Skip to Content

Nadal

FESTIVAL DE NADAL 21 de decembro

Un ano máis celebramos o noso FESTIVAL DE NADAL. Despois de ensaios e máis ensaios e traballo nas aulas, levamos adiante as actuacións nas que participou todo o alumnado e con cancións e temática relacionada co proxecto integrado de centro sobre A Vida Saudable, como por exemplo O Baile da Ensalada, Con un sombreiro de palla, Rock do bacallau con coliflor, Animal Nadal, Nadal de Luíntra, etc.... Ao rematar este festival tivemos no centro a visita do APALPADOR que trouxo agasallos para os nenos e nenas e para as aulas. Rematamos a mañá con dous hinchables e obradoiros contratados pola ANPA.

Concurso de Postais de Nadal

Levamos a cabo como outros anos o CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL, no que participou todo o alumnado. Durante uns días estiveron as postais expostas no pasillo do cole, e rematando decembro o alumnado votou polas que máis lle gustaron.A gañadora foi a postal ilustrada polo alumno de Infantil de 3 anos MANUEL RECAREY FERNÁNDEZ, a cual se acompañou cun fragmento do poema "A luz do Nadal" de Antonio García Teijeiro. Esta postal foi a que representou ao centro para enviar ás familias e ao resto de centros e entidades colaboradoras co colexio.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2021

Coma todos os anos, fixemos o "CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2021", cunha partipación grandísima por parte do alumnado. Os gañadores de este concurso foron os seguintes:

Infantil 3-4 anos: Juan Conde Danza

Infantil 5 anos: Carmen Alvite González

1º e 2º de primaria: Zaira Núñez Tuñas

5º e 6º de primaria: Paula Pereira Carballo

3º e 4º de primaria e gañadora xeral: Alicia Alvite Ramos.

Coma sempre esta postal será enviada ás familias, centros e demáis persoal da Comunidade Educativa.

Premendo AQUÍ poderedes ver a entrega de premios.

Premendo AQUÍ poderedes ver todas as postais participantes.

BO NADAL E FELIZ 2021

Para despedirnos deste primeiro trimestre deste curso tan raro, dende a Biblioteca do centro e as titorías, coa colaboración de todo o alumnado, mestres e demáis persoal do centro, ocurríusenos a idea de gravar un video para felecitarvos estas festas. É a través dunha canción de Iván Vale con linguaxe de signos. Grazas a todos/as por participar nesta iniciativa. Eiquí tedes o resultado.


PAKOLAS E LAURA ROMERO "Cores, contos e Rock´n Roll con Ramona Órbita" 22-12-20

O derradeiro día de clase do 2020, rematou coa actuación no comedor, de PAKOLAS co seu espectáculo "CORES, CONTOS E ROCK & ROLL CON RAMONA ÓRBITA" acompañado por LAURA ROMERO, que se encargaba de darlle vida a todas as súas personaxes. Os nenos e nenas bailaron ao ritmo das súas cancións e interactuaron con Pakolas mentras quedaban pasmados vendo como Laura Romero pintaba en directo o que se dicía nas letras de Pakolas. Unha fabulosa actuación. Picade no LIBRO DE RAMONA ÓRBITA para ver as fotos de ese día.

ESPECTÁCULO DE MAXIA: THE VISUAL MENTALISTS 2 MINDS

O luns día 21 de decembro tivemos no comedor do cole, e baixo todas as medidas de seguridade, a actuación de Ian e Elisa co seu espectáculo "THE VISUAL MENTALIST 2 MINDS", onde coa maxia, os contos e as sombras chinesas, fixeron a delicia de tódolos nenos. Picade AQUÍ para ver as fotos de ese día.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2020

Convocouse no cole, coma tódolos anos, o CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL. Animamos a todo o alumnado xa que este ano decidiuse que cada alumno envíe a súa postal a alguén coñecido. As postais serán expostas no pasillo do centro, e haberá un gañador por grupo e unha postal gañadora xeral que será a que enviemos en representación do colexio.

Os/As gañadores/as foron:

E.I. A: Dalia Casal Lago

E.I. B: Sara Grille Calvelo

1º e 2º: Íker Tubío Gesto (gañadora para enviar)

3º e 4º: Lucía Mourelle Torrado

5º e 6º: Brais Capelo Martínez

Premio Especial: Alejandro Villar Negreira (6º)

 

Picando AQUÍ poderedes ver todas as postais participantes no concurso.

Eiquí vos queda un vídeo colgado dende a Biblioteca que fala sobre a soidade das persoas nesta época.

FESTIVAL DE NADAL 2019

Rematamos o 1º trimestre deste curso 2019-2020, co FESTIVAL DE NADAL, cun eixe vertebrador "AS AVES". Tivemos a gran sorpresa da visita da nosa Inspectora de Educación Magdalena, que se viña a despedir despois de cinco anos ao noso lado. Así que lle fixemos entrega dun agasallo como recordo do seu traballo neste centro, en presenza de toda a Comunidade Educactiva, nenos, pais, nais, cociñeiras, mestres, etc...

Si picades AQUÍ veredes as actuacións en video de todo o festival. E se picades AQUÍ, veredes as fotos dos Reis Magos. Rematado o Festival, visitaron o noso centro, os REIS MAGOS, que trouxeron agasallos para tódolos nenos do colexio. Para ver todas as fotos do Festival premede AQUÍ.

¡¡¡FELICES FESTAS, E ATA O ANO QUE VEN!!!

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2019

Coma tódolos anos, convocouse o CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL. A participación foi total, e con motivos de paxaros a maioría delas. Os premios entregáronse no comedor do colexio o mércores día 18 de decembro e os gañadores foron:

  • Infantil 3 anos: LINH VILLAR VILAS
  • Infantil 4-5 anos: CARLA ANTELO DOPAZO
  • 1º e 2º primaria: LUZDIVINA VASILEV ARNAIZ (gañadora xeral e representativa do colexio).
  • 3º e 4º primaria: SARA LABANDEIRA GERPE
  • 5º e 6º primaria: PAULA BARCIA BLANCO

Noraboa a todos. Picando AQUÍ, poderedes ver todas as postais participantes.

 

FESTIVAL DE NADAL E PAPA NOEL 21-12-18

O venres día 21 de decembro, derradeiro día de clase antes das vacacións de Nadal, celebramos no comedor do colexio o FESTIVAL DE NADAL 2018. Coma sempre todas as representacións foron excepcionais e a maioría xiraron en torno ao tema da Ciencia. Todo aderezado cunha fabulosa música que fixo as delicias de pequenos e maiores. Logo tivemos a visita de PAPA NOEL, que agasallou a tódolos nenos do colexio, con xogos científicos e caramelos. Así rematou o ANO 2018. FELICES FESTAS A TODOS E ATA O ANO 2019. Picade nas fotos para ver máis. Si queredes ver os VÍDEOS do Festival picade AQUÍ.

 

UN DÍA DE XOGO. INCHABLES E OUTRAS ACTIVIDADES NO CENTRO 20-12-18

Aproveitando casi a chegada do Nadal, o xoves día 20 de decembro, tivemos no colexio, a través da empresa encargada das actividades extraescolares do centro, 2 INCHABLES no ximnasio e outras actividades lúdicas para os nenos e nenas no patio do colexio. Picade nas fotos para ver máis.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2018

Un ano máis, levouse a cabo o CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2018, onde houbo maravillosas creacións. As postais gañadoras do concurso foron as seguintes:

  • Ed. Infantil: Olalla Suárez Grille (5 anos)
  • Ed. Primaria 1º e 2º: Luzdivina Vasilev Arnaiz (1º)
  • Ed. Primaria 3º e 4º: Alba Lago García (4º)
  • Ed. Primaria 5º e 6º: Pablo González Martínez (6º)

Dos catro gañadores a postal que representou ao colexio nestas festas de Nadal foi a de Alba Lago García, que foi enviada a tódalas casas,institucións e demáis centros educativos da zona. Os agasallos forn entregados no comedor do colexio. Picade nas fotos para ver máis e na postal para ver outras postais.

FESTIVAL DE NADAL 2017

O xoves día 21 de decembro de 2017 en horario de mañá e no comedor do colexio, levouse a cabo coma tódolos anos o FESTIVAL DE NADAL 2017, coas actuacións musicais dos alumnos e alumnas (gracias á colaboración conxunta de alumnos e mestres, pero sobre todo ao gran traballo de Susi e Óscar), todas elas con un claro referente ao Proxecto integrado de Centro que este  ano baseabase no Turismo, e que leva por título "O MUNDO É MÁIS LINDO LENDO". Ao remate do festival, coma outros anos, tivemos a sorte de contar no centro coa presencia das súas maxestades de Oriente "OS REIS MAGOS", que agasallaron aos nenos e nenas do centro con regalos e caramelos.Si queredes ver tódalas fotos de ese día picade AQUÍ. E para ver os vídeos das actuacións, picando AQUÍ, poderedes velos descargados no blogue da Biblioteca.


CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2017

Celebramos coma tódolos anos o CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2017. A participación foi total e os deseños maravillosos e con motivos relacionados co noso proxecto do turismo. As postais gañadoras foron as seguintes:

  • Educación Infantil: LUCÍA MOURELLE TORRADO
  • 1º e 2º de educación primaria: ÁNGEL GRILLE CALVELO
  • 3º e 4º de educación primaria: SAMUEL AROSA ANTELO
  • 4º e 5º de educación primaria: AINHOA CAL CURRAIS
  • Premio Especial: MIGUEL BARRUL IGLESIAS

Ademáis houbo unha postal gañadora total e que é a que representará ao colexio para enviar felicitacións destas festas fora do centro, que foi a de ÁNGEL GRILLE CALVELO (1º E.P.). Esta postal gañadora levará un poema de Manuel María titulado "Panxoliña de neve". Podesdes ver o resto das postais AQUÍ.

 

FESTIVAL DE NADAL 2017

Para despedir este 1º trimestre de curso 16-17, fixemos un FESTIVAL DE NADAL, coma tódolos anos. Este ano un pouco máis especial xa que foi adicado completamente á MÚSICA. Despois do festival, os nenos recibiron a agradable visita de PAPA NOEL, que trouxo agasallos para todos eles.Poderedes ver tódalas fotos de ese día picando nas fotos que tedes máis abaixo.

 

Se queredes ver as grabacións das actuacións de ese día picade AQUÍ.

CONCURSO POSTAIS DE NADAL 15-12-17

Para rematar decembro, e coma tódolos anos, levamos a cabo o Concurso de Postais de Nadal 2016. Participaron tódolos nenos do centro con postais fermosísimas, que se puderon visualizar no pasillo do centro. Cando chegou a hora de escoller as gañadoras por ciclos, votamos tanto nenos coma mestres e este foi o resultado:

  • Postal gañadora en Ed. Infantil para ANXO CARREIRA ANTELO (E.I. 4)
  • Postal gañadora para o 1º e 2º cursos de Ed. Primaria para XOEL SANTABAYA ESPERANTE (2º)
  • Postal gañadora para o 3º e 4º cursos de Ed. Primaria para NEREA OZÓN OTERO (3º)
  • Postal gañadora para o 5º e 6º cursos de Ed. Primaria para RUBÉN BLANCO PEREIRA (6º)
  • Postal gañadora e que representou ao noso centro IRIA LÓPEZ CARREIRA (5º) 

   

E a postal gañadora enviada representando ao noso centro para este ano 2016 foi a da alumna Iria López Carreira (5º). No reverso vai acompañando á postal un fragmento dunha canción de NARF. Picando AQUÍ veredes o resto de postais participantes.

  

     

FESTIVAL DE NADAL 2015

Celebramos coma tódolos anos o FESTIVAL DE NADAL 2015 o venres día 18 de decembro en horario de mañá e no comedor do colexio. Houbo unha gran variedade de actuacións, eso si, todas relacionadas co noso Proxecto "AS OLERPÍADAS". Houbo poemas, bailes, pezas a guitarras, pandeiretas, frautas e demáis instrumentos, etc... Un festival do máis variopinto!!!!!!. Despois chegaron ao colexio OS MAGOS DE ORIENTE que trouxeron para tódolos nenos e nenas do centro un sin fin de agasallos. Se queredes ver os VÍDEOS das actuacións, están todos no Blogue da Biblioteca. Para ver todas as fotos de ese día pincha AQUÍ.

 

             

 

VIII CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2015

Para despedir o 1º trimestre deste curso 15-16 celebramos no colexio o VIII Concurso de Postais de nadal 2015. Eran todas fantásticas e super orixinais. Neste concurso entregáronse 5 medallas de ouro:

  • ED. INFANTIL: O premio foi para toda a clase
  • 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: O premio foi para NEREA OZÓN OTERO
  • 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: O premio foi para IRIA BLANCO DEL RÍO
  • 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: O premio foi para DIEGO COUSO NIETO
  • PREMIO ESPECIAL DO XURADO: Foi para ALEJANDRO VILLAR NEGREIRA

      E como seguro que queredes ver as postais gañadoras picade AQUÍ.

E a Postal Gañadora 2015 foi a seguinte:

   

 Tamén podedes ver todas as postais participantes pinchando AQUÍ.

FESTIVAL DE NADAL 2014

O venres día 19 de decembro de 2014 celebramos, coma tódolos anos, o FESTIVAL DE NADAL no comedor do colexio. Houbo actuacións de todo tipo, eso si, todas con unha temática moi remarcada, "O CINE" que é o Proxecto Integrado que desenrolamos este curso. Ao remate do mesmo tivemos a visita dos REIS MAGOS, que trouxeron agasallos para tódolos nenos e nenas do centro.

 

CONCURSO POSTAIS DE NADAL 2014

Celebramos na derradeira semana de curso, antes das vacacións de Nadal, o CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2014. Expuxéronse nun taboleiro do pasillo as postais concursantes de tódolos cursos. Houbo un premio por ciclo e un premio especial do xurado. E as postais gañadoras foron:

   

                                                            

PREMIO E.I.: PARA TÓDOLOS NENOS

PREMIO 1º CICLO E.P.: JORGE OTERO PITA (1º)

PREMIO 2º CICLO E.P.: MIGUEL ROMERO VECINO (4º)

PREMIO 3º CICLO E.P.: SAMUEL SANTIAGO POSE (6º) Postal gañadora do concurso.

PREMIO ESPECIAL JURADO: ANDREA CARBALLO POMBO (3º)

E aquí temos as fotos dos premiados cos seus agasallos. Noraboa a tod@s por participar!!!!!!!

                          

FESTIVAL DE NADAL 2013

O Festival de Nadal 2013 celebrouse o venres día 20 de decembro , no comedor do centro, con representacións e actuacións preparadas anteriormente nas titorías de tódolos cursos, e algunhas actuacións individuais. Todas as actuacións tiñan relación co Proxecto Integrado de centro, que este ano trata sobre a Gastronomía. Ao rematar o festival, tivemos a visita no centro dos REIS MAGOS DE ORIENTE, que trouxeron agasallos para tódolos nenos e nenas do colexio. Eiquí vos quedan algunhas fotos de ese día.

  

  

  

CONCURSO POSTAIS DE NADAL 2013

Na derradeira semana de decembro, tivo lugar o CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2013, como outros anos. Os nenos e nenas presentaron os seus magníficos traballos, feitos nas aulas, sendo os gañadores:

  • Educación Infatil: todos os alumnos de Infantil.
  • 1º Ciclo de Educación Primaria: Mª JOSÉ VILA GRILLE (1º).
  • 2º Ciclo de Educación Primaria: ÁLEX INSUA MOLDES (4º).
  • 3º Ciclo de Educación Primaria: DANIEL ANTELO REY (6º). Esta postal foi a gañadora xeral, e a que se enviou á casa dos alumnos e a outros colexios e estamentos públicos. Eiquí vos quedan as fotos dos gañadores coas súas respectivas títoras.Se queredes ver a postal gañadora, pica AQUÍ.

  

FESTIVAL DE NADAL 2012, CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL E VISITA DOS REIS MAGOS

O venres día 21 de decembro de 2012, tivo lugar no comedor do centro o FESTIVAL DE NADAL, que se fai tódolos anos coas actuacións maxistrais dos alumnos dende infantil ata os de 6º de primaria. Ao rematar este estupendo acto, tivo lugar a entrega dos premios aos gañadores do V Concurso de Postais de Nadal, e xa para rematar tivemos a visita dos REIS MAGOS de Oriente, que trouxeron presentes para tódolos nenos e nenas do colexio. Picando nestas fotos, poderedes ver algúns momentos de ese día.


   

PETER PUNK E "A CHUNGATRONA" 20-12-11

O MARTES, DÍA 20 DE DECEMBRO, EN HORARIO DE TARDE E NO PATIO CUBERTO DO COLEXIO, TIVO LUGAR A ACTUACIÓN DE UN ARTISTA XA COÑECIDO POR TODOS NÓS: PETER PUNK "chungo, chungo que te cagas". DE FEITO XA ACTUOU PARA TODOS NÓS NA CONVIVENCIA DE BALA´RES DE FAI UNS ANOS. ESTE CURSO VEN CO SEU NOVO ESPECTÁCULO "A CHUNGATRONA" CO QUE FIXO REIR E SALTAR DOS ASIENTOS A TÓDOLOS ASISTENTES, GRANDES E PEQUENOS.


 

FESTIVAL DE NADAL 2010

O Festival de NADAL 2010, celebrouse o mércores día 22 de decembro no comedor do colexio, en horario de 10:45 a 12:00, con unha gran afluencia de xente. Posteriormente entregáronse os diplomas ás postais de Nadal vencedoras no concurso celebrado un ano mais, e que xa aparecen nesta páxina. Para rematar de 12:14 a 13:00 horas tivemos no centro a presencia dos tres Reis Magos de Oriente que chegaron ao colexio a cabalo, facendo este día moito máis espectacular para os cativos.

III CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2010

POSTAL GAÑADORA DO III CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2010 E FINALISTAS (GAÑADORAS DOS SEUS RESPECTIVOS CURSOS). 


         


         

Distribuir contido


by Dr. Radut