Skip to Content

Xornadas do PDI

Este curso 2023/2024 traballamos có PDI "Todos e todas temos unha historia que contar" e, o próximo xoves 30 de maio pola tarde teremos unha xornada de portas abertas á que estades todas e todos invitados! Deixámosvos o cartel coa información e, se pasades a páxina, poderedes ver tamén o mapa da exposición e os títulos dos traballos que se van a presentar nela!

Esperámovos!

 

Fondo solidario de libros de texto

Hoxe, 21 de maio, comeza o prazo para a presentación de solicitudes do Fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros e material escolar.

Como presento a solicitude? 

  • De xeito electrónico (unha solicitude individual para cada fillo/a): a través da aplicación fondolibros empregando a Sede electrónica. É preciso identificarse con Chave365 ou DNI electrónico.
  • Presencial con asistencia da aplicación: cubrindo os datos na aplicación e imprimindo os Anexos I e II para presentación na Administración do centro.
  • Presencial manual: cubrindo os anexos a man e presentándoos na Administración do centro.

Qué documentación teño que presentar?

  • Anexo I e II cubertos e asinados.
  • Copia do libro de familia.
  • Sentenza ou convenio regulador (se separación ou divorcio).
  • Se é o caso, a especificada no artigo 11 da convocatoria.
  • Se hai oposición á consulta: DNI, NIE, acreditación de discapacidade expedida pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade.
  • Se non se marca o consentimento expreso para a súa consulta: declaracións de IRPF.

Toda a documentación deberá ser válida e eficaz no momento da súa presentación e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2022 agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, nos casos de violencia de xénero e nos casos de falacemento dalgunha das persoas proxenitoras. 

A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática. 

Información sobre o procedemento

 

Onde presento a documentación se aínda non estou matriculado no centro?

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

Para dúbidas e consultas:

             luns a venres: 9:30 - 11:00h e 12:30 - 14:00h 

             luns: 15 - 17h

 

Novo espazo da "Createca"

Inauguramos un novo espazo no centro: a Createca! Este lugar está pensado para traballar a literatura dende un punto de vista creativo unindo a lectura con outras artes como a pintura, a escultura, a ciencia, a costura e ata a cociña. Aquí vos deixamos unha explicación máis pormenorizada dos materiais e recunchos que poderedes atopar neste lugar situado do primeiro andar.

Presentación sobre Createca 

 

Listaxes definitivas admisión curso 2024/2025

Informamos que hoxe, 14 de maio, publicáronse as listaxes definitivas de alumnado admitido e excluido no noso centro para o próximo curso.

Onde se consultan?

De xeito presencial no taboleiro do centro ou telemáticamente na aplicación admisionalumnado (identificándose con chave365 ou certificado electrónico).

Cal é o seguinte paso?

Seguindo a Orde do 21 de outubro de 2022, o alumnado admitido ten que facer a matrícula no noso centro educativo do 20 ao 30 de xuño de 2024. No caso de non formalizar a matrícula enténdese que renuncian ao posto adxudicado. 

Reclamacións contra a listaxe definitiva

Ábrese un prazo de un mes (do 15 de maio ao 15 de xuño) para formular recurso de alzada ante a Xefatura Territorial da Consellería competente en materia de educación.

 

Charla con Isabel Dans sobre educación dixital

O vindeiro día 8 de maio temos a sorte de contar na biblioteca do centro coa profesora de Universidade de Santiago de Compostela Isabel Dans. Vai vir compartir con nós a súa experiencia e darnos algunhas indicacións sobre os últimos estudos en educación dixital, búsqueda de información na rede, uso de dispositivos electrónicos e outros temas de interese para familias. Animádevos a participar!

Cartel conversa educación dixital de bibliosbardos Carral

Cartel festa do pan 2024

Esta semana as nenas e nenos de 2ºA de Educación Primaria recibiron a noticia de que foron os gañadores do Concurso dos carteis para a XX Festa do Pan 2024 do Concello de Carral. 

Agradecer o resto de aulas e de cativas e cativos que tamén participaron na actividade!

CARTEIS FESTA DO PAN 2024 de CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel

Listaxes provisionais admisión novo alumnado

Informamos que hoxe, 25 de abril, publicáronse as listaxes provisionais de alumnado admitido e excluido no noso centro para o próximo curso.

Onde se consultan?

De xeito presencial no taboleiro do centro ou telemáticamente na aplicación admisionalumnado (identificándose con chave365 ou certificado electrónico).

Reclamacións contra a listaxe provisional

Seguindo a normativa, ábrese un prazo de 5 días hábiles para reclamacións (ante o Consello escolar) que serán resoltas coa publicación da listaxe definitiva o 15 de maio.

 

 

Consello da Infancia

A semana pasada tivemos reunión do Consello da Infancia para poder tratar diferentes temas que tiñamos pendentes, entre eles falamos de cousas como a festa de fin de curso, a xestión dos xogos do patio... Ademais, nesta sesión eleximos o logo que representará o noso Consello da Infancia. Para isto cada aula levou algunha proposta e entre as nenas e nenos representantes votamos e eleximos o noso logo gañador.

 

Estes foron todos os logos participantes:

 

 

E, finalmente o logo máis votado foi o da aula de 1ºB de Educación Primaria!!!

 

 

 

Ademais, modificamos e aprobamos os estatutos que publicaremos proximamente e tomamos decisións que remataremos de perfilar o próximo mes!

Información Spring week

Acabamos de recibir o programa da actividade Spring Week cos horarios e o lugar de celebración. 

O alumnado que obtivo praza terá que estar no COMPLEXO NATURAL CEMAR (Mondariz) o domingo 12 de maio ás 19.15 h. E a recollida será no mesmo lugar o sábado 18 de maio ás 12.30 h.

Atoparedes o programa completo con normas e instruccións importantes na guía.

O alumnado leva a ficha do alumnado que precisamos que cubrades para poder enviar a información pertinente aos organizadores da actividade. Por favor ler con atención, xa que é información importante. En dito documento aparecen tamén normas básicas da actividade, normas que vos comprometedes a cumprir ao asinar a documentación.

O prazo máximo de entrega da documentación cuberta é o mércores 24 de abril, xa que temos que trasladar a vosa información nunha táboa á organización.

En caso de que haxa algún cambio polo que a vosa filla ou fillo non poida finalmente asistir á actividade, pregamos nolo fagades saber o antes posible, xa que unha vez que remitamos os datos dos nenos non haberá opción de darlle a praza a alguén da lista de agarda e se perderá a praza.

Tal e como se recolle na guía da actividade, o alumnado deberá levar:

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria da seguridade social ou seguro privado.
  • Fotocopia do DNI
  • Documento asignado referente ao tratamento de datos persoais e uso de imaxes e videos.
  • Autorización para a toma de decisión médicas básicas e da administración de medicación.
  • Se están tomando algún tratamento médico, deberán dar permiso para subministrarlle a medicación, así como a medicación e a pauta da mesma por escrito.

Quedamos á vosa disposición no correo ou teléfono do centro para calquera dúbida que poidades ter.

 

Charla familias 23 abril - Animación á lectura

O vindeiro martes 23 de abril, Día do libro, contaremos no centro coa experta en literatura infantil e xuvenil e profesora da Universidade de Santiago de Compostela, Montse Pena Presas. Falaranos de por que é importante "dar de ler" como forma de acompañar ás nosas nenas e nenos na súa infancia e compartirá algúns libros e lecturas cos que alimentarnos dende os primeiros anos.
Paralelamente, para que as familias poidades conciliar e asistir á charla, haberá unha actividade lúdica para as nenas e nenos.
Deixámosvos o cartaz con toda a información. Non volo perdades!

 

Sorteo Spring week 2024

Hoxe, 15 de abril, realizouse no centro o sorteo público para adxudicar as prazas para o programa Spring Week entre o alumnado interesado. Pódense consultar as listaxes resultantes no taboleiro do centro.

Prégase que, aquelas persoas admitidas que finalmente non poidan asistir, o comuniquen o antes posible para asignar os postos a alumnado en lista de agarda.

Remate do prazo de documentación para baremo

Infórmase que xa rematou o prazo de entrega voluntaria de documentación para baremar e, seguindo o artigo 35.2 da Orde do 21 de outubro de 2022 que regula a admisión, o próximo 25 de abril publicaránse as listaxes provisionais de admitidos e excluidos no CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel tanto no taboleiro de anuncios do centro coma na aplicación admisionalumnado.

 

Spring week

Estamos provisionalmente admitidos no programa de Spring week da Consellería (dirixido ao alumnado de 6º de Educación Primaria). Aquí tedes a información relativa a dito programa.

Se tedes algunha dúbida, preguntade as persoas titoras ou por correo electrónico.

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut