Skip to Content

Distribución de máscaras

Adxuntamos a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria, así como os respectivos anexos para presentar a solicitude.

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 21-22 non ten que presentar a solicitude.

Poderán presentar solicitude, aquel alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 21-22, pero que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

A solicitude será única para todos os fillos. Deberase presentar cumprimentado o formulario (ANEXO I) e a seguinte documentación (ANEXO II, copia do libro de familia, certificado do grao de discapacidade).

En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán achegar a sentencia xudicial e/ou convenio regulador, onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables presentando un certificado ou volante de convivencia ou un informe dos Servizos Sociais.

FORMA DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE:

Unicamente de forma presencial no centro educativo con cita previa.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Do 15 ao 26 de novembro de 2021.

Publicarase unha listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas no taboleiro de anuncios que está no vestíbulo e avisarase por Abalar da súa publicación.

 

 

 

Magosto-Samaín 2021

Ola familias!!

Xa tedes a vosa disposición unha nova sección na nosa páxina web, a nosa GALERÍA DE IMAXES!! 

Aquí tedes as fotos da celebración do Magosto e do Samaín da semana pasada. Esperamos que sexan do voso agrado! Se queredes seguir vendo imaxes das celebracións e das actividades levadas a cabo no centro só tedes que ir a parte superior da páxina web e premer en Galería.

 

 

 

Álbum: Curso 2021/2022 -> Magosto-Samaín 2021

Circular Informativa sobre as eleccións ao Consello Escolar

Nos arquivos adxuntos teñen a convocatoria na que se explica o desenvolvemento para a elección dos representantes de nais, pais e titores legais ao Consello Escolar, así como o formulario de presentación de candidaturas. 

O censo electoral está publicado no taboleiro de anuncios do vestíbulo do centro para a súa consulta.

Eleccións Consello Escolar

Adxúntase a circular coa información para a constitución da Xunta Electoral.

 

VIDEOTITORIAL RECIPIENTE MAGOSTO

Aquí tedes o vídeotitorial do recipiente para o Magosto!!! Esperamos que vos sexa de utilidade.

 

Certame de Microrrelatos de Terror

Adxúntanse as bases do Certame de Microrrelatos de Terror. O prazo de presentación de textos estará aberto dende o día 20 de outubro até o 8 de novembro de 2021.

 

 

BIBLIOTECA EXTRAESCOLARES

Estimadas familias:

Aquí tedes o cartel informativo onde se explican as normas de funcionamento da Biblioteca en horario de tarde. É necesario pedir cita previa con 24 h de antelación xa que o aforo será limitado para asegurar a distancia de seguridade e manter os grupos estables de convivencia, cumprindo así coas directrices marcadas no Protocolo COVID.

 

 

 

Solicitude Bolsas alumnado NEAE

Informamos de que está aberto o prazo para a solicitude de bolsas e axudas do MEC para alumnado NEAE (Necesidade Específica de Apoio Educativo).

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2021.

Poden obter máis información e presentar a solicitude a través de:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

 

A achega de documentación no Departamento de Orientación do centro (teléfono 881880451) realizarase mediante cita previa.

 

DOCUMENTACIÓN COVID CURSO 2021-2022

 

Adxúntase a documentación relativa ó Covid para o presente curso 2021-2022: Protocolo, Plan de Acollida e Plan de Continxencia.

Circular inicio de curso 2021-2022

Envíase como adxunto a Circular de inicio deste curso escolar. Nela aparece información moi importante que cómpre ler con detemento.

Reunións iniciais coas familias

No adxunto atoparedes o cadro de reunións iniciais coas familias.

 

Autorización saír sós alumnado 5º e 6º

Estimadas familias.

Adxúntase a autorización de saír sós para o alumnado de 5º e 6º de EP. Esta autorización tamén se remitirá por outros medios durante os primeiros días de curso pero aquelas familias que queiran facer uso da mesma dende o día 9 deben enviala por correo electrónico xunto coa fotocopia do DNI do pai/nai ou titor legal o antes posible.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E AGARDA NO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2021/2022

Xa se atopa publicada no centro a Listaxe definitiva de admitidos e agarda no comedor escolar para o curso 2021/2022.

Aquelas persoas que non entregaron a autodeclaración de comedor, teñen de prazo ata o día 9 de setembro.

Calendario Escolar 2021/2022

Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut