elaboráronse murais que logo se expuxeron no corredor do colexio. Algunhas das mulleres sobre as que se traballou foron como persoaxes de películas Mulán (EI) e Pipi Calzaslargas (3º). Como actrices galegas A Bela Otero (4º) e Mabel Rivera (1º e 2º). Como actriz americana Lois Weber (6º). Tamén se traballou sobre mulleres cuia vida inspirou a cineastas, Anna Sullivan e Hellen Keller ou Verónica Guerin (5º).


178 ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO 1837-1885

  

XIII XORNADA DE NAIS E PAIS: EDUCANDO EN IGUALDADE 21-02-15

O sábado día 21 de febreiro de 2015, celebrarase na EGAP en Santiago de Compostela a XIII XORNADA DE NAIS E PAIS: EDUCANDO EN IGUALDADE: Estratexias lúdicas en igualdade: Uso sen abuso de Videoxogos e smartphones, convocado pola Xunta de Galicia. Pincha na imaxe para ver o Programa, e tamén poderás cubrir a solicitude que se adxunta.

LA VOZ DE GALICIA 12-02-15:COMPROMISO AMBIENTAL DO C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ

Na publicación de La Voz de Galicia do día 12 de febreiro de 2015 sale unha reseña sobre o noso centro, do noso proxecto de Voz Natura e o Programa de Educación Ambiental, recomendando aos alumnos a visualización de películas relacionadas co cuidado do entorno que nos rodea, como parte do noso Proxecto Interdisciplinar de Centro 14-15, que é sobre O CINE.

  

CALENDARIO 2015

O CALENDARIO 2015 que elaboramos neste 1º trimestre, ten como eixe principal "O CINE", que neste curso 14-15 é o noso Proxecto Integrado de Centro. Esperamos que vos gusten os traballos dos alumnos realizados nas diferentes aulas, coa axuda dos mestres.



   

PLACA CONMEMORATIVA AO MESTRE ANDRÉS MOUZO GRILLE

O martes día 1 de abril de 2014, ás 13:30 horas, fíxoselle unha homenaxe ao mestre de Inglés do centro ANDRÉS MOUZO GRILLE (falecido no 2013). Esta homenaxe consistiu na colocación dunha placa co seu nome na AULA DE INGLÉS. A este acto asistiu a súa muller Mª Carmen e os seus dous fillos Andrés e Paula, así como todos os nenos e o profesorado do centro.

 

CHARLA SOBRE RISCOS COAS NOVAS TECNOLOXÍAS 27-03-14

Relacionado co "Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos" organizado pola Delegación de Goberno en Galicia, o curso pasado realizamos unha charla para o alumnado sobre os usos correctos das novas tecnoloxías (internet e redes sociais).

Este curso realizamos unha charla similar para o profesorado e as familias sobre "Riscos de seguridade asociado ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais, especialmente acoso sexual ou difusión de contidos de natureza sexual por teléfonos móbiles e a utilización de nenos na pornografía". Esta charla foi o xoves día 27 de marzo en horario de 13:30 a 15 horas e impartida por un membro da Garda Civil do cuartel de Noia.

FELIZ DÍA DO PAI 19-03-14

NOVO PREMIO PARA O NOSO PADRIÑO DA BIBLIOTECA

 

PLACA CONMEMORATIVA Á COCIÑEIRA Mª LOURDES RIAL GARCÍA

O xoves día 6 de marzo de 2014, ás 13:30 horas e antes de entrar os nenos para xantar, fíxoselle unha homenaxe á axudante de cociña do noso centro Mª LOURDES RIAL GARCÍA (falecida en xaneiro de 2012). Esta homenaxe consistiu na colocación na entrada do comedor dunha placa conmemorativa. A este acto asistiu o seu marido e os nenos e mestres do centro.

 

O VINDEIRIO DÍA 4 DE MAIO VISITARÁ O NOSO COLEXIO O PRESTIXIOSO CATEDRÁTICO DE MEDICINA LEGAL D. ÁNGEL Mª CARRACEDO ÁLVAREZ.

O Catedrático e investigador de Medicina Legar da U.S.C., D. ÁNGEL Mª CARRACEDO ÁLVAREZ, dará unha charla o vindeiro mércores, día 4 de maio, con motivo da inauguración da nosa Biblioteca Escolar. As actividades a desenvolver ese día serán as seguintes:


12:45h. Inauguración da Biblioteca Escolar, a cargo do D. ÁNGEL CARRACEDO ÁLVAREZ. Seguidamente, D. ÁNGEL CARRACEDO ÁLVAREZ, impartirá unha charla para adultos sobre os seus traballos de investigación e a súa aplicación na vida diaria.


15:15h. Charla para os alumnos de infantil e primaria, a cargo de D. ÁNGEL CARRACEDO ÁLVAREZ, sobre "O Mar" (Proxecto temático que se está a desenvolver no centro neste curso).

SEGUEN A CHEGAR BARCOS PARA A EXPOSICIÓN

     


Fragata Española S.XVII cedida por Claudia Fondo.

EXPOSICIÓN DE BARCOS. MARZO-XUÑO 2011

  Maqueta cedida por ANTONIO BELLO ROMERO ("TOM" de Laxe). 

"TRABALLANDO NO HORTO" (PROXECTO VOZ NATURA CURSO 10-11)

Dende setembro comezouse a recoller todo aquilo que se plantou a finais do curso pasado (tomates, pementos de Padrón, pementos morrós,...) e tamen se repartiron entre os alumnos flores e algunhas árbores pequenas que os propios alumnos foron vendo medrar durante varios meses. No mes de febreiro, coa axuda de algúns pais e membros da comunidade educativa, preparouse a terra do invernadoiro co fin de comezar a traballar no proxecto. Removeron a terra e preparárona para a plantación. Despois se lle votou como abono escremento de coello, e todo iso se removeu. ¡Xa estaba todo preparado para comezar a plantar!. Na penúltima semana de marzo, cada curso, orientados pola encargada, a mestra Susi, plantáronse amorodos e leitugas. Seguiremos nas vindeiras semanas plantando diversas hortalizas, frores, plantas aromáticas, etc... os alumnos encargaranse do regado e coidado das mesmas.

Distribuir contido


by Dr. Radut