O vindeiro xoves, día 27 de novembro de 2014, faremos unha excursión a Santiago. Pola mañá en horario de 11 a 12 horas todo o alumnado do colexio verá no Auditorio de Galicia un Concerto da Real Filharmonía de Galicia que leva por título "EN DANZA COA ORQUESTRA", a cal achegará aos máis cativos un mundo musical que transcorre dende o Barroco ata os nosos días, dende Bach, pasando polo francés Ravel e chegando a autores do século pasado como o andaluz Falla ou o ruso Stravinski. Rematado o concerto, os alumnos de Ed. Infantil virán xantar ao colexio, e os alumnos de Ed. Primaria visitarán de 12:30 a 14:30 horas a Cidade da Cultura, no Monte Gaiás, para realizar unha visita didáctica e levar a cabo un taller sobre cine, coa mostra CINEGALICIA25. O Museo Centro do Gaiás converterase dende novembro e ata febreiro de 2015 nun auténtico estudo de gravación de cinema a través da mostra Cinegalicia25. Ademáis realizaremos un taller sobre "Os xéneros", para por en práctica a diferenciación dos xéneros audiovisuais (enmarcado como unha das actividades do noso Proxecto Integrado sobre "O Cine"). Despois de xantar, voltaremos ao colexio sobre as 16:15 horas para coller os buses que nos levarán para casa. Esperamos sexa un día de cine!!!!!!