Skip to Content

Nota informativa ás familias:

Comunícolles que neste enlace poden atopar información útili ofrecida pola

Consellería de Educación: https://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

 

 

Nota informativa ás familias:

ESTA CIRCULAR É MOI IMPORTANTE. PREGAMOS UNHA DETIDA LECTURA.

PERÍODO DE ADAPTACIÓN 3 ANOS A E 3 ANOS B

Pedimos desculpas polo erro na planificación do período de adaptación dos venres. 

Despois da modificación, o horario queda da seguinte maneira:

 

VENRES DÍA 11

  • GRUPO A: de 9:30h a 10:30h.

 

  • GRUPO B: de 10:40h a 11:40h.

 

  • GRUPO C: de 11:45h a 12:45h.

 

 

VENRES DÍA 18

  • GRUPO A + C1: de 9:30h a 10:50h.

 

  • GRUPO B + C2: de 11:40h a 13:00h.

 

 

VENRES DÍA 25

  • TODOS OS GRUPOS: de 9:30h a 12:50h.

TITORIAL DE ACCESO AULA VIRTUAL

No PDF adxunto atoparán un titorial de acceso á aula virtual do centro.

O nome de usuario e o contrasinal serán entregados polos titores/as.

Nota informativa

Listaxe de grupos de Educación Primaria.

Nota informativa:

Listaxes de grupos de Educación Infantil.

Nota informativa:

Comunicamos  que a mensaxería Abalarmóbill estará operativa cando a Consellería habilite o ano escolar 2020-2021.

Nota informativa:

Informamos de que tal e como aparece recollido na  Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, o comezo das clases será do xeito escalonado e diferenciado debido á esixencia do Protocolo de Adaptación ao COVID 19. O alumnado non pode cruzarse nos corredores nas entradas, de ahí a organización que segue:

O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantll 1º, 2º e 3º curso de educación primaria.

 

Horario e lugar de entrada.

9:10- Chegada do alumnado transportado e entrada pola porta de bus. O profesorado de garda distribuirá ao alumnado onde lle corresponde.

9:10 - 9:25- Entrada do alumnado que ven de casa.

O alumnado de 5º de Educación Infantil entra pola porta de bus e o alumnado de Educación Primaria entra pola porta de casa.

O alumnado de 4º de Educación infantil, ao estar en período de adaptación, entrará acompañado de UN proxenitor tal e como se explicará na reunión que terá lugar o luns no centro.

O alumnado de 5º de Educación Infantil accederá ordeadamente ao centro (sin facer filas no patio cuberto) polo vestíbulo á súa clase do curso pasado, onde estarán agardando as súas titoras e serán guiados por mestres de apoio.

O alumnado de 2º de Primaria irán accedendo ao centro sin facer filas polas escaleiras de emerxencia situadas no patio cuberto e directos para as súas aulas do curso pasado, onde estarán agardando as súas titoras.

O alumnado de 1º de Primaria deberá ter memorizado o curso ao que pertence (A ou B) para que os mestres que estean de vixianza o acompañen á aula que ten asignada, onde estará agardando a súa titora. Tampouco farán filas e a súa entrada será polas escaleiras de emerxencia situadas no patio cuberto.

O alumnado de 3º de Primaria deberá ter memorizado o curso ao que pertence (A, B ou C) para así saber por onde acceder ao centro:

3º A: O acceso será polo vestíbulo  para subir ata a 1ª planta do centro seguindo a indicación das frechas, onde estará a súa titora agardando na porta da aula.

3º B: O acceso será pola porta de emerxencia de E. Infantil para subir ata a 2ª planta do centro, onde estará a súa titora agardando na porta da aula.

3º C: A súa entrada será polas escaleiras de emerxencia situadas no patio cuberto. Os mestres de vixianza indicaránlles cál é a súa aula onde estará agardando a súa titora.

ESTOS ACCESOS SERÁN OS QUE TEÑAN QUE LLES CORRESPONDEN PARA TODO O CURSO.

 O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantil e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.

9:10- Chegada do alumnado transportado e entrada pola porta de bus. O profesorado de garda distribuirá ao alumnado onde lle corresponde.

9:10 - 9:25- Entrada do alumnado que ven de casa.

O alumnado que xa comenzou as clases o xoves, debe acceder ao centro sin facer filas dirixíndose á  súa clase polo acceso que lle corresponda, que é o indicado o día anterior.

O alumnado de 6º de Educación Infantil accederá ordeadamente ao centro (sin facer filas no patio cuberto)polo vestíbulo á súa clase do curso pasado, onde estarán agardando as súas titoras e serán guiados por mestres de apoio.

O alumnado de 4º de Primaria irán accedendo ao centro sin facer filas polo vestíbulo para subir ata a 1ª planta do centro seguindo a indicación das frechas e  ir directos para as súas aulas do curso pasado, onde estarán agardando as súas titoras.

O alumnado de 6º de Primaria accederá á 2ª planta pola porta de emerxencia de E. Infantil. Alí irá para as súas clases do ano pasado, onde estarán agardando os seus titores.

O alumnado de 5º de Primaria deberá ter memorizado o curso ao que pertence (A ou B) para que os mestres que estean de vixianza o acompañen á aula que ten asignada, onde estará agardando a súa titora. Tampouco farán filas e o acceso será pola porta de emerxencia de E. Infantil para subir ata a 2ª planta do centro.

 

Para que o alumnado saiba o titor e o grupo que lle corresponde , o luns día 7 colgarase na páxina web a listaxe de cada grupo.

 

HORARIO DE REUNIÓNS INICIO DE CURSO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Esta será a distribución horaria para as reunións de inicio de curso de Educación Infantil.

Serán o vindeiro luns día 7 de setembro nas horas e lugares que a continuación se detallan.

Só poderá vir un membro da unidade familiar, e a asistencia de nenos e nenas non estará permitida. Tamén será necesario que traian un bolígrafo para asinar documentación.

É obrigatorio o uso da máscara en todo o recinto.

 

HORARIO

CURSO

TITOR/A

LUGAR

10:00

5º INF A

ANA RODRÍGUEZ

Comedor infantil

11:30

5º INF B

JESSICA GÓMEZ

Comedor infantil

12:00

6º INF A

XABI GAYOSO

Aula Psicomotricidade

13:00

6º INF B

IRIA SÁNCHEZ

Comedor infantil

16:00

4º INF A

LUCÍA BEIS

Aula Psicomotricidade

17:30

4º INF B

MÓNICA SÁNCHEZ

Aula Psicomotricidade

Nota informativa:

Todo o persoal do centro estamos a traballar na organización do novo curso. En canto dispoñamos dalgunha nova información irémola publicando na web do centro e comunicándoa por Abalarmóbil.

Un saúdo .

A dirección.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS NO COMEDOR PARA O CURSO 20-21

Publicamos a listaxe definitiva dos usuarios do servizo de comedor despois da publicación do Protocolo definitivo de adaptación ao contexto do COVID-19 nos centros de ensino non universitarios de Galicia para o curso 2020-2021.

Tanto a listaxe coma dito protocolo atópanse nos arquivos adxuntos.

 

Organizaremos unha 2ª quenda cuxo horario aínda está por determinar.

 

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS EN COMEDOR PARA O CURSO 20-21

 

Á espera da resolución definitiva do Protocolo de Adaptación ao contexto do COVID-19 (publicado o borrador o 14 de xullo) respecto das medidas a adoptar para o curso do comedor escolar no curso 2020-21, a listaxe provisional é a que se adxunta.

 

Debemos engadir que o Consello Escolar do centro solicitou á Inspección Educativa a implantación dunha segunda quenda de comedor para satisfacer as necesidades dos usuarios con dereito a dito servizo.

 

 

PINGÜI RECOMENDA...

Un ano máis aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para o verán, tedes de inglés, de música, de xogos e tempos en familia... Esperamos que vos gusten e as desfrutedes!

Este ano tamén hai un suplemento, neste caso unhas recomendacións de lectura para erradicar o racismo e a xenofobia e fomentar a tolerancia. Pareceunos que as circunstancias globais que se estaban dando nestes momentos así o requerían. A axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible que adoptou a ONU conta con 17 puntos e ten como obxectivo xeral fortalecer a paz universal, a inclusión e a non discriminación. Velaí o noso gran de area a esta ardua e difícil tarefa: a do respeto ás diferenzas. 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut